Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O enfoque das conferencias é mellorar o coñecemento e a capacidade de reflexionar sobre unha disciplina que tamén xa no campo profesional esixen unha boa práctica e unirse aos principios éticos. As prácticas están máis enfocados na experiencia de saber facer e saber ser/estar relacionado co campo de Bioquímica e Bioloxía Molecular. |
A8 A12 A17 A27 A29 A30 A31
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.-Transcrición basal |
RNA polimerasas elementos do promotor proximal, factores xerais de transcrición Mecanismo da transcrición: inicio elongación e terminación. Técnicas para o estudo de selección dos puntos de inicio e terminación transcripcional e estudo de interaccións acedos nucleicos-Proteínas. |
2.-Transcrición regulada e implicación da cromatina na regulación transcripcional. |
Activadores e represores. Dominios de unión a DNA: Interaccións DNA-Proteínas. Complexos remodeladores da cromatina. Acetilación, desacetilación e outras modificacións de histonas na regulación da expresión génica. Técnicas para o estudo de regulación transcripcional. Exemplos de regulación de xenes concretos. |
3.-Procesamiento de RNA e coordinación dos procesos cotranscripcionales en eucariotas |
Corte e poliadenilación de RNA. Eliminación de intrones. Procesamiento de RNA ribosómico e transferente. |
4.-O RNA como regulador da expresión génica |
Edición de RNA. Control da calidade do mRNA. Papel de SnRNA e regulación da trancripción. sncRNAs e o mecanismo de silenciamiento génico. O RNA antisentido na regulación da tradución. Aplicacións do RNA antisentido. RNomicas. |
5.-Tradución de proteínas. |
Elementos implicados na tradución e pasos esenciais: mRNA, tRNA e ribosomas. Etapas: Inicio, elongación e terminación. Diferenzas en eucariotas. Síntese proteica na mitocondria. Inhibidores traduccionales. Mutacións supresoras. |
6.-Procesamiento proteico |
Modificacións postraduccionales das proteínas. Plegamiento: Chaperonas e Priones. Ubiquitinación e SUMOilación. Degradación programada: o Proteasoma. |
7.-Direccionamiento de Proteínas. |
Translocación cotraduccional e postraduccional. Clasificación e distribución das proteínas recentemente sintetizadas. Tráfico entre nucleo e citoplasma. Regulación do transporte e destino das biomoléculas na célula. |
8.-Principios xerais da sinalización celular.
|
Tipos de comunicación intercelular. Pasos da comunicación intercelular. Organización da sinalización e vías de regulación. As moléculas señalizadoras: tipos e funcións.
|
9.-Recepción dos sinais e transducción intracelular dos sinais. |
Receptores de membrana e intracelulares: tipos e mecanismos de activación. Sistemas de segundos mensaxeiros, fervenzas de fosforilación e transducción de sinais ao núcleo. |
10.-Exemplos de coordinación da actividade fisiológica. |
Sinais do crecemento e proliferación celular: regulación do ciclo celular, a apoptosis e o cancro. Sinais da senescencia celular. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Solución de problemas |
A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 |
7 |
17.5 |
24.5 |
Sesión maxistral |
A29 B2 B3 B4 B7 B10 B11 B13 |
28 |
0 |
28 |
Análise de fontes documentais |
A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 |
1 |
3 |
4 |
Proba mixta |
A29 B2 B3 B7 B10 B13 |
2.5 |
50 |
52.5 |
|
Atención personalizada |
|
3.5 |
0 |
3.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Enfocadas ao estudo da expresión xénica, tanto co traballo en bases de datos, como pola análise de expresión de xenes reporteiros e/ou co estudo de expresión de proteínas. |
Solución de problemas |
Neste apartado se incluira a formulación e resolución de problemas de distinta índole que se traballarán fundamentalmente en grupos reducidos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada con medios audiovisuais co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Potenciarase ademais a participación dos alumnos. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comprensión de traballos de investigación. Búsqueda de información, análisis, discusión, a participación de tódolos componentes. Elaboración de documentos, conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do grupo. Exposición de seminarios. |
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, aptitudes, actitudes, etc. adquiridos polo alumno ao longo do curso, e que inclúe distintos tipos de preguntas: curtas, de desenvolvemento, de resposta múltiple, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
As tarefas que deberá realizar o alumnado serán guiadas polo profesorado.
É importante a asistencia a tutorías de modo individual para aclarar dúbidas concretas, de sesións maxistrais ou de tarefas encomendadas. As colectivas son ademais necesarias para comentar formulación e desenvolvemento de seminarios, interpretación de resultados de prácticas, etc.
O horario de TUTORÍAS especificarase ao comezo do curso. Os estudantes tamén poderán solicitar cita previa e resolver dúbidas concretas, por correo electrónico ou (dacordo co profesorado) por Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 |
A asistencia é obrigatoria. Os estudantes interpretarán os resultados obtidos e presentarán un traballo que incluirá un pequeno proxecto de investigación relacionado co traballado nas prácticas e un exame.
|
25 |
Proba mixta |
A29 B2 B3 B7 B10 B13 |
Avaliaranse os coñecementos adquiridos por os/as alumnos/as tanto nas sesions maxistrais como nos problemas traballados en grupo.
|
40 |
Solución de problemas |
A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 |
Traballo do alumnado nos grupos reducidos: exercicios, seminarios (según se indica no apartado de análise de fontes documentais) e posibles controis. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 |
Traballo en grupo reducido: Actividade de extracción e manexo de información científica e divulgativa que se traballará en grupos e elaboración dunha actividade divulgativa para expoñer na clase de grupos reducidos na que tamén haberá un debate. Avaliaranse o rigor científico da información (traballo grupal), a calidade da presentación visual (traballo grupal), a fluidez e claridade da exposición oral (traballo individual) e a capacidade de resposta (traballo individual).
|
15 |
|
Observacións avaliación |
-É necesario ter APROBADAS as 3 partes: Actividades (Solución de problemas / Análise de fontes documentais), Prácticas e Proba Mixta, de forma independente, para facer a suma e superar a materia.Tanto na primeira oportunidade oficial (Xuño) como na segunda (Xullo) os exames presenciais. Excepcionalmente serán on-line, a través da plataforma Moodle no caso de situación pandemia.A evaluación continua, previa as oportunidades, oficiais, tamén serán on-line a través da plataforma Moodle. Programaranse dous exames parciais.Cada unha das partes superada en evaluación continua será liberatoria. Isto é, manterase a calificación de cada una delas e non será necesario realizala de novo nas probas oficiais..-De cara á Cualificación Final, nas Actas (en calquera das 2 oportunidades: Xuño ou Xullo), só se sumaran as notas das partes (Proba Mixta, Prácticas e Seminarios) se na Proba Mixta se alcanza o 45% do seu valor. De non alcanzar a devandita porcentaxe, nas Actas aparecerá só a nota de 4..-No exame final da 2ª oportunidade_ Xullo poderase recuperar a nota só das partes da materiateórica (proba mixta) da 1ª oportunidade_Xuño. Non haberá exame de Prácticas na 2ª oportunidade de Xullo..-A asistencia ás prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado. A non asistencia sen unha razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia. Os estudantes que superasen as prácticas nos dous cursos anteriores poderán solicitar a súa convalidación. De xeito voluntario os estudantes poderán participar na actividade de gamificación que se proporá o primeiro día de clase: o alumnado matriculado nesta materia poderá participar voluntariamente nun ambiente de aprendizaxe gamificado, obtendo ata un punto extra na súa nota. .-Os/As estudantes que non se presenten ás probas oficiais terán un Non Presentado en Actas..-Segundo a normativa de cualificacións e actas nos Graos e Mestrados, a Comisión de Calidade da Facultade, acordou a recomendación de que se concederán Matrículas de Honra a aqueles estudantes que obtivesen as máximas cualificacións na primeira avaliación (Xuño)..-Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria deXuño e Xullo haberá un exame específico de avaliación global..-Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puiderarealizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas a tal efecto..-Aparte dos exames do alumnado que cursa a materia en inglés, e debido ó feito de que o inglés é unha competencia transversal no Grao en Bioloxía, algúns materiais e preguntas curtas na clase ou no exame (relacionadas co traballado nos grupos reducidos e nas prácticas) poderían estar en inglés. En caso de dúbida, a profesora axudará ó alumno a entendela pregunta. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. -Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica, representando éstas o 75% e o 25% da cualificación final, respectivamente. A guía docente que se aplicará na oportunidade adiantada de decembro será a do curso en vigor. En caso excepcional considerarase a posibilidade de pasar a impartir a asignatura en réxime de titorías.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
Lodish, Berk, Matsudaria, Kaiser et al., (2008). Biología Celular y Molecular. Ed. Médica Panamericana
Karp G. (2011). Biología Celular y Molecular. Conceptos y experimentos. McGraw-Hill Interamericana Eds., S.A. de C.V., traducción de la 6ª ed. de Cell and Molecular Biology
Elliot, W.H. & Elliot, D.C. (2002). Bioquimica y Biologia Molecular. Ariel, S.A.
Stryer,L, Berg, J.M.andTymoczko, J.L. (2013). Bioquímica: con aplicaciones clínicas. Ed. Reverté, 7ª Ed.
Lewin B. (2011). Genes X. Jones and Bartlett Publishers, LLC
Lodisch et al., (2021). Molecular and Cellular Biology 9th Ed. Mcmillan learning
Bruce, Alberts [et al.]. (2008). Molecular biology of the cell. New York : Garland Science, 5th ed.
Lodish, Berk, Krieger, Kaiser et al., (2013). Molecular Cell Biology. WhFreeman
Whitford, D. (2005). Proteins: Structure and Function. John Wiley & Sons, Ltd.
Meister G. (2011). RNA Biology. Wiley-VHH
Herráez, A. (2012). Texto inlustrado de Biología Molecular e ingeniería genética. Elsevier |
.-Na plataforma Moodle incluiránse enlaces a páxinas web relacionadas cos diferentes contidos dos temas.
Plan de continxencia: Non haberá cambios porque todo estará disponible no Moodle. |
Bibliografía complementaria
|
Krauss, Gerhard. (2008). Biochemistry of signal transduction and regulation.. Weinheim : Wiley-VCH. 2nd ed.
Rhoads R. (2010). miRNA Regulation of the translational machinery. Springer
Dalbey, R.E. & von Heijne, G. (2002). Protein targeting, transport & translocation. Academic Press
Meyers, R.A. (2007). Proteins: from analytical to structural genomics (Volume I and II). Wiley-VCH Verlag GmbH & Co. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioquímica I/610212101 | Bioquímica II/610212202 | Xenética molecular/610G02020 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos Bioquímicos de Biotecnoloxía/610212620 |
|
Observacións |
.-Recoméndase asistir as tutorías tanto grupais como individuais para conseguir mellores resultados. Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e
soporte informático.
b. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
-
Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
|
|