Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as partes máis importantes desta disciplina: nomenclatura e estrutura dos principais grupos funcionais orgánicos, cinética e termoquímica das reaccións químicas, o equilibrio químico, o equilibrio ácido-base e a electroquímica e a sua importancia nun medio biolóxico. |
A26
|
B1 B3 B4
|
|
Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de xeito correcto e seguro os productos e o material máis habitual nun laboratorio químico. |
A26 A30 A31
|
B1 B3 B4
|
|
Ser quen de resolver e expoñer problemas relativos á química de grupos funcionais, á termoquímica, á cinética das reaccións químicas, ó equilibrio químico, ó equilibrio ácido-base e á electroquímica, así como interpretar os resultados obtidos. |
A26
|
B1 B2 B3 B4
|
|
Ser capaz de expresar correctamente os conceptos aprendidos |
|
B3
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Química Orgánica |
• Introdución á Química Orgánica
• Estrutura e nomenclatura dos principais grupos funcionais
• Isomería |
2. Termoquímica |
• Conceptos e termos básicos en termoquímica
• Primeiro principio da termodinámica
• Calores de reacción. Entalpía
• Ecuacións termoquímicas
• Calorimetría
• Entalpía estándar de reacción: lei de Hess
• Procesos espontáneos e entropía
• Segundo principio da termodinámica
• Criterio de espontaneidade. Enerxía libre de Gibbs |
3. Equilibrio químico |
• Equilibrio químico
• Constante de equilibrio
• Relación entre cinética e equilibrio
• Factores que afectan ao equilibrio. Principio de Le Chatelier
• Relación entre a constante de equilibrio e a enerxía libre de Gibbs
• Estado estándar en bioquímica
• Acoplamento de reaccións en sistemas biolóxicos |
4. Equilibrios ácido-base |
• Concepto de ácido e base. Teoría de Brønsted-Lowry
• Propiedades ácido-base da auga. Concepto de pH
• Forza de ácidos e bases. Constantes de ionización
• Disolucións de sales: hidrólise
• Efecto do ión común
• Disolucións reguladoras
• Valoracións ácido-base. Indicadores
• Control de pH en sistemas biolóxicos |
5. Electroquímica |
• Procesos electroquímicos
• Reaccións redox
• Enerxía química e electroquímica. Células electroquímicas
• Potencial estándar de electrodo
• Termodinámica das reaccións redox
• Influencia da concentración sobre os potenciais de cela
• Medida do pH
• Potencial de membrana
• Sistemas redox con protóns implicados
• Indicadores redox |
6. Cinética e Catálise |
• Definición de cinética e obxectivos
• Factores que inflúen na velocidade das reaccións químicas
• Velocidade de reacción e ecuación de velocidade
• Influencia da temperatura sobre a velocidade de reacción. Ecuación de Arrhenius
• Relación entre as constantes cinéticas e a constante de equilibrio
• Modelos teóricos en cinética química
• Mecanismos de reacción: reaccións elementais e por etapas.
• Catálise enzimática |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
B1 B3 |
13 |
26 |
39 |
Seminario |
B1 B2 B3 B4 |
10 |
30 |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 |
15 |
15 |
30 |
Traballos tutelados |
A26 B1 B2 B3 B4 |
8 |
20 |
28 |
Proba obxectiva |
A26 B1 B2 B3 B4 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral |
Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle as presentacións e materiais adicionais de cada tema, nos que se incluen test de autoavaliación. |
Seminario |
Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os/as alumnos/as traballen os exercicios previamente. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e o material necesario para a súa resolución en Moodle. |
Prácticas de laboratorio |
No laboratorio o alumnado realizará 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula, cunha duración de 2 h cada unha. O alumnado disporá do guión do traballo a realizar en cada sesión e dos materiais previos (lecturas, videos, etc.) que se revisarán antes de comezar a experimentación. O profesorado repasará os aspectos teóricos máis relevantes de cada práctica. Os guións incluirán o procedemento experimental e un cuestionario final. O alumnado deberá lelos previamente e terá que levalos ao laboratorio.
Cada alumno/a realizará individualmente unha memoria/caderno de laboratorio onde recollerá o obxecto e fundamento teórico da práctica, un esquema/debuxo do material empregado, os experimentos e as observacións feitas, os resultados obtidos, extraerá unhas conclusións e finalmente respostará ao cuestionario. Unha selección das preguntas do cuestionario serán entregadas ao/á profesor/a ao final de cada sesión.
A memoria será enviada en formato pdf, a través do Campus Virtual, para a súa avaliación por parte do profesorado unha semana despois de rematar as prácticas. |
Traballos tutelados |
O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da comprensión de cada tema por parte do alumnado. Para iso prográmanse 5 sesións de 1 ou 2 horas en grupos reducidos. O alumnado deberá preparar cada sesión estudando os contidos correspondentes e realizando uns exercicios que estarán dispoñibles na plataforma virtual, e dos que deberán entregar as solucións antes das titorías. Na aula discutirase a resolución destes exercicios entre todos/as. Ademais, levaranse a cabo probas curtas que contribuirán á cualificación global, nalgunhas sesións ou no campus virtual. |
Proba obxectiva |
Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ademais do traballo de seguimento realizado nas sesións de titoría grupal, o alumnado poderá solicitar titorías individuais, no horario establecido polo profesorado, de forma presencial ou a través da plataforma Teams.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán realizar os traballos tutelados en titorías personalizadas e/ou grupais en horario a convir co profesorado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 |
A realización das prácticas é obrigatoria. A cualificación das prácticas representa o 25% da cualificación global. Valoraranse as cuestións entregadas ao final das sesións, a memoria das prácticas e a actitude e o traballo desenvolvido no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nesta parte. |
25 |
Traballos tutelados |
A26 B1 B2 B3 B4 |
A cualificación das titorías representa un 25% da cualificación global. Valoraranse tanto o traballo individual do alumnado nos cuestionarios previos como a participación activa do alumno nas titorías, a asistencia e as cualificacións das probas curtas na clase e a través da plataforma Moodle. |
25 |
Proba obxectiva |
A26 B1 B2 B3 B4 |
A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teórico-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4,5 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou menos dun 5 (sobre 10) nas prácticas de laboratorio. A realización de todas as
prácticas é obrigatoria para poder superar a materia, porén, poderá faltarse a
un máximo de 2 das 7 sesións por causas xustificadas, e sempre que sexa posible se recuperará noutro grupo, e de non ser
posible non se terá en conta na avaliación. Se a cualificación final das
prácticas é inferior a 5 se devolverá a memoria, coas indicacións pertinentes,
para que o alumno/a poida corrixila e enviala para unha segunda valoración por
parte do profesorado. A cualificación desta segunda revisión será definitiva e
se aplicará para o cálculo da cualificación global, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade. A cualificación das titorías obtida durante o curso manterase na segunda oportunidade. Outorgarase a cualificación de "non presentado" ao alumnado que participe en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva. Na oportunidade adiantada de decembro se aplicará a guía docente do curso anterior. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2017). Química general: Principios y aplicaciones modernas (11ª Ed). Madrid: Pearson |
En xeral, calquera manual de Química Xeral actualizado é axeitado para o estudo da asignatura. Existen edicións anteriores do Petrucci (8ª Ed. QX240, 10ª Ed. QX-243) e outros libros recomendados a disposición dos alumnos na biblioteca, incluindo versións en inglés Petrucci (QX-241 and QX-242), Chang (QX-387); Brown (QX-180). |
Bibliografía complementaria
|
Paterno Parsi, A.; Parsi, A.; Pintauer, T.; Gelmini, L.; Hilts, R. W. (2011). Complete Solutions Manual: General Chemistry, Principles and Modern Applications. Scarbough: Pearson Canada
Quiñoá, E. (2005). Nomenclatura y representación de los compuestos orgánicos. Una guía de estudio y autoevaluación. Madrid: McGraw-Hill
Atkins, P.; Jones, L. (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento (5ª Ed). Madrid: Ed. Médica Panamericana
López Cancio, J. A. (2010). Problemas de Química. Madrid: Prentice Hall
Rodríguez Yunta, M. J.; Campayo Pérez, L.; Cano Benjumea, M. C.; Sanz Plaza, A. M. (2013). Problemas de Química para Estudiantes de Biología. Madrid: Síntesis
Reboiras, M. D. (2007). Problemas resueltos de: Química, la ciencia básica. Madrid: Thomson
Chang, R.L.; Goldsby, K.A. (2017). Química (12ª Ed). México: McGraw-Hill
Reboiras, M. D. (2007). Química, La ciencia básica. Madrid: Thomson
Brown, T.L.; LeMay Jr. H.E.; Bursten, B.E.; Murphy, C.J.; Woodward, P.M. (2014). Química. La ciencia central (12ª Ed). México: Pearson
Paterno Parsi, A.; Parsi, A.; Pintauer, T.; Gelmini, L.; Hilts, R. W. (2011). Selected Solutions Manual: General Chemistry, Principles and Modern Applications. Toronto: Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica II/610G02012 |
|
Observacións |
Co fin de poder abordar con éxito a materia, é imprescindible que o estudiante posúa unha serie de coñecementos previos de química e matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: Nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos elementais, identificación do carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, exponenciais, derivadas e integrais simples. Coa fin de reducir o consumo de
papel, seguindo os obxectivos Green Campus da Facultade de Ciencias,
recoméndase enviar a memoria de prácticas en formato dixital pdf. |
|