Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Desenvolvemento das capacidades de interpretación e síntese da información que suministra a bibliografía, os distintos tipos de cartografía e a fotointerpretación. |
A6 A22 A23 A30 A32
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
|
Traballar de forma autónoma con iniciativa, procura de bibliografía e datos en diversas fontes.
|
A6 A22 A23 A30 A32
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
|
Adquisición dun desenvolvemento adecuado das capacidades de aplicación, análise e valoración dos coñecementos adquiridos no contexto práctico que o futuro exercicio profesional esixe. |
A6 A22 A23 A30 A32
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. INTRODUCIÓN |
1. Xeografía Física: concepto, división e relación con outras ciencias
2. O sistema Terra e os seus subsistemas
3. A superficie terrestre. Topografía global |
II. A ATMÓSFERA E O SISTEMA HIDROLÓXICO DA TERRA |
4. Composición e estrutura da atmosfera
5. A enerxía do sistema atmosférico
6. Ventos e circulación atmosférica
7. Interacción océano-atmosfera. Circulación oceánica
8. Humidade atmosférica e balance hídrico
9. Formas de precipitación, masas de aire e sistemas frontais
10. Zonación climática da Tierra
11. O cambio climático |
III. A BIOSFERA |
12. Clima, solo, flora e fauna
13. Formación do solo, propiedades e clasificación
14. Procesos bioxeográficos. Fitoxeografía e Zooxeografía |
IV. A EVOLUCIÓN DO RELEVO E DA PAISAXE |
15. Meteorización
16. O sistema de ladeira
17. Sistemas fluvial e lacustre
18. Sistemas costeiros
19. Sistema cárstico
20. Sistema desértico
21. Sistema glaciar
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B3 |
28 |
70 |
98 |
Prácticas de laboratorio |
A30 |
10 |
5 |
15 |
Traballos tutelados |
A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 |
8 |
16 |
24 |
Saídas de campo |
A32 |
5 |
5 |
10 |
Proba obxectiva |
B8 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Trátase de asimilar uns contidos teóricos básicos a partir das clases maxistrais. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas representan un complemento indispensable ás leccións teóricas. Nelas abordarase a aprendizaxe dos métodos e técnicas máis comúns para o tratamento da información xeográfica. O obxectivo será que o alumnado desenvolva as capacidades de interpretación, síntese e análise da información que suministra a bibliografía, a cartografía, e a fotoxeoloxía, grazas ó coñecemento global da materia e da súa aplicabilidade. Ademais preténdese que o alumnado adquira nocións básicas acerca da utilización da información xeográfica e da súa análise espacial empleando ferramentas informáticas (Sistemas de Información Xeográfica). |
Traballos tutelados |
Estes consistirán na elaboración de temas ou traballos individuais ou en grupos, propostos polo profesorado, sobre diversos aspectos da materia. Requírese: búsqueda e manexo da información, esquematización das ideas principais, división do traballo, discusión en grupo e exposición dos contidos na clase. Asimesmo o alumnado poderá participar voluntariamente nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou nun proxecto TPG. Os resultados das actividades expostas anteriormente serán avaliados. O profesorado asesorará permanentemente o desenvolvemento das diferentes actividades da aprendizaxe. |
Saídas de campo |
Complemento do resto das actividades. |
Proba obxectiva |
Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura, consistentes en preguntas curtas ou de tipo test e comentarios e identificación de diagramas ou fotografías. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Saídas de campo |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos do traballo presencial para o alumnado co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso según o plan de traballo da materia.
A vía non presencial para a atención personalizada realizarase mediante correo electrónico, plataforma virtual ou medios semellantes.
Os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia tamén poderán entregar o traballo aos docentes e disporán da mesma estrutura de tempos e esquema para recibir atención personalizada do profesorado, tanto pola vía presencial como a non presencial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A30 |
Avaliación continua. |
20 |
Traballos tutelados |
A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 |
Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. |
30 |
Proba obxectiva |
B8 |
Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás clases prácticas de gabinete (incluíndo a entrega dos exercicios solicitados) e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización dos traballos suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballos: 30%). Os dous exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, os dous exames teñen que estar aprobados (5 sobre 10). Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os estudantes que non superen a materia na Primeira Oportunidade serán avaliados nos exames oficiais da Segunda Oportunidade. Esta convocatoria avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os estudantes non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas. Todas as observacións previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica. Casos excepcionais: no caso de que os estudantes, por razóns debidamente xustificadas, non puideran realizar todas as probas de avaliacion continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas a tal efecto. Para a concesión das Matrículas de Honra priorizarse aos estudantes de primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: A guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso en vigor. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
De Blij, H.J., Muller, P.O. y Williams, R.S. 2004. Physical Geography. The global environment. Oxford University Press, Oxford. López Bermúdez, F., Rubio Recio, J.M. y Cuadrat, J.M. 1992. Geografía Física. Cátedra, Madrid. Strahler, A.N. y Strahler, A.H. 1994. Geografía Física. Omega, Barcelona. |
Bibliografía complementaria
|
|
Briggs, D. y Smithson, P. 1992. Fundamentals of Physical Geography. Routledge, London Gabler, R.E., Sager, R.J., Wise, D.L. y Petersen, J.F. 1999. Essentials of Physical Geography. Thomson Learning, London. Strahler, A.N. y Strahler, A.H. 2002. Physical Geography: science and systems of the human environment. John Wiley and Sons, New York. Hamblin, W.K. y Christiansen, E.H. 2001. Earth’s Dynamic Systems. Prentice Hall, London. Skinner, B. J. & Porter, S. C. 1995. The Dynamic Earth. An Introduction to Physical Geology. John Wiley and Sons, New York. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039 | Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040 | Edafoloxía/610G02045 |
|
Observacións |
Recoméndase ter superada a materia do primeiro cuatrimestre “Xeoloxía”. Recoméndase a asistencia e participación nas clases teóricas. Recoméndase o coñecemento do idioma inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, así como a aplicación a un nivel de usuario de ferramentas informáticas (uso de Internet, procesador de textos, presentacións, etc.). Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. Incorporación da perspectiva de xénero - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|