Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Mellorar no coñecemento do entorno profesional e capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos a dito entorno profesional |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno. |
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno. |
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
100 |
0 |
100 |
Resumo |
B3 C1 C6 C7 |
0 |
10 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:
1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo.
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo.
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.
O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
|
Resumo |
Memoria do traballo realizado durante o período de prácticas. Debe constar das seguintes partes e pola citada orde:
1. INDICE (Debe de recoller os documentos dos que consta o informe)
2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)
2.2 Indicar se a memoria foi revisada pola empresa e as condicións de confidencialidade requeridas pola mesma.
3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)
4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas.
5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo.
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado.
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron.
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica.
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica.
6.3 Valoración do nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6.4 Declaración de responsabilidade do alumno (modelo Anexo I).
7. BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN (Bibliografía citada no texto, incluidos os recursos electrónicos)
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Resumo |
|
Descrición |
A atención personalizada servirá para facer un seguimento detallado das actividades e da evolución do alumno, contribuíndo á súa avaliación continuada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.
|
50 |
Resumo |
B3 C1 C6 C7 |
Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o estudante revisará o documento e entregarao na Administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
Valorarase no seu conxunto, o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas. Recoméndase ao estudantado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro. Unicamente aqueles estudantes que completen o período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas, para a súa avaliación, poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que poderá suspender o efecta desta norma de avaliación. Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
En cada caso, o titor na empresa ou institución e o titor académico suxerirán as fontes de información máis acaídas ao plan de traballo. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Bioloxía/610G01005 | Xeoloxía/610G01006 | Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Analítica 2/610G01012 | Química Física 1/610G01016 | Química Física 2/610G01017 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Orgánica 1/610G01026 | Química Orgánica 2/610G01027 | Química, Información e Sociedade/610G01031 | Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Observacións |
É recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionales durante o veán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin que o segunda semestre quede máis despexado a nivel horario. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental daFacultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. Perspectiva de xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos,...)". Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade |
|