Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fisioloxía vexetal aplicada Código 610G02029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Diaz Varela, Jose
Pomar Barbeito, Federico
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
jose.diaz.varela@udc.es
federico.pomar@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura complementa os contidos adquiridos na Fisioloxía Vexetal I e II, dende un punto de vista aplicado. Nos diferentes temas vanse abordar procesos agrarios, experimentais e industriais, onde os conceptos teóricos da Fisioloxía Vexetal teñen unha aplicación práctica.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ampliar o coñecemento e as bases teóricas-prácticas sobre o uso de produtos de orixe vexetal na industria e na saúde humana e animal. A10
A18
A26
A29
A30
A31
B2
B8
Ampliar os coñecementos especializados sobre os mecanismos fisiolóxicos relacionados coa agricultura e a producción vexetal. Coñecer al técnicas existentes para a mellora da producción vexetal. A10
B2
Adquirir unha primeira visión sobre o cultivo in vitro e a biotecnoloxía vexetal A26
B9
Elaborar e expoñer traballos sobre algún aspecto da Fisioloxía Vexetal Aplicada A21
A26
A29
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución: a Fisioloxía Vexetal na Agricultura.
Tema 2. Produtividade vexetal na Agricultura: rendemento e calidade.
Tema 3. Luz, rego, substratos e fertilizantes.
Tema 4. Produtos fitosanitarios: Fitorreguladores, pesticidas, herbicidas, control biolóxico, loita integrada.
Tema 5. Cultivos protexidos.
Tema 6. Colleita e fisioloxía postcolleita.
Tema 7. Propagación vexetativa e poda.
Tema 8. Introdución ós cultivos celulares. Metodoloxía xeral.
Tema 9. Cultivo in vitro de tecidos vexetais.
Tema 10. Aplicacións actuais do cultivo de células e tecidos vexetais.
Tema 11. Teledetección.
Tema 12. Fluorescencia de clorofilas.
Tema 13. Produtos industriais de orixe vexetal.
Tema 14. Metabolitos secundarios e saúde humana
Desenvolvemento dos temas.
Prácticas Prácticas sobre os temas da materia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A18 A21 A26 A29 B2 B3 B8 23 46 69
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 8 28 36
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 3 0 3
Prácticas de laboratorio A31 A30 20 20 40
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do tema complementada con presentacions en Power Point, videos e/ou esquemas no encerado. Durante o desenvolvemento do tema vanse intercalar preguntas aos estudantes para que reflexionen sobre elas e as respondan oralmente, previamente á sua explicación polo profesor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun ou de varios temas. Realizaránse nos grupos moi reducidos establecidos polo centro, amais do traballo non presencial dos estudantes. Incluirá a elaboración de materiais sobre o(s) tema(s) traballado(s).
Proba mixta Constará de duas partes, nas cales vanse avaliar os coñecementos adquiridos, tanto teóricos coma prácticos. A proba mixta poderá incluir preguntas para desenvolver un aspecto da teoría, tipo test ou problemas
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os estudantes reuniránse co profesor para a elaboración do traballo de seminario nas sesións programadas.
Ademáis, cada estudante poderá comentar co profesor nas horas de titorías todas as dúbidas que se lle presenten.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo escrito.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos.
40% teórico.
20% práctico.
60
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira continua polo profesor. 30
Prácticas de laboratorio A31 A30 Entrega de informes sobre algunha das prácticas realizadas. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica, que inclúe os seminarios e a parte teórica da proba mixta.

2) Parte práctica, que inclúe os informes que se deben entregar e a parte
práctica da proba mixta.

En cada unha delas tense que acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Amais,
será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes,
teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades
avaliables ten que chegar a un mínimo de 5 puntos. Se a media for de 5 ou máis
puntos, pero se obtiver menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou
nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso).

Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unicamente a proba mixta. Nesta
oportunidade mantéñense as cualificacións obtidas na primeira oportunidade nos
seminarios e informes de prácticas. Se o alumno está suspenso na primeira
oportunidade, mais a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica)
é de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que
realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de
repetir a totalidade desa proba.

A asistencia a prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha
ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos,
respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o alumno non
asiste a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a materia. Se non
concorreren ás probas mixtas, os estudantes serán considerados como NON
PRESENTADOS.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal II/610G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Resposta das plantas en condicións adversas/610G02030

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías