Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o papel dos microorganismos nos ambientes naturais, e cómo se integran as súas capacidades metabólicas nos fluxos de enerxía e de materiais dos ecosistemas |
A1 A2 A4 A13
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
|
Aplicar as capacidades metabólicas dos microorganismos e de relación con outros organismos (fundamentalmente animais e plantas) na solución de problemas ambientais e outros procesos socialmente relevantes |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCCIÓN Á MATERIA |
-Microbioloxía Ambiental: desenvolvemento histórico
|
COMPORTAMENTO MICROBIANO |
-Comportamento celular e ambiente
-Comportamento cooperativo microbiano |
METABOLISMO MICROBIANO E CICLOS BIOXEOQUÍMICOS |
-Actividade microbiana no ciclo do carbono
-Actividade microbiana nos ciclos do nitróxeno e o xofre
-Conversións microbianas de outros elementos |
INTERACCIÓNS MICROBIANAS |
-Interaccións microorganismo-planta
-Interaccións non patóxenas microorganismo-animal |
BIODEGRADACIÓN, RECICLAXE E BIOTECNOLOXÍA AMBIENTAL |
-Extremófilos
-Biodeterioro microbiano
-Depuración, tratamento e control das augas
-Tratamento de residuos sólidos urbáns
-Biorremediación
-Control microbiolóxico de pragas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 |
21 |
63 |
84 |
Seminario |
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 |
5 |
25 |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 |
14 |
7 |
21 |
Presentación oral |
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 |
2 |
4 |
6 |
Proba mixta |
A1 B6 B7 B8 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición polo profesor das bases teóricas da materia |
Seminario |
Para as clases en grupos reducidos de esta mateira, aplicarase a metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseado en Proxectos), no que se traballará sobre contidos teórico-prácticos relacionados cos contidos da materia.
|
Prácticas de laboratorio |
As prácticas no laboratorio son de obrigada asistencia. Nelas abordaranse, dende un punto de vista experimental, algún aspectos do temario da asignatura. |
Presentación oral |
Os alumnos elaborarán unha presentación oral (10-15 minutos) para expoñer aos compañeiros os resultados obtidos no traballo de tipo ABP. As pautas para esta presentación determinarase ao longo dos seminarios da materia. Para estas exposicións orais, resérvanse as 2 últimas horas adicadas a grupos reducidos no calendario académico. |
Proba mixta |
Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e de comprensión que alcanzou o alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
Presentación oral |
|
Descrición |
Atenderanse as necesidades e as consultas do alumno relativas á materia ao longo de todo o período lectivo, dándolle a orientación e o apoio que fosen necesarios, tanto de forma presencial como non presencial.
Dentro da atención personalizada pódense incluir as titorías personalizadas que solicite o alumno para a preparación dos exames, como a posterior revisión dos mesmos, a preparación dos traballos de seminario e a presentación oral prevista na materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 B6 B7 B8 |
Proba(s) escrita(s) sobre os coñecementos adquiridos nas sesión maxistrais. |
60 |
Sesión maxistral |
A1 |
Avalíase pola proba mixta |
0 |
Seminario |
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 |
O alumno elaborará de xeito obrigatorio, un traballo baseado na crítica razoada de traballos de investigación que sustenten o plan de traballo que dé resposta ao proxecto plantexado ao inicio dos seminarios. Valorarase a capacidade crítica e de síntese. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 |
O alumno está obrigado a facer as prácticas no laboratorio nas datas indicadas para o curso. Ademais de unha evaluación continua do alumno, tamén se fará un exame tipo test para avaliar o grao de coñecemento alcanzado. |
15 |
Presentación oral |
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 |
Ao remate dos seminarios e de xeito obrigatorio, o alumno presentará no aula os resultados acadados nas súas pesquisas sobre o proxecto proposto nos seminarios.
Valorarase a fluidez na lenguaxe científica na exposición oral e nas preguntas que se plantexen ao finalizar a exposición. |
10 |
|
Observacións avaliación |
É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado, e tamén ter entregado e/ou presentado en tempo e forma aquelas tarefas establecidas como obrigatorias xa arriba indicadas. A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta). Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas ou presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba mixta, correspondente á teoría da materia.
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorran dalgún proceso de avaliación. Devandito alumno habería de someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba mixta. Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto. Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns xustificadas (estudantes con adicación a tempo parcial ou circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade), non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que estime convintes para non prexudicar a súa cualificación. Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.
No caso de realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Castillo y colaboradores (2005). Biotecnología ambiental. Editorial Tébar
Marín, Sanz y Amils (2014). Biotecnología y medioambiente. 2ª edición. Editorial Ephemera
Madigan, Martinko, Bender, Buckley y Stahl (2015). Brock Biología de los microorganismos. 14ª edición. Pearson Educación
Willey, Sherwood y Woolverton (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw-Hill
Martín y colaboradores (2019). Microbiología Esencial. Editorial Panamericana |
|
Bibliografía complementaria
|
http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/MicrobeWiki (). .
Winans y Bassler (2008). Chemical Communication among Bacteria. ASM Press
Pepper, Gerba y Gentry (2015). Environmental Microbiology, 3rd edition. Academic Press
Allsopp, Seal y Gaylarde (2005). Introducción al biodeterioro. Editorial Acribia |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica II/610G02012 | Microbioloxía/610G02015 | Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016 | Técnicas en Microbioloxía/610G02017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
As presentacións de clase que se poñen ao dispor do alumno no Campus Virtual son só unha guía para o estudo dos temas pero, en ningún caso, constitúen o contido total dos mesmos.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir
co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático.
b. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
-
Empregarase papel reciclado.
-
Evitarase a realización de borradores.
|
|