Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Medio ambiente e calidade Código 610G01037
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Profesorado
Del Castillo Busto, Estela
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
estela.delcastillo@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral É unha materia que versará sobre os principais contaminantes, as súas fontes e efectos no medio ambiente, así como a lexislación aplicable en cada medio. Adquisición dos coñecementos básicos relacionados cos sistemas de xestión de calidade e ambientais. Identificación de problemas ambientais e aplicación de estratexias químico-analíticas para a súa avaliación. Interpretación de datos ambientais de acordo coa lexislación e/ou normativas específicas. Realizarase unha introdución aos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Ambiental. Discutirase que debe entenderse como calidade dun laboratorio e presentaranse algunhas ferramentas típicas para o control da calidade e ambiental.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber identificar os principais contaminantes e as súas fontes. Saber identificar e predecir os efectos no medio. Saber identificar e aplicar a lexislación aplicable en cada medio. Saber establecer estratexias químico-analíticas para a evaluación da calidade ambiental dun medio (dende a mostraxe até a interpretación de datos). A15
A16
A17
A19
A23
B2
B3
B4
C3
C4
Saber os principios básicos dos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Medioambiental segundo os modelos internacionais (ISO9001, BPL, EFQM, ISO14001 y EMAS). Saber interpretar a información derivada de ditas ferramentas. Saber identificar a importancia dos recursos humáns. A14
A16
A26
A28
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Química Analítica do Medio Ambiente. Natureza e campo de aplicación. Definición e tipos de contaminación. Necesidade da Química Analítica nos problemas medioambientais. Tipos de análises. Nocións sobre lexislación medioambiental.
Tema 2. Principais contaminantes atmosféricos. Control analítico da contaminación atmosférica. Contaminación atmosférica: emisión e inmisión. Principais contaminantes e as súas fontes. Efectos no medio ambiente e na saúde. Parámetros de calidade do ar. Redes de vixilancia e control. Lexislación específica. Toma de mostra. Investigación analítica dos principais contaminantes na atmosfera.

Tema 3. Principais contaminantes do medio acuático. Control analítico da contaminación no medio acuático.
Caracterización físico-química das augas. Parámetros de calidade das augas. Principais contaminantes e a súa orixe. Lexislación específica. Toma de mostra: augas, sedimentos e organismos. Investigación analítica dos principais contaminantes en augas.
Tema 4. Principais contaminantes no chan e na vexetación: fontes e efectos. Control analítico da contaminación. O solo como receptor de verquidos e residuos. Orixe, transporte e destino dos principais contaminantes. Lexislación específica. Toma de mostra: solo e vexetación. Investigación analítica dos principais contaminantes.
Tema 5. A calidade no laboratorio químico Calidade dun laboratorio de análise. Perspectiva do cliente. Perspectivas do laboratorio/empresa. A calidade como proceso.
Tema 6. Introducción aos Modelos Internacionais para a Xestión da Calidade Definición formal de calidade. ISO 9000, ISO 17025, Boas Prácticas de Laboratorio (BPL). Aspectos fundamentais das BPL, alcance e ámbitos de aplicación. Discusión de algúns aspectos críticos que configuran a calidade dun laboratorio. Ferramentas básicas empregadas no control da calidade. Cartas de control.
Tema 7. Introducción aos Sistemas Internacionais de Xestión medioambiental Introducción aos modelos ISO 14000 e Europeo de Autoxestión e Autocontrol, EMAS. As auditorías como base dos sistemas de protección ambiental e de calidade.
Prácticas de laboratorio Abordarán o proceso analítico da forma máis completa posible, dende a toma de mostra até a interpretación do resultado. Versarán sobre problemas reais dentro do campo medioambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 7 17.5 24.5
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 9 25 34
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 3 0 3
Traballos tutelados A15 A16 B5 B7 C1 C3 1 16 17
Sesión maxistral A15 A16 A28 B6 C4 C7 16 16 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados á resolución dalgúns dos problemas e cuestións que, previamente terán sido entregados o alumnado. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas e solo. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidade dos laboratorios.
Prácticas de laboratorio A/O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos adquiridos ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos.
Proba mixta Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudantado seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos.
Traballos tutelados O alumnado deberá facer un traballo escrito onde se comparen os aspectos principais do sistema de xestión da calidade das BPL nos laboratorios. Para iso deberá estudar previamente a normativa da Unión Europea. Segundo o número de estudantes, poderá ser individual ou en grupo e, incluso, facer un pequeno debate entre grupos para discutir ideas e aproximacións a un problema.
Sesión maxistral Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao alumno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
As clases de prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que os/as alumnos participan directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación.

No caso dos traballos tutelados, programarase unha titoría para cada grupo de estudantes co gallo de discutir as actividades propostas e resolver dúbidas das mesmas. Deste xeito poderase tamén analizar se o proceso de aprendizaxe do/da alumno/a é axeitado.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
35
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
15
Traballos tutelados A15 A16 B5 B7 C1 C3 O traballo será avaliado en función da coherencia entre os conceptos tratados, a exhaustividade e a calidade da redacción. 35
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, ou a detección de plaxio nalgunha delas, implicará que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O traballo do alumno será avaliado de forma continua e periódica a
través da asistencia regular ás actividades avaliables, a súa participación nos
traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios expostos polo
profesor (que haberán de ser entregados no prazo que se indique), polas
prácticas de laboratorio e pola proba mixta.

A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización
impide a superación da materia; ao final das mesma deberán entregar un informe
do procedemento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

O
alumno obterá cualificación de Non Presentado cando faga menos do 25% das
actividades avaliables.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE
: Para superar a materia é preciso obter na proba mixta e nas prácticas unha nota
mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE
: Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as
notas obtidas nas prácticas e seminarios namentras que a calificación
obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeria
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se
cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA: Manteranse as cualificacións do curso anterior pero as porcentaxes serán as do curso en vigor

Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Serán avaliados segundo os criterios de avaliación indicados anteriormente, salvo na parte de Seminarios onde se terá en conta soamente a resolución de cuestións/problemas expostos polo profesor. A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades. O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

 


Fontes de información
Bibliografía básica OROZCO, C.; PEREZ, A.; GONZALEZ, n.; RODRIGUEZ, F.J.; ALFAYATE, J.M. (2003). Contaminación ambiental: una visión desde la Química. Madrid : International Thomson Editores
MANAHAN, S.E. (2000). Environmental chemistry. Boca Raton, Lewis
COMPAÑÓ BELTRÁN, R.; RÍOS CASTRO, A. (2002). Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos. Síntesis
SAGRADO, S.; BONET, E.; MEDINA, M.J.; MARTIN-BIOSCA, Y (2005). Manual práctico de calidad en los laboratorios. Madrid, AENOR
OROZCO, C.; PEREZ, A.; GONZALEZ, n.; RODRIGUEZ, F.J.; ALFAYATE, J.M. (2003). Problemas resueltos de contaminación ambiental : cuestiones y problemas resueltos . Madrid : International Thomson Editores

Bibliografía complementaria PATNAIK, P (2000). Handbook of environmental analysis chemical pollutants in air, water, soil, and solid wastes. Boca Raton, CRC Press
MORENO RAMÍREZ, A.; HIDALGO MORILLO-VELARDE, C. (2015). Calidad y seguridad en el laboratorio. Síntesis
F.W. Fifield and P.J. Haines. (2000). Environmental analytical chemistry. Oxford, Backwell Science
JURAN, J.M.; GRYNA, F.M. (1993). Manuel de control de calidad. Madrid, Díaz de Santos, McGraw Hill
BAIRD, C (2014). Química ambiental. Barcelona, Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de Grao/610G01043

Observacións

Ter coñecementos básicos dos métodos clásicos e instrumentais de análise (volumetrías, gravimetrías, métodos de separación, técnicas electroanalíticas, ópticas e cromatográficas).

Ter coñecementos, a nivel de usuario, das ferramentas informáticas comúns (follas de cálculo, procesador de textos, navegación pola web, etc).

Coñecementos básicos de inglés.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado, cando sexa posible.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías