Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Botánica sistemática: Criptogamia Código 610G02024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
m.pimentel@udc.es
Profesorado
Carballeria Coego, Amable Rafael
Peña Freire, Viviana
Pimentel Pereira, Manuel
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
r.carballeira@udc.es
v.pena@udc.es
m.pimentel@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Criptogamia. Ciencia que estuda os fungos, algas, briófitos e pteridófitos nun contexto evolutivo e atendendo a unha clasificación filoxenética. Integra información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e capacita ó estudante para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, en asesoría ambiental, agronomía e etnobotánica. Os contidos desta materia están reflectidos nos obxectivos de desenvolvemento sustentable da axenda H2030 da ONU (obxectivo 14-Vida submariña e obxectivo 15-Vida dos ecosistemas terrestres).

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. A4
A9
A20
A22
B1
B5
B7
B8
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. A2
A4
A20
A22
A26
A27
A30
A31
A32
B1
B4
B6
B11
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. A1
B1
B3
B8
B9
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. A27
B6
B8
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque I. Os fungos. Sistemática e evolución Tema 1.- Concepto e evolución dos fungos: Os fungos s. lat. como exemplo de polifilia. Grupos principais de fungos. Evolución do Reino Fungi, os fungos do Neoproterozoico, o Cámbrico e o Silúrico-Devónico. Terminoloxía a empregar na materia
Tema 2.- Tipos de talo nos fungos s. lat.: Complexidade metabólica e simplicidade anatómica (relativa). Hifas, pseudohifas e amebas; plasmodios, micelios e pseudomicelios. O crecemento apical das hifas e a morfoxénese nos fungos (o Spitzenkörper).
Tema 3.- A reprodución dos fungos s. lat. A sexualidade nos fungos: a determinación do sexo nos fungos non é binaria. Ciclos vitais básicos en fungos mucilaxinosos, Oomycota e no Reino Fungi: da cooperación ao canibalismo. Multicelularidade e fase dicariótica, a alternacia de fases nos fungos
Tema 4.- Interaccións ecolóxicas dos fungos. Os fungos s. lat. habitan en todos os nichos ecolóxicos. Cooperación nos fungos: liques e micorrizas. Parasitismo nos fungos: exemplos e ciclos de fungos parásitos de plantas e animais. Os fungos e os ciclos globais de elementos e nutrientes: o caso do Mycoloop
Tema 5.- O impacto dos fungos na humanidade: Técnicas de estudo dos fungos: cultivo e análise do ADN ambiental, os Deuteromycota ou fungos imperfectos. Os fungos e a saúde humana. O impacto económico dos fungos, da alimentación á produción de biomateriais.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque II. As algas. Sistemática e evolución Tema 6.- Introdución ás algas: carácteres xerais ,orixe e clasificación. hábitat, ecoloxía. Algas procariotas Cyanophyta: carácteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 7.- Algas Archaeplastida parte I. Glaucophyta e Rhodophyta Carácteres xerais, clasificación, hábitat, reprodución, ciclos e utilidades de Rhodophyta. Características diferenciais e exemplos das clases Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 8.- Algas Heterokontophyta (Ochrophyta): carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 9.- Outras algas eucariotas: Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Carácteres, reprodución e hábitat.
Tema 10-11.- Algas Archaeplastida parte II: a liñaxe verde. Chlorophyta e Streptophyta: carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e exemplos de Prasinophyceae, Chlorophyceae e Ulvophyceae (Chlorophyta) and Charophyceae, Zygnematophyceae e Coleochaetophyceae (Streptophyta). A orixe dos embriófitos.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque III. A conquista do medio terrestre. Evolución e sistemática de embriófitos Tema 12.- Introdución ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Adaptación ó medio terrestre.
Tema 13.- Arquegoniadas non vasculares (briófitos s. lat.). Musgos, hepáticas e anthoceros: carácteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reprodución, orixe, filoxenia e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthocerophyta, Marchantiophyta e Bryophyta. Filoxenia de briófitos.
Tema 14.- Introdución ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 15.- Euphyllophytina p.p. (Monilófitos; antigos Pteridophyta) e Lycophytina: carácteres xerais, ecoloxía, reprodución, ciclo vital, orixe e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Lycopsida, Psilophytopsida, Psilotopsida, Equisetopsida, Marattiopsida e Polypodiopsida. Filoxenia de fieitos.
TEORÍA (SEMINARIOS) Seminario 1 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos s. l. e fieitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (2 horas)
PRÁCTICAS (SAÍDAS Ó CAMPO) Saída ao campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural terrestre.
Saída ao campo 2. Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
PRÁCTICAS (LABORATORIO) Práctica 1.- Fungos. Parte I.
Práctica 2.- Fungos. Parte II
Práctica 3.- Fungos. Parte III. Liques.
Práctica 4.-Algas. Parte I. Rhodophyta.
Práctica 5.- Algas. Parte II. Ochrophyta.
Práctica 6.- Algas. Parte III (Liñaxe verde), Embriófitos. Parte I.
Práctica 7.- Embriófitos. Parte II.
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos s. lat. e fieitos).
Esta actividade confígurase coma alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo.
APRENDIZAXE-SERVIZO O alumnado terá a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento da diversidade de criptógamas en espazos naturais de interese para a súa conservación. Esta actividade está configurada como alternativa á realización dos casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 23 46 69
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 8 10 18
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 14 0 14
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 0 16 16
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 0 16 16
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 12 3 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O/A profesor/a impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións, documentos, vídeos, etc que porá á disposición do estudantado nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña.
Seminario O/A estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o/a profesor/a. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo de cada estudante someterase a discusión e avaliación.
Prácticas de laboratorio O/A estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión ou cuestionario que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías. Unha vez finalizadas as prácticas, realizarase un exame.
Estudo de casos O/A estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación. Realizará tamén informes (en pdf) referidos ás actividades levadas a cabo en ambas localidades.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso.
Traballos tutelados Metodoloxía na que se combinan actividades de formación dos/das estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os/As estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados nas criptógamas mariñas.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servicio) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso.
Saídas de campo Realizaranse dúas saídas ao campo (6 h cada saída) guiadas polo profesorado co obxecto de que o estudantado se familiarice cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas e que adquira destrezas no estudo de flora e metodoloxía de mostraxe. Estudiaranse ambientes propicios para criptógamas mariñas e litorais e criptógamas de bosque húmido, e o profesorado impartirá docencia práctica en base aos espécimes que se atopen ese día.Todos os estudantes terán que asistir á saída de campo de criptógamas de bosque húmido, sendo a saída de campo de criptógamas mariñas de carácter voluntario. É obrigatorio presentar un informe relativo á saída de campo obrigatoria para a súa avaliación, sendo voluntaria a entrega de informe das dúas saídas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Saídas de campo
Traballos tutelados
Descrición
Atenderase á/ao estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas.
No caso de estudantes con dispensa académica empregarase diferentes mecanismos de atención persoalizada -presencial ou non presencial- para atender de xeito personalizado aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. 0
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. 45
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 Avaliaranse mediante un exame a realizar unha vez finalizado o periodo de prácticas. Tamén se terá en conta o grao de participación do estudante en todas as prácticas. 20
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de estudo de casos ou a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral.

15
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación, así como a calidade do informe das actividades realizadas. 5
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou o estudo de casos. A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

15
 
Observacións avaliación

A/o estudante deberá prestar gran atención á distribución deactividades amosada no cadro de planificación. É fundamental que a/o estudanteasuma que para superar a materia terá que dedicarlle aproximadamente unhas 51horas presenciais e case 100 horas de traballo autónomo, estas últimasdistribuidas entre as seguintes actividades: redacción de informes, preparacióndos seminarios e horas de estudo para o exame de teoría.

A asistencia ós seminarios non éobligatoria pero avaliarase o traballo levado a cabopolo/pola estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude eparticipación nos mesmos con ata un 1% de cualificación final.

Todos os/asestudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. Parasuperar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado enalomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/oestudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos naproba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) ede 4 sobre 10 no resto das avaliacións obrigatorias. A nota global do curso nondeberá ser inferior a 5. Os estudantes que, presentándose a todas asactividades avaliables non acaden os mínimos para superar a materia, seráncualificados cunha nota máxima de 3,5 na correspondente oportunidade. Aqueles que non se presenten a algunha das actividades obrigatorias,recibirá como máximo unha calificación de 2 na correspondiente oportunidade. Para obter a cualificación de "non presentado"a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas.

Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou exame de prácticas de laboratorio. A necesidade de realizar estas probas de recuperación ou otras actividades avaliables pendentes indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: a guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso anterior.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2024/2025 as seguintes datas importantes :

Prácticas de laboratorio: entre setembro e novembro de 2024 (pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación).

Exame de prácticas de laboratorio: novembro de 2024 (pendente por concretar, serán comunicado con antelación).

Saída de campo Criptógamas de bosque húmido (obrigatoria): martes 1 de outubro de 2024. Saída de campo Criptógamas mariñas (voluntaria): sábado 21 de setembro de 2024.

Entrega informes saídas de campo –en pdf- (data límite): martes 15 de outubro de 2024.

Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2024 (pendentes por concretar, serán comunicados con antelación).

Entrega dos informes de casos prácticos -en pdf- e realización de exame de herbario: luns 16 de decembro de 2024.

Entrega dos informes dos traballos titorizados -en pdf-: luns 16 de decembro de 2024


Fontes de información
Bibliografía básica

A principio de curso os profesores porán a disposición do estudantado unha lista de referencias máis completa, especialmente referida a grupos concretos dentro da materia

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA:

ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona.

BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona.

CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs.

DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias.

FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.

GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris.

GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p

KENDRICK B. (2017). The fifth kingdom. An introduction to Mycology. Fourth Edition. Hacket Publishing Company

IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill , Madrid 

PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York.

RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona.

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS:

EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor.

GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025

Observacións

Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao.

Perspectiva de Xénero

Segundo se recolle nas distintas normativasde aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).  Traballarase para identificar e modificar prexuízose actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Programa Green CampusFacultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías