Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fisioloxía vexetal II Código 610G02028
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Carrillo Barral, Néstor
Silvar Pereiro, Cristina
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
n.carrillo@udc.es
c.silvar@udc.es
Web
Descrición xeral Entre as disciplinas nas que o biólogo pode exercer a súa profesión está a Fisioloxía Vexetal, a ciencia que estuda como funcionan as plantas. Esta materia pretende proporcionar coñecementos e habilidades relativos a esta ciencia, así como unha actitude positiva ante ela.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ser capaz de elaborar e expoñer un tema no eido da Fisioloxía Vexetal A8
A18
A29
B1
B8
Ter un coñecemento actualizado dos mecanismos do funcionamento dos vexetais e a súa regulación. A8
A18
A29
Ser capaz de realizar experimentación básica no eido da Fisioloxía Vexetal. A8
A26
A30
A31
B2
Ter unha actitude crítica e constructiva sobre a Fisioloxía Vexetal. B3
B13
Ser capaz de traballar en grupo para resolver cuestións relativas á Fisioloxía Vexetal B1
B2
B5
B7

Contidos
Temas Subtemas
DESENVOLVEMENTO DAS PLANTAS Tema 1. - A PAREDE VEXETAL.
Tema 2. - INTRODUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO VEXETAL.
Tema 3. - AUXINAS.
Tema 4. - XIBERELINAS.
Tema 5. - CITOQUININAS.
Tema 6. - ETILENO.
Tema 7. - ACIDO ABSCÍSICO.
Tema 8. - OUTRAS FITOHORMONAS.
Tema 9. - SISTEMA FITOCROMO E OUTROS FOTORRECEPTORES.
Tema 10. - CICLO VITAL DA PLANTA E DESENVOLVEMENTO VEXETATIVO.
Tema 11. - MOVEMENTOS DAS PLANTAS.
Tema 12. - FLORACIÓN.
Tema 13. - FISIOLOXÍA DA REPRODUCIÓN.
Tema 14. - FORMACIÓN E MADURACIÓN DE FROITOS.
Tema 15. - FISIOLOXÍA DA DURMICIÓN E DA XERMINACIÓN.
Tema 16. - ENVELLECEMENTO, ABSCISION E MORTE DAS PLANTAS.
Programa de prácticas Prácticas sobre os temas da materia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A18 A29 B1 B8 B13 30 72 102
Prácticas de laboratorio A8 A26 A30 A31 B2 B3 B5 B7 B13 15 15 30
Seminario A18 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B13 5 5 10
Proba mixta A8 A18 A26 A29 A30 A31 3 0 3
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do tema complementada con presentacións en Power Point, vídeos e/ou esquemas de pizarra. Durante o desenvolvemento do tema se intercalan preguntas ao alumno para que reflexione sobre elas e as resposte oralmente, previamente á súa explicación polo profesor.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo interactivo dun ou varios temas. Realizarase en grupos moi reducidos de aproximadamente 10 alumnos.
Proba mixta Constará de dúas partes, nas cales se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto teóricos como prácticos. A proba mixta poderá incluír preguntas a desenvolver, tipo test ou problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os/As alumnos/as, en grupos de aproximadamente 10, reuniranse co profesor/a para a elaboración do traballo de seminario. Ademais, en horario de tutorías, cada alumno/a poderá comentar co profesor a marcha do traballo, así como todas as dúbidas que se lle presenten.
Para os/as estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno/a por un traballo escrito

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A18 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira contínua polo profesor. 20
Proba mixta A8 A18 A26 A29 A30 A31 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos. 60% teórico 20% práctico. 80
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios e parte da probamixta

2) Parte práctica, incluída na proba mixta.

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a probamixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira oportunidade. Se o/a alumno/a está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica) é de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba mixta.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o/a alumno/a non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a asignatura.

Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles/as alumnos/as que non concorran ás probas mixtas.

Todos os aspectos relacionados con dispensa
académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse
de acordo co a normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica BUCHANAN et al. (2015). Biochemistry and molecular biology of plants, 2nd edition. Wiley-Blackwell – ASPB
TAIZ, L., ZEIGER, E., MOLLER, I.M. & MURPHY, A. (2018). Fundamentals of Plant Physiology. Sinauer associates, Oxford University Press
TAIZ, L., ZEIGER, E., MOLLER, I.M. & MURPHY, A. (2015). Plant Physiology and Development 6th edition. Sinauer associates, Massachusets
Taiz, L., Zeiger, E., Moller, A.M. & Murphy, A (2022). Plant Physiology and Development, 7th ed. Oxford University Press.
JONES, R. et al. (2013). The molecular life of plants. Wiley-Blackwell – ASPB

 

Bibliografía complementaria AZCÓN-BIETO J, TALÓN M. (2008). Fundamentos de Fisiología Vegetal. McGraw Hill/ Interamericana, España.
CASAL J. (2006). Las plantas entre el suelo y el cielo. Editorial Eudeba
HELDT, H-W & PIECHULLA, B (2021). Plant Biochemistry. Academic Press
ALBERSHEIM et al. (2010). Plant Cell Walls from Chemistry to Biology. Garland Science, EE.UU.
BHATLA, S.C. & LAL, M.A. (2018). Plant physiology, development and metabolism. Springer


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Física/610G02002
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023
Fisioloxía vexetal I/610G02027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organografía microscópica/610G02009
Xenética/610G02019

Materias que continúan o temario
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029
Resposta das plantas en condicións adversas/610G02030

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías