Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Citoloxía Código 610G02007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Folgueira Otero, Mónica
Lastra Vallines, Luis Miguel
Rey Rico, Ana
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
m.folgueira@udc.es
miguel.vallines@udc.es
ana.rey.rico@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral O curso atópase no primeiro ano do grao e o único precedente que a meirande parte dos alumnos ten, provén dos coñecementos da bioloxía na educación secundaria. O curso está incluído no núcleo de formación básica común, así que atópase no primeiro semestre do primeiro curso para facilitar aos alumnos as habilidades básicas necesarias para outras materias. Esta materia céntrase no estudo da célula como a unidade anatómica e funcional dos seres vivos tanto unicelulares como pluricelulares, facendo especial fincapé na células eucariotas. Tratarase de xeito integrado a estructura, función e bioxénese dos seus compoñentes así como o mecanismo e función das principales actividades celulares.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as características e propiedades dos diferentes tipos celulares como unidades anatómicas e funcionais dos seres vivos, su posible orixe e interrelación A1
B1
B4
B9
B11
Coñecer a estructura, orixe e función dos compoñentes celulares, facendo especial énfasis nas células eucariotas A1
A4
B4
B9
B11
Coñecer os mecanismos que subxacen á dinámica dos procesos vitais e sociales das células A1
B4
B9
B11
Coñecer e familiarizarse coas metodoloxías, fontes bibliográficas e termos técnicos propios da Bioloxía Celular, facendo uso nalgúns casos do método científico para o seu estudo. A1
A4
A5
A11
A26
A30
A31
B6
B8
B10
B13

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN:
Concepto e antecedentes históricos da Bioloxía Celular
Niveles de organización e clasificación dos seres vivos
Métodos en Bioloxía Celular
MEMBRANA PLASMÁTICA E SUPERFICIE CELULAR Estructura e organización da membrana plasmática
Transporte de moléculas a traverso da membrana
A superficie celular
Adhesión e unión celular
CITOSOL E CITOESQUELETO O Citosol
O Citoesqueleto
Estructuras microtubulares complexas
SÍNTESIS E DEGRADACIÓN DE MACROMOLÉCULAS Ribosomas
Retículo endoplasmático
Complexo de Golgi
Lisosomas
A CONVERSIÓN ENERXÉTICA Mitocondrias
Plastidios
Microcorpos
O NÚCLEO CELULAR E A ORGANIZACIÓN DO XENOMA EUCARIÓTICO O Núcleo celular
A Cromatina
Os Cromosomas
O CICLO VITAL DA CÉLULA O ciclo celular
Mitose e citocinese
A meiose
Morte celular
Senescencia celular
A CÉLULA NO SEU CONTEXTO SOCIAL Comunicación e sinalización celular
O cancro
Leccións prácticas (prácticas de laboratorio) - Introducción á microscopía óptica
- Estudo de bacterias e fungos
- Estudo de protozoarios (Protista) e células animais
- Estudo de células vexetais
- Observación de estructuras subcelulares vexetais
- Fraccionamento celular
- Estudo dos cromosomas e a mitose
- Tinguido e estudo das células sanguíneas
- Fundamentos da microscopía electrónica


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B1 25 62.5 87.5
Discusión dirixida A1 B1 B4 B6 B9 B10 B11 B13 4 8 12
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A26 A30 A31 B8 B13 15 15 30
Proba mixta A1 2 2 4
Seminario A1 B4 B9 B11 4 4 8
Lecturas A1 B9 0 5.5 5.5
Actividades iniciais A1 1 0 1
Debate virtual A1 B4 B9 0 1 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciáis de 50 minutos de duración dalgúns dos contenidos correspondentes ao programa. Para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumno lea previamente pola súa conta os aspectos fundamentais de ditos temas nos textos recomendados e que teña completado os cuestionarios a o séu dispor referentes ao mesmo.
Discusión dirixida Esta metodoloxía desenvolverase nas sesións chamadas de "Revisión e Problemas". En grupos reducidos de 10-15 alumnos, (1) discutiránse e resolveránse cuestions teórico-prácticas contidas nun cuestionario a dispor do estudante e relacionadas cos contidos da asignatura tratados con anterioridade a sesión e que o alumno debe resolver individualmente usando a bibliografía pertinente, e (2) resolveranse casos ou trataranse temas de actualidade en bioloxía celular e as súas implicacions. Finalmente evaluarase individualmente o nivel de comprensión dos temas tratados cunha breve proba ou actividade gamificada.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, ademáis de abordar algúns aspectos teóricos relacionados cos aparatos e as metodoloxías experimentais, adquiriranse as destrezas manuais propias de técnicas citolóxicas sinxelas. O alumno deberá realizar unha memoria donde detallaránse o objextivo de cada práctica ou protocolo seguido e os resultados obtidos, e na que o alumno deberá describir, dibuxar e interpretar as observacions levadas a cabo. A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser evaluado. No caso de darse circunstancias que impidan a súa asistencia, éstas deberán ser comunicadas ó profesor encargado debidamente xustificadas.
Proba mixta Nesta categoría inclúense tanto o exame parcial liberatorio como o exame final sobre os contidos do programa traballados nas sesións teóricas e prácticas da asignatura.
Seminario En grupos reducidos de 10-15 alumnos, traballaranse algúns temas do temario designado con antelación, e do que cada estudante elaborará un resumo, esquema (1-2 páxinas) ou glosario de termos do que entregará copia por escrito ao final da sesión para que quede constancia do traballo e a participación. A sesión consiste na posta en común dirixida polo profesor do que os alumnos do grupo terán extraído do seu traballo previo sobre dito tema.
Lecturas Poñeránse ao dispor do alumno documentos seleccionados relacionados cos temas introductorios á asignatura para que realice unha lectura comprensiva dos mesmos.
Actividades iniciais Consiste nunha sesión de presentación da asignatura onde expoñeranse e explicaranse a súa estructuración, actividades, criterios de avaliación, etc... contidos na guía docente e na o alumno poderá resolver cualquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos
Debate virtual Propoñeranse temas ou supostos relacionados coa asignatura, que os alumnos terán que construir ao longo do curso coas súas aportacions postas en común no foro e argumentar ou discutir as dos outros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Prácticas de laboratorio
Descrición
O alumno/a é ceibe de consultar as súas dúbidas xurdidas nas sesions maxistrais e máis extensamente nas sesións de seminarios e as discusions dirixidas. Ademáis contará coa posibilidade de resolver calquera dúbida relacionada coa materia nas tutorías persoalizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 Na data oficial realizarase ben o exame final sobre os contidos do programa traballados nas sesións de teoría e prácticas. Na metade aproximada do cuadrimestre farase un exame parcial voluntario e liberatorio dos contidos teóricos e prácticos traballados ata ese momento. 60
Discusión dirixida A1 B1 B4 B6 B9 B10 B11 B13 Ben sexa na propia sesión presencial denominada "Revisión e problemas", ou ben como tarefa para realizar de xeito non presencial despois desta, evaluarase individualmente o nivel de comprensión dos temas obxecto da sesión cunha breve proba obxectiva de tipo test, análise ou resolución dalgún caso teórico relacionado. 20
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A26 A30 A31 B8 B13 Ao final do período de prácticas, o alumno estará obrigado a presentar un informe sobre as actividades realizadas coa resolución de problemas relacionados con eles. Para a avaliación das prácticas teránse en conta algunhas das prácticas feitas así como certas cuestions seleccionadas do cuestionario asociado ellas. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder avaliar o exame final.

O exame final da primeira oportunidade (ao finalizar o 2º cuadrimestre) representará o 60% da cualificación final e o 40% restante constituirao a memoria de prácticas e a exposición do traballo tutelado (20% e 20%, respectivamente). Para aplicar as porcentaxes indicadas o alumno deberá obter no exame unha nota superior a 4 sobre 10.

Considerarase alumno presentado todo aquel que participase nas Prácticas e entregase o traballo avaliable.

Para a cualificación final da segunda oportunidade (xullo), sempre que se realizaran as prácticas e, só no caso de que favorezan ao alumno, aplicaranse as mesmas porcentaxes derivadas das actividades realizadas durante o curso; en caso contrario, reflectirase a cualificación obtida no exame final.

Excepcionalmente, no caso de que o/a estudante, por razóns
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua
(estudantes con dedicación a tempo parcial, circunstancias específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade ou circunstancias sobrevidas), adoptaránse as
medidas o realizaranse as actividades axeitadas que non perxudiquen a súa
avaliación.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometeu: o alumno será cualificado con suspenso (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación no acto de primeira oportunidade, se fose necesario.

Nesta asignatura aplicaranse os criterios xerais da UDC no séu
compromiso de respeto aos valores ambientales e de perspectiva de xénero.Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC


Fontes de información
Bibliografía básica Karp, G. (2009). Biología Celular y Molecular. McGraw-Hill. Interamericana
Paniagua, R.; Nistal, M.; Sesma, P.; Álvarez-Uría, M.; Anadón, R.; Fraile, B.; Sáez, FJ. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal: Biología celular. Interamericana-McGraw-Hill
Alberts, B. y col. (2011). Introducción a la Biología celular. Panamericana
Cooper, GM. (2010). La célula. Marbán

Bibliografía complementaria Platner, H.; Hentschel, J. (2011). Biología Celular. Panamericana
Lodish, H.; Berk, A.; Zypursky, S.; Matsudaira, P.; Baltimore, D.; Darnell, J. (2005). Biología Celular y Molecular. Panamericana
Alberts, B.; Johnson A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, R. & Walter, P (2004). Biología Molecular de la célula. Omega
Pollard, T.D; Earnshaw WC. (2002, 2008). Cell Biology. Saunders


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A adaptación no seu primeiro ano na universidade esixe un esforzo importante para todos os alumnos/as. A aprendizaxe inclúe a incorporación de conceptos fundamentais do tema,a familiaridade co traballo de laboratorio, a elaboración de informes de prácticas, a busca e procesamento de información dende distintas fontes e a presentación e defensa de traballos. A brevidade de tempo, e os amplos contidos do curso, poden implicar o risco de que os estudantes non esteán adaptados para o sistema de estudo e de traballo da Universidade, e pode rematar no fracaso se o proceso de adaptación e concienciación non se fan axiña. É moi importante, polo tanto o estudo constante e os repasos periódicos para o avance. Recoméndase vivamente ler ou traballar o tema das conferencias con antelación, e tomar notas durante as mesmas, así como completar os cuestionarios relativos a ése tema dentro dos dous días inmediatamente posteriores da exposición dos contidos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías