Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo de fin de Grao Código 610G01043
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 15
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Barriada Pereira, José Luis
Blas Varela, Andrés M. de
Cabeza Gras, Oscar
Canle López, Moisés
Carlosena Zubieta, Alatzne
Del Castillo Busto, Estela
Esteban Gomez, David
Fernandez Lopez, Alberto A.
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
Fernández Trillo, Francisco
García Romero, Marcos Daniel
Gonzalez Castro, Maria Jose
Herrero Rodriguez, Roberto
Iglesias Martinez, Emilia
Jimenez Gonzalez, Carlos
Lopez Mahia, Purificacion
Lopez Torres, Margarita
Maestro Saavedra, Miguel Anxo
Martínez Cabanas, María
Martinez Cebeira, Montserrat
Moreda Piñeiro, Jorge
Pazos Chantrero, Elena
Peinador Veira, Carlos
Perez Sestelo, Jose
Platas Iglesias, Carlos
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Rilo Siso, Esther
Riveiros Santiago, Ricardo
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Rodriguez Gonzalez, Jaime
Rodríguez Rodríguez, Aurora
Ruiz Bolaños, Isabel
Sanchez Andujar, Manuel
Sánchez Piñero, Joel
Santaballa Lopez, Juan Arturo
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Soto Castiñeira, Manuel
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Turnes Carou, Maria Isabel
Vazquez Garcia, Digna
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Vilariño Barreiro, Maria Teresa
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
jose.barriada@udc.es
andres.blas@udc.es
oscar.cabeza@udc.es
moises.canle@udc.es
alatzne.carlosena@udc.es
estela.delcastillo@udc.es
david.esteban@udc.es
alberto.fernandez@udc.es
jesus.fernandezs@udc.es
f.ftrillo@udc.es
marcos.garcia1@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
r.herrero@udc.es
emilia.iglesias@udc.es
carlos.jimenez@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
miguel.maestro@udc.es
maria.martinez.cabanas@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
jorge.moreda@udc.es
elena.pazos@udc.es
carlos.peinador@udc.es
jose.perez.sestelo@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
esther.rilo.siso@udc.es
ricardo.riveiros@udc.es
teresa.rodriguez.blas@udc.es
jaime.rodriguez@udc.es
aurora.rodriguez@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
m.andujar@udc.es
joel.sanchez@udc.es
arturo.santaballa@udc.es
luis.sarandeses@udc.es
m.senaris.rodriguez@udc.es
m.soto@udc.es
rosa.soto.ferreiro@udc.es
isabel.turnes@udc.es
d.vazquezg@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
teresa.vilarino@udc.es
Web http://http://ciencias.udc.es/tfg-quimica
Descrición xeral O Traballo de Fin de Grao (TFG) supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria, un informe ou un estudo concreto, pero non exclusivamente de recompilación bibliográfica, baixo a supervisión de un ou dous directores (cando menos un deles debe pertencer a un departamento con docencia no Grao en Química).
A materia posibilita ao estudante a integración dos coñecementos e habilidades adquiridos durante os seus estudos de grao, con espírito crítico e autonomía. Ademais, permite avaliar a madurez do estudante respecto ao manexo de fontes bibliográficas e a súa capacidade de presentación de resultados, utilizando un deseño e linguaxe apropiados, tanto oral como escrito.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Mostrar de modo sintético e a través da aprendizaxe demostrada na elaboración e defensa do TFG que o estudante adquiriu, en conxunto, as competencias xerais do Grao. A1
A14
A16
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Traballo de fin de grao Contidos propios dos módulos de:
- Química Analítica
- Química Física
- Química Inorgánica
- Química Orgánica
- Outras áreas fronteirizas da Química, en asociación coas anteriores.

Os temas dos TFGs proporanse de modo que exista correspondencia coas competencias xerais recollidas na memoria de grao.

Os estudantes poderán propor temas ou liñas para que sexan tidas en conta e, de ser o caso, incorporados na oferta pública.

Garantirase un número de temas suficientes para cubrir a totalidade dos estudantes matriculados no TFG en cada curso académico.

Será competencia do equipo directivo do centro facer pública a oferta anual de posibles traballos a realizar.
A asignación dos traballos farase seguindo o principio de igualdade, mérito e capacidade, tentando respectar as preferencias manifestadas polo alumnado implicado.

Se o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade nunha empresa ou noutro organismo distinto á UDC, no marco dun convenio de prácticas, unha das persoas que dirixa o traballo, con categoría de titulado superior, poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e desenvolvemento do TFG.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B7 1 0 1
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C7 C8 280 28 308
Eventos científicos e/ou divulgativos B1 C4 C5 C6 C8 2 0 2
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 1 32 33
Presentación oral A24 B7 C1 C3 1 20 21
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade onde se lle explica ao estudante en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporciona orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo individual e autónomo do estudante, orientado polo(s) director(es) do traballo.
No desenvolvemento do traballo, o estudante deberá afrontar un problema de índole química de acordo co método científico, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia, por recomendación do director ou interese persoal, a eventos científicos e / ou divulgativos organizados na Facultade e relacionados coa temática do Grao en Química. A asistencia a estos eventos deber servir para mellorar as competencias en materia de presentación e defensa do propio traballo.
Traballos tutelados Traballo individual e autónomo do estudante, baixo a tutela do director.
O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda o labor realizado durante o TFG. A memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactadas en inglés.
Presentación oral Exposición e defensa oral do traballo ante un tribunal.
A presentación e defensa do TFG farase en acto público.
O estudante disporá de un tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha duración de 10 minutos) para expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
O director adicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de PDA da UDC para o seguimento do estudante.
O estudante recibirá indicacións das características do traballo e orientación na súa planificación e no seu desenvolvemento.
O director realizará un seguimento continuado do traballo, incluido a supervisión dos resultados obtidos, a discusión dos mesmos e a extracción de conclusións, e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFG e a elaboración da presentación oral da mesma. Valoraranse os avances do estudante e realizaranse propostas de mellora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación continua por parte do(s) director(es) de todo o proceso de realización do TFG, tendo en conta os diferentes elementos indicados na correspondente plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do(s) director(es) do traballo.
50
Presentación oral A24 B7 C1 C3 O tribunal valorará a presentación oral e a defensa do traballo presentado, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da presentación oral representa o 17.5% e a defensa e discusión dos resultados representa o 15%
32.5
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 O tribunal valorará a calidade final da memoria presentada, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da memoria escrita presentada representa o 17,5%.
17.5
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

DEPÓSITO DA MEMORIA

As instrucións relativas á entrega dos TFG figuran no
Procedemento de oferta, adxudicación e defensa dos TFGs, publicado na páxina
Web de Ciencias, no apartado de TFGs.

NORMAS DE ESTILO DA MEMORIA ESCRITA

A memoria deberá presentarse coa sinatura e
conformidade polo menos de un/unha director/directora, segundo se expresa no
procedemento. Porén, esta nunca substituirá á necesaria autorización telemática
da defensa na Secretaría

Virtual (Anexo II do procedemento), asinada tamén, polo menos de un/unha dos directores/as.

O TFG deberá incluír, como mínimo, un resumo (máximo 250-300 palabras), as
palabras clave, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os
obxectivos, unha revisión dos antecedentes existentes sobre o tema que se
trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais (se os houber),
os resultados obtidos, a súa discusión e/ou análise crítica e razoada, as
conclusións que se tiren do traballo (se as houber), e unha bibliografía. Cando menos o resumo, as palabras clave e as conclusións deberán estar redactadas nos tres idiomas (castelán/galego/inglés).

-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir
estes requisitos básicos:

1. Portada: O modelo de portada obrigatoria pódese descargar da
Páxina Web da Facultade de Ciencias, no apartado de TFG).

2. Extensión:  Extensión: mínimo de 35 páxinas e máximo de 50 páxinas ou mínimo de 10.000 palabras e máximo de 15.000 palabras (esta cifra correspondese cunhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica). Neste cómputo non estarán incluídas a portada, os resumos e o índice pero sí os anexos. 

3. Marxes: Non serán nunca inferiores a 2 cm (superior, inferior
e laterais)

4. Texto (tipografía): Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Texto
dos pés de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

5. Espazo interlineal: Entre sinxelo e 1,5 liñas

-Quedará a criterio do director o emprego de software
de detección de plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a aplicación do
programa Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán presentarse,
se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional da Universidade da
Coruña (RUC).

NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante
disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de
10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo
deberá expoñer os

obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do
tribunal, por quendas, realizarán as observacións e preguntas que consideren
acaídas, se ben recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do
tribunal. O tempo de

debate non excederá os 20 minutos no conxunto das intervencións. A non resposta a ningunha das preguntas dos membros do tribunal será motivo
suficiente para non acadar la cualificación final de aprobado.

3. A presentación do traballo poderá realizarse de
xeito online se así o esixen as circunstancias sanitarias ou por causas
debidamente xustificadas e aceptadas polo Decano/a da Facultade de Ciencias.

CONSIDERACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN

 

A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia
do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal
deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Para a cualificación
final

establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un
dos membros do tribunal, e a conseguinte ponderación coa
cualificación do director/es.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o
estudante que obtivera unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos,
segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de
suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para
a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia

deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais
dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC
(artigo 31 da Normativa de Avaliación, Revisión e Reclamación das
Cualificacións dos

Estudos de Grao e Mestrado Universitario).

A matrícula dá dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente,
ás dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co
previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na
convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa
unha nova adxudicación, sempre que exista acordo entre titor e estudante, e así
o solicite o estudante.

Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

O director ou directores do traballo proporán a bibliografía específica e adecuada ao traballo a desenvolver polo alumno.

Bibliografía complementaria R. Holliman, J. Thomas, S. Smidt, E. Scanlon, E. Whitelegg (2009). Practising Science Communication in the Information Age, sections 1-3. Oxford: Oxford University Press
S. Harrad, L. Batty, M. Diamond, G. Arhonditsis (2008). Student Projects in Environmental Science. Chichester: John Wiley & Sons Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Tal e como establece a normativa da UDC: "Sen prexuízo do disposto en cada plan de estudos, o alumno que superase 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade, poderar realizar a matrícula do traballo de fin de grao no período ordinario de matrícula, ou nos prazos outorgados para ampliación da matrícula nos estudos de grao... O alumno, que teña superados o resto dos crédidtos da súa titulación, poderá defender o devandito traballo na convocatoria correspondente ao período do primeiro cuadrimestre ou na convocatoria correspondente ao período do segundo cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo, ou naquela oportunidade que se fixe atendendo ao réxime especial previsto nas instruccións mencionadas"

Así, será preciso ter superados 225 créditos do Grao (todas as materias excepto o TFG) para que o alumno poda facer entrega da memoria e proceder á defensa do Traballo de Fin de Grao.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías