Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Técnicas en Microbioloxía Código 610G02017
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Rioboo Blanco, Carmen
Correo electrónico
carmen.rioboo@udc.es
Profesorado
Fidalgo Paredes, Pablo
Rioboo Blanco, Carmen
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
pablo.fidalgo@udc.es
carmen.rioboo@udc.es
enrique.torres@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe de técnicas básicas e avanzadas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo do control de calidade microbiolóxica e a investigación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Manexo fluído de técnicas básicas e avanzadas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo da industria e a investigación A1
A2
A9
A11
A13
A14
A15
A21
A25
A26
A27
A29
A30
A31
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
C3
C6
C8
Capacidade de relación de conceptos e aplicación práctica destes. B1
B6
B8
B10
B12
C1

Contidos
Temas Subtemas
I. Métodos de detección e cuantificación de microorganismos 1. Toma de mostras
2. Procesado de mostras
3. Métodos de enriquecemento, illamento e cultivo
4. Métodos de reconto
II. Clasificación e identificación de procariotas 1. Métodos fenotípicos
2. Métodos xenotípicos
III. Medidas de biomasa e actividade metabólica microbiana 1. Estimas da biomasa microbiana total
2. Determinacións específicas de biomasa
3. Medidas da actividade microbiana
PRÁCTICAS 1. Métodos de reconto e de estimación da biomasa e actividade microbianas
2. Análise microbiolóxica de diferentes matrices
3. Determinación de microorganismos indicadores e patóxenos
4. Técnicas fenotípicas rápidas de identificación de bacterias
5. Técnicas xenotípicas de análise de microorganismos
SEMINARIOS 1. Elaboración e presentación de informes de resultados
ESTUDO DE CASOS 1. Realización e presentación de casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 8 25 33
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 30 30 60
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 5 15 20
Estudo de casos B2 B5 B8 4 25 29
Proba mixta B3 B8 C1 4 0 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado na que se desenvolverá o programa teórico da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria para todo o alumnado. Introducirase o alumnado na utilización de diferentes técnicas de análise e estudo de microorganismos. Ademáis, realizaranse análises microbiolóxicas para diferentes casos prácticos e exercerase a crítica científica.
Seminario Traballo individual no que o estudante deberá elaborar ou/e resolver, de maneira razoada, os resultados que previamente obtivo nas distintas prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos. Esta metodoloxía avaliarase mediante unha proba escrita específica.
Estudo de casos Traballo colaborativo en grupo no que aos estudantes formularáselle un suposto práctico, no que deberán indicar razoadamente as actuacións a seguir dende o punto de vista dun microbiólogo, para satisfacer a demanda esixida no suposto
Proba mixta Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno de todos os aspectos incluídos na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
Durante o desenvolvemento da materia atenderanse as necesidades e consultas dos/as estudantes relacionadas coa materia, proporcionándolles a orientación e apoio que sexan necesario, tanto de forma presencial ou non presencial. Neste sentido, a asistencia a tutorías personalizadas por parte do alumno é altamente recomendable, para a preparación dos exames, como a posterior revisión dos mesmos, a preparación dos contidos do seminario e do estudo de casos.
O alumnado con dedicación a tempo parcial deberá asistir obrigatoriamente ás prácticas de laboratorio, pero ten dispensa da asistencia a outras actividades, aínda que se recomenda a asistencia ao seminario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 Será obrigatorio por parte dos/as estudantes elaborar, resolver e presentar, de manera razoada, os resultados que previamente obtiveron na realización das prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos. Esta metodoloxía avaliarase mediante unha proba escrita específica. 15
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do/a estudante durante o desenvolvemento das prácticas. A non realización das prácticas impide a superación da materia. Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos teóricos e prácticos abordados nas sesións de laboratorio. 15
Proba mixta B3 B8 C1 Proba escrita acerca do grao de coñecemento dos contidos teóricos adquiridos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. 50
Estudo de casos B2 B5 B8 O/a estudante deberá elaborar, presentar e defender en grupo un suposto caso práctico que se lle formulará. Este traballo será avaliado mediante unha rúbrica. 20
 
Observacións avaliación

Para que o/a estudante sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación ás probas escritas así como ao seminario e ao estudo de casos. 

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o/a estudante deberá ter obtido un 2,5 sobre 5 na proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias (prácticas, seminario e estudo de casos) e obter nelas unha puntuación mínima de 2,5 puntos sobre un máximo de 5.

Para computar na calificación final o valor obtido nos apartados de
seminario, prácticas e estudo de casos, o/a estudante terá que ter
superado a proba mixta. 

No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda só poderá presentarse á proba mixta. Se non se realizaron as prácticas de laboratorio, non se superará a materia. 

Para que un/ha estudante sexa considerado/a NON PRESENTADO/A deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido ás prácticas de laboratorio ou non presentarse á proba mixta. 

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota. 

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente a un/ha alumno/a de parte do proceso de avaliación. Dito alumno/a tería que someterese a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Madigan, Martinko, Bender, Buckley y Stahl (2015). Brock. Biología de microorganismos. 14º ed.. Pearson Education
WILEY, SHERWOOD & WOOLVERTON (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw Hill

Libros de Microbioloxía Xeneral nos que cúbrense aspectos metodolóxicos que inclúense na asignatura

Bibliografía complementaria COLLINS, LYNE & GRANGE (1995). Collins and Lyne's Microbiological Methods. 7th ed.. Butterworth-Heinemann Ltd.
SINGER (2001). Experiments in Applied Microbiology. Academic Press
HUDSON & SHERWOOD (1997). Explorations in Microbiology. Prentice Hall
GAMAZO, LÓPEZ-GOÑI & DÍAZ (2005). Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed.. Editorial Masson
APHA, AWWA, WPCF (1992). Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Ediciones Díaz de Santos, S.A.
PASCUAL ANDERSON & CALDERON PASCUAL (2000). Microbiología alimentaria. Metodología Analítica para alimentos y bebidas. Ediciones Díaz de Santos S.A.

Libros de prácticas de Microbioloxía, nos que poden aparecer algúns dos experimentos ou similares que lévanse a cabo nesta asignatura.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía/610G02015
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións

As presentacións de clase que se poñen a disposición do alumno en Moodle son unha guía para o estudo dos temas e en nengún caso constitúen o contido total dos mesmos.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporase a perspectiva de xénero nesta materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías