Iniciación á Botánica ou ciencia que se encarga do estudo dos diferentes grupos de organismos clasicamente coñecidos como vexetais, integrando información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e que capacita ao alumno para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, na asesoría ambiental, a agronomía e a etnobotánica.
Competencias / Resultados do título
Código
Competencias / Resultados do título
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B1 B3 B7
C1
Habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
B6 B8 B12
C4
-Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
B3 B7 B9 B10
C4 C6
-Coñecer a diversidade vexetal e os niveis de organización morfolóxica.
A1 A2 A29
-Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
B12
C3
- Comprender a organización taxonómica dos organismos vexetais e a súa nomenclatura.
A1 A2 A7
- Interpretar as evidencias das relacións evolutivas entre os organismos vexetais.
A7
-Aprender as técnicas básicas de traballo de campo e laboratorio en Botánica.
A22 A30 A31 A32
- Desenvolver as capacidades de observación, descrición e identificación de organismos vexetais.
A1 A2 A4
-Entender os tipos de reprodución e ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais.
A19
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Botánica, como unha ciencia imprescindible para a súa completa formación como Biólogos.
B6 B12
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo adecuado e crítico da bibliografía.
B1 B8 B9 B10
Contidos
Temas
Subtemas
BLOQUE I: INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS
I.1. Organismos estudados na Botánica.
I.2. O Método científico na Botánica.
I.3. Sistemática, nomenclatura e taxonomía dos vexetais.
I.4. Campos e aplicacións da Botánica.
BLOQUE II: ESTRUTURA DOS VEXETAIS E FUNGOS
II.1. Introdución a estrutura dos vexetais e fungos
II.2. O corpo vexetativo.
II.3. Estruturas reprodutoras.
II.4. Reprodución. Alternancia de fases nucleares e de xeracións. Ciclos biolóxicos.
BLOQUE III: ECOLOXÍA E CONSERVACIÓN
III.1. Comunidades e poboacións vexetais. Interación con outros organismos.
III.2. Ecoloxía reprodutiva.
III.3. A conservación da biodiversidade vexetal. Ameazas e estratexias de conservación.
III.4. A Xeobotánica como ciencia integradora. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra. Biomas.
BLOQUE IV: BIODIVERSIDADE E EVOLUCIÓN
IV.1. A evolución en vexetais. Encadre dos vexetais nos seres vivos. Relacións evolutivas e importancia da filoxenia. Caracteres e principais grupos.
IV.2. Niveis morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos.
IV.3. Moneras e protistas fotosintéticos. Cianobacterias e algas.
IV.4. Fungos e outros organismos heterótrofos. Simbioses fúnxicas.
IV.5. As plantas sen flores. Caracteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos.
IV.6. Os embriófitos prevasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos briófitos.
IV.7. As plantas con flores. Caracteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos.
IV.8. As ximnospermas e anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas).
SEMINARIOS
1.- Clasificación y sistemática.
2.- Ciclos de vida de vexetais e fungos.
3.-Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación.
4.- Estudos comparados de organismos.
PRÁCTICAS
1.- Introdución da paisaxe vexetal local, estudio organográfico e diagnóstico de campo dunha selección de especies. Recolección e métodos de conservación.
2.- Características e función de fungos e líquenes. Observación de estruturas vexetativas (micelio) e reprodutoras en Zygomycetes e Ascomycetes microscópicos. Recoñecemento de corpos frutíferos de Ascomycetes e Basidiomycetes. Tipos morfolóxicos de liques e o seu hábitat. Recoñecemento de estruturas reprodutoras en liques.
3.- Características e función de algas microscópicas. Manexo do microscopio. Análise de algas microscópicas en augas continentais (eutrofizadas ou non). Estudo de algas en plancto mariño.
4.- Características e función de algas macroscópicas. Observación de representantes de de auga doce e mariña. Organización e morfoloxía, estructuras reprodutoras e ciclo vital.
5.- Características e función de briófitos e pteridófitos. Estudo de diversidade de representantes de briófitos (hepáticas e musgos) e de pteridófitos (fentos, equisetos e licopodios).
6.- Características e función de ximnospermas. Observación de caracteres vexetativos e reprodutores. Recoñecemento de especies de ximnospermas (Pinaceae, Cupressaceae, Taxaceae) representativas da flora ibérica.
7.- A flor. Análise da flor. Estudo morfolóxico de diferentes tipos de flores.
8.- Estudo das características e función de anxiospermas monocotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
9.- Estudo das características e función de anxiospermas dicotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico.
ESTUDO DE CASO (Práctica TIC)
Esta actividade denominada herbario virtual realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa.
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Prácticas a través de TIC
B3 B7 B9 B10 C3 C4 C6
0
21
21
Prácticas de laboratorio
A2 A4 A30 A31 A32 B1
20
20
40
Sesión maxistral
A1 A2 A4 A7 A19 A22 A29 B9 B8
23
46
69
Proba obxectiva
B7 B8 B12 C1
2
0
2
Seminario
B1 B3 B7 C1
8
8
16
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Prácticas a través de TIC
Esta actividade denominada herbario virtual realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa.
Prácticas de laboratorio
O alumno terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de organismos vexetais representativos dos distintos grupos e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Na primeira práctica realizarase unha saída á contorna próxima durante unha hora para a aprendizaxe da recolección do material representativo dos distintos grupos vexetais que estudarán no laboratorio.
Sesión maxistral
O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e notas que porá a disposición dos alumnos.
Proba obxectiva
Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar.
Seminario
O alumno deberá resolver distintas cuestións ou preparar de forma autónoma algúns dos contidos da materia. O traballo do alumno será posto en común durante as distintas sesións nas que se someterá a discusión e, no seu caso, avaliación.
Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada realizarase de forma individual respecto cando a retroalimentación de face ao alumno así o requira. En caso de situación de presencialidad, terá lugar durante o desenvolvemento das tutorías da materia.
En caso de situación de non presencialidad, terá lugar online, en horario de tutorías previamente concertadas, e a través de correo electrónico.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso as tutorías específicas, ben ás que asistir, ou ben concertadas telemáticamente a través de correo electrónico, e que sexan compatibles coa súa dedicación
Evitarase a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas.
Facilitarase a integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para superar a materia, mediante as axudas oportunas.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Proba obxectiva
B7 B8 B12 C1
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
45
Seminario
B1 B3 B7 C1
Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada seminario, así como a súa actitude e participación nos mesmos.
10
Prácticas de laboratorio
A2 A4 A30 A31 A32 B1
A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e presentación de informes de prácticas. Cualificarase o contido e calidade.
30
Prácticas a través de TIC
B3 B7 B9 B10 C3 C4 C6
Ao comezo do curso infórmase os alumnos da actividade a realizar ao longo do curso, que pode ser tanto individual como grupal. Cualificarase o contido, calidade e presentación da actividade.
15
Observacións avaliación
Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación de polo menos o 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría e 4 sobre 10 na parte práctica.
Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade.
As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación continua da participación poderá substituírse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías.
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos
criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante
alumnado.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente
a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente,
invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria
Fontes de información
Bibliografía básica
Teoría:
BARNES, C. (2001). Invitación a la Biología. Panamericana
DIAZ-GONZALEZ,
T.E.; FERNÁNDEZ-CARVAJAL, M.C. & FERNÁNDEZ, J. A.(2004). Curso de Botánica. Ediciones Trea, Gijón.
FONT
I QUER, P. (1982). Iniciación a la Botánica. Editorial
Fontalba.
FONT
I QUER (1987). Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Labor.
FONT I QUER, P.
(1993). Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.
IZCO, J.; BARRENO, E.;
BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X;
SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.
NABORS,
M.W. (2006). Introducción a la Botánica. Pearson.
REECE, C. et al. (2008). Biology. Pearson International Edition
SCAGEL, R.; BANDONI,R.J.; ROUSE,G.E.; SCHOFIELD, G.E.; STEIN,J.R. &
TAYLOR,T.M.(1987). El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.
STRASBURGER, E., F.
NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004). Tratado de Botánica
(actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.
Prácticas:
AIZPURU,I.;
ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y
territorios limítrofes. Servicio
Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
ANDRÉS, J., B. LLAMAS,
A. TERRÓN, J.A. SÁNCHEZ, O.G. PRIETO, E. ARROJO & T.P. JARAUTA (1990). Guía
de hongos de la
Península Ibérica (noroeste peninsular, León),
claves-descripciones-fotografías. Celarayn, León.
BÁRBARA, I. & J. CREMADES (1993). Guía
de las algas del litoral gallego. Ayuntamiento de La Coruña, Casa de las
Ciencias.
BONNIER,
G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas
vasculares. Omega, Barcelona.
CABIOC'H,
J., J. FLOC'H, A. TOQUIN, C.F. Le, Ch.-F. BOUDURESQUE, A. MEINESZ & M. VERLAQUE (2006). Guía
de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.
CASTROVIEJO, S. et al
(2001). Claves de Flora Ibérica, vol. I
. Real Jardín Botánico, Madrid.
EGEA FERNANDEZ, J.Mª
& P. TORRENTE PAÑOS (1997). Manual de Teoría y Prácticas de Botánica.
DM Librero Editor.
GERHARDT,
E., J. VILA & X. LLIMONA (2000). Hongos
de España y de Europa. Omega, Barcelona.
GARCÍA,
X.R. (2008). Guía das plantas de Galicia.
Xerais.
JAHNS, H.M. & A.K.
MASSELINK (1982). Guía de campo de los helechos, musgos y líquenes de Europa.
Omega, Barcelona.
MANOBENS, R. Mª (1988).
Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari.
Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.
MAYOR,
M. & T.E. DÍAZ (2003). La flora Asturiana. Ayala, Oviedo.
NIÑO RICOI, H. (2008). Guía dos fentos de Galicia. Baía Edicións.
PÉREZ VALCÁRCEL, C.,
LÓPEZ PRADO, Mª & LÓPEZ DE SILANES VÁZQUEZ, Mª (2003). Guía dos liques de Galicia. Baía Edicións.
SALVO
TIERRA, E. (1990). Guía de helechos de la Península Ibérica
y Baleares. Pirámide, Madrid.
WIRTH, V., R. DÜLL, X.
LLIMONA, R.-M. ROS & O. WERNER (2004). Guía
de campo de los líquenes, musgos y hepáticas. Omega
Bibliografía complementaria
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Xeografía botánica: Xeobotánica/610G02026
Observacións
<p> É altamente recomendable superar esta materia para poder cursar calquera das que continúan o temario nos seguintes cursos do Grao (Botánica sistemática: Criptogamia, Botánica Sistemática: Fanerogamia e Xeobotánica).</p>
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías