En xeral:
- Non se avaliará positivamente se nalgunha das tres metodoloxías non se acada un mínimo de 5 puntos sobre 10
- A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado
- Para ter en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é necesario obter a puntuación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.0).
- A cualificación de "non presentado" aplicaráse só no caso de que a participación do alumno/a en actividades avaliables represente menos do 25% da cualificación total.
Para a segunda oportunidade de avaliación:
- As probas non superadas na primeira oportunidade repetiránse nesta segunda. Importante: por mor do escaso tempo entre primeira e segunda, as dúas primeiras probas realizaránse concentradas en poucos días, antes da proba mixta. A programación concreta das mesmas depende do número de alumnos/as que teñan que presentarse nesta oportunidade, e faráse pública ao remate da primeira.
- Poderáse conservar calquera das tres cualificacións da primeira oportunidade (cun mínimo de 5 puntos sobre 10).
- O alumnado avaliado na segunda oportunidade só poderá optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.
Para cualquera oportunidade de avaliación:
- O alumnado con dedicación a tempo parcial non ten un tratamento distinto dos de matrícula normal. No caso específico de alumnado con exención de asistencia, a proba mixta poderá ser online, mais nas prácticas de laboratorio (ver epígrafe 6, "Atención persoalizada") isto non é factible. Non sendo posible predecir antes do comenzo do curso o impedimento de asistencia, o profesor estudará cada caso concreto, coa fin de adaptar a avaliación desta parte.
NOTA FINAL: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
una vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso"
(nota numérica 0) na convocatoria do curso en que se cometa a
falta, tanto si se produce na primera oportunidade como na segunda. Neste último caso modificarase a cualificación na acta da primeria
oportunidade.