Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bioquímica II Código 610G02012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.gsiso@udc.es
Profesorado
Cerdan Villanueva, Maria Esperanza
De Castro De Antonio, María Eugenia
Fernández Bertólez, Natalia
Freire Picos, María Ángeles
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Pérez Martínez, José Manuel
Correo electrónico
esper.cerdan@udc.es
m.decastro@udc.es
natalia.fernandezb@udc.es
maria.freirep@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
jose.manuel.perez@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/bcm
Descrición xeral Os contidos da asignatura proporcionan ó estudante a información básica das reaccións bioquímicas, catálisise, e metabolismo. O seu estudo no segundo curso do grado permitirá ó alumno ter o coñecemento básico necesario para comprende-los mecanismos moleculares que rexen moitas respostas nos seres vivos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender e describir os mecanismos mediante os que os fermentos (enzimas) actúan como catalizadores biolóxicos. Deseñar, combinando a metodoloxía de prácticas e os fundamentos teóricos, sistemas de purificación e análise de enzimas. Apreciar a importancia dos sistemas de obtención de enerxía no mantemento da vida. Coñecer as principais rutas metabólicas na célula e a súa regulación. Desenrolar a súa capacidade de relacionar unhas rutas coas outras. A8
A10
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B10
B11
B13

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Os enzimas como catalizadores Biolóxicos.
Características estructurales que lles confiren vantaxes fronte a catalizadores químicos. Coenzimas e iones metálicos. Mecanismos de reacción. Anticorpos como catalizadores. Ribozimas.
Tema 2. Cinética das reaccións químicas.
Reaccions monosustrato e cinética de Michaelis-Menten. Transformacions da ecuación de Michaelis. Cinética das reacciones bisustrato. Inhibidores de unión irreversible exemplos e aplicacions. Inhibición Reversible: tipos de inhibición. Cinética en presenza de inhibidores.
Tema 3: Regulación da actividade enzimática. Importancia da regulación do metabolismo. Os enzimas alostéricos. Modificación covalente. Isoenzimas. Zimógenos ou proenzimas.
Tema 4: Metodoloxía para a determinación de actividades enzimáticas. Ensaios directos e indirectos. Purificación de enzimas: actividade específica, rendemento e factor de purificación. Importancia e aplicacions actuáis da enzimoloxía.

Tema 5: Introducción ó metabolismo.
Rotas anabólicas e catabólicas. Compartimentalización. Necesidade de coordinación e interrelación entre as distintas rotas, e variabilidade entre especies. Niveis de obtención de enerxía. Metodoloxía para o estudo de rotas metabólicas. Niveis de estudo.
Tema 6: Transporte de metabolitos a través das membranas celulares.
Tipos de transporte en función do gasto enerxético. Datos estructurais de transportadores. Exemplos con metabolitos específicos
Tema 7: Obtención de enerxía química.
Reaccions de oxidación reducción na producción de enerxía. Coenzimas implicados. Xeneración de ATP: fosforilación a nivel de sustrato, fosforilación oxidativa e fosforilación fotosintética como sistemas de obtención de enerxía. Estudo polo miudo de fosforilación oxidativa e fosforilación fotosintética.
Tema 8: Glicólise e catabolismo de hexosas.
Localización das rotas. Etapas e regulación da vía. Fermentacions. Relación coa rota das pentosas fosfato.
Tema 9: Ciclo de Krebs.
Localización da rota. Conversión de piruvato en acetil-CoA. Estudo do complexo piruvato deshidrogenasa e interrelación con outras rotas. Rotas anapleróticas, importancia das lanzadeiras mitocondriales e balances.
Tema 10: Gluconeoxénese.
Definición e localización, necesidade metabólica desta rota. Gluconeoxénese a partires de: piruvato, lactato, aminoácidos e triglicéridos. Ciclo do glioxalato.

Tema 11: “Fase oscura” da fotosíntese. Relación coa gluconeoxénese.
O Ciclo de Calvin. Fotorrespiración. Regulación. A vía C4 das plantas tropicais. O metabolismo ácido das crasuláceas. Metabolismo da sacarosa e o almidón.
Tema 12: Metabolismo do glucóxeno.
O glucóxeno como polisacárido de reserva. Biosíntese e degradación de glucóxeno muscular e hepático. Regulación. O papel do fígado no mantemento da glucemia. Anomalías conxénitas do metabolismo do glucóxeno
Tema 13: Metabolismo de lípidos.

Catabolismo de lípidos: lipólise, beta-oxidación. Biosíntese de ácidos grasos, triglicéridos, lípidos de membrana e esteroides. Regulación do metabolismo de lípidos. Metabolismo de corpos cetónicos.
Tema 14: Metabolismo de aminoácidos.
Dixestión e degradación intracelular de proteínas. Eliminación do nitróxeno dos aminoácidos: transaminación, desaminación. Ciclo da urea. Transporte do amoníaco ó fígado. Destino do esqueleto carbonado dos aminoácidos. Biosíntese de aminoácidos: procedencia do nitróxeno e do esqueleto carbonado. Regulación
Tema 15: Derivados de aminoácidos.
Funciones precursoras dos aminoácidos: aminas con actividade biolóxica, glutatión, porfirinas. Metabolismo de nucleótidos púricos e pirimidínicos. Regulación
Tema 16: Integración do metabolismo.

Perfís metabólicos dos órganos máis importantes. Conexions entre as rotas: glucosa-6-fosfato, piruvato e acetilCoA. Adaptacions metabólicas as situacions de estrés. Xexun, exercicio físico.
Tema 17: Regulación hormonal do metabolismo.

As hormonas como mensaxeiros químicos. Segundos mensaxeiros. Dianas metabólicas da acción hormonal. Receptores hormonais. Sistema da adenilato ciclasa. Sistema da fosfolipasa. Dimerización de receptores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B1 B3 B4 B7 B10 B11 B13 28 56 84
Solución de problemas A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 8 16 24
Prácticas de laboratorio A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 15 22.5 37.5
Proba mixta A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 2 0 2
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Exame que integra preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas tipo de probas obxetivas así como resolución de casos e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada levaráse a acabo ao longo do curso e previa solicitude do estudante.
A forma de traballo para adquirir as competencias e preparar a proba mixta, a orientación da resolución de problemas e interpretación de resultados das prácticas, así como calquera outra cuestión que xurda por parte do estudante, orientaránse mediante esta atención personalizada.
Os estudantes con dedicación a tempo parcial ou con dispensa de asistencia deberán contactar cos profesores da materia a principio de curso para establecer un calendario de actividades que permitan adquirir e avaliar de forma conveniente as competencias da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumno en grupos reducidos e controis

20
Prácticas de laboratorio A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 Participación e Exame.

15
Proba mixta A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos tanto nas sesions maxistraiss como en clases de problemas.


65
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia. Para a súa cualificación valorarase a asistencia e traballo nas prácticas (5 puntos/15) e as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas (10 puntos/15). A asistencia pode validarse, previa solicitude, pola que xa se completou no curso inmediatamente anterior.
GRUPOS REDUCIDOS: A asistencia e participación en grupos pequenos (resolución de problemas) son valoradas a través do traballo do estudante nos grupos, a elaboración de esquemas e controis programados.
CUALIFICACIÓN EN AVALIACIÓN CONTINUA:
Ademáis das prácticas e as actividades en grupos reducidos, programarase a lo menos un exame parcial (Enzimoloxía ) no que poderase ir liberando partes da asignatura  que polo tanto, si se aproban, non será necesario repetir na proba mixta das convocatorias oficiais.
Para poder superar a materia será necesario acadar polo menos o 50% da puntuación correspondente á proba mixta. Acadado este valor engádense  as puntuacións correspondentes ao resto das actividades. Por debaixo deste valor, a puntuación máxima final obtida non pode ser superior a 4. Na avaliación de xullo, as cualificacións das partes aprobadas no exame de xaneiro (Enzimoloxía / Metabolismo / Prácticas) pódense manter e presentarse só ás partes pendentes. AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes que renuncien á avaliación continua deberán solicitar unha avaliación global polo menos 15 días antes da data oficial da convocatoria (xaneiro / xullo). Nesta avaliación non se toman en conta as notas das actividades senón un exame global (Teoría, Problemas e Prácticas). Os alumnos con dedicación a TEMPO PARCIAL ou EXENCIÓN DE ASISTENCIA, solicitados oficialmente na matrícula, serán avaliados nesta modalidade. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

CUALIFICACIÓN MH: Distribuirase de preferencia entre os estudantes que cumpran os requisitos na avaliación de xaneiro. 

Para ós/ás estudantes que soliciten a CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO, aplicarase a normativa, segundo a cal rixe a guía docente do curso en vigor. 


Fontes de información
Bibliografía básica Stryer, Berg y Tymoczko (2009). Bioquímica 6ª Edn. Reverte
Tymoczko, Berg, Stryer (2014). Bioquímica curso básico. Reverté
Feduchi, Blasco, Romero y Yáñez (2011). Bioquímica, conceptos esenciales. Panamericana
Lehninger, Nelson y Cox (2006). Principios de Bioquímica. Omega
No moodle da asignatura incluiranse e actualizaranse ligazóns a páxinas web e outras fontes bibliográficas. Plan de continxencia: Non se modifican por estar dispoñibles no Moodle da asignatura.
Bibliografía complementaria Melo y Cuamatzi (2004). Bioquímica de los procesos metabólicos. Reverté-UAM Xochimilco


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bioquímica e Bioloxía Molecular/610G02013
Fundamentos bioquímicos de biotecnoloxía/610G02014

Observacións

Recórdase que para a obtención de matrícula terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade. 

Non se admitirá asistir a clase con comidas nin bebidas. 

Recoméndase asistir ás clases e utilizar as tutorías individuais para mellorar o éxito na asignatura.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías