Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sostibilidade e Conservación da Fauna Código 610G02034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Llaneza Rodríguez, Luís Aladino
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
luis.llaneza@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de sostenibilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas coa toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Análise de problemas relacionados ca sostenibilidade e a conservación da biodiversidade A1
A4
A6
A9
A20
A22
A23
A26
A29
B1
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B12
B13
Análise interdisciplinar dos problemas de xestión dos recursos vivos e os ecosistemas A1
A6
A9
A18
A20
A22
A23
A24
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Elaboración de propostas de plans de xestión da biodiversidade, dos ecosistemas e dos recursos explotados A1
A4
A9
A22
A23
A24
A27
A28
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Desenvolvemento de proxectos relacionados ca sostenibilidade e a conservación biolóxica A1
A4
A6
A9
A18
A20
A22
A23
A24
A26
A28
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
1. BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN Xestión de recursos naturais vivos. Conceptos.
2. A BIODIVERSIDADE E FUNCIÓN DOS ECOSISTEMAS.

Definición e niveis de biodiversidade. Diversidade taxonómica: Medición da diversidade; Patróns de diversidade biolóxica no espazo e no tempo. Biodiversidade e funcionamento dos ecosistemas
3. SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS E A SÚA VALORACIÓN.

Economía ambiental/Economía ecolóxica. Bens e servizos proporcionados polos ecosistemas. Valoración económica dos servizos dos ecosistemas.
4. SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL PARA A CONSERVACIÓN E O USO SOSTIBLE DA BIODIVERSIDADE


Sostenibilidade. Desenvolvemento sostible. Bases socioeconómicas e legais. Dereitos de propiedade. A traxedia dos comúns. Compoñentes e modelos de sistemas de xestión.
5. EXPLOTACIÓN SOSTIBLE. CONCEPTOS E MODELOS BÁSICOS DE POBOACIÓNS ANIMAIS. O crecemento loxístico; Taxas de crecemento; Capacidade de carga; Sobreexplotación;
6. A PESCA MARIÑA COMO MODELO DE EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS ANIMAIS. A importancia socioeconómica da pesca mariña. Tendencias nas pesquerías mundiais: evolución histórica e estado actual. Estatus dos stocks pesqueiros.
7. EFECTOS ECOLÓXICOS DA PESCA. Actividades humanas que afectan aos ecosistemas mariños. Efectos directos sobre as poboacións.Alteracións de hábitats. Efectos sobre as comunidades e ecosistemas
8. ACUICULTURA: ALTERNATIVA OU FACTOR DE SOBREEXPLOTACIÓN? Crecemento da poboación vs sistemas produtivos. A produción acuícola.Efectos ecolóxicos da acuicultura.Alternativas para unha acuicultura sostible.
9. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS EXPLOTADAS. Obxectivos das avaliacións. Obtención de datos. Métodos directos e indirectos de avaliación.
10. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE RECURSOS EXPLOTADOS. Compoñentes dos sistemas de xestión de pesquerías. Información cientifica para unha xestión preventiva. Medidas de regulación. Principais estratexias de xestión pesqueira. Experiencias sobre logros e problemas das medidas de regulación.
11. FACTORES EXTERNOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Cambios no hábitat . Presenza de organismos alóctonos. Contaminación ambiental. Sobreexplotación. Cambios globais.
12. FACTORES INTRÍNSECOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Problemas das poboacións pequenas. Poboación mínima viable. Variabilidade xenética e poboación efectiva. Causas dos declives das poboacións pequenas
13. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS. Monitorización de poboacións. Modelos predictivos
14. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS E ESPECIES. Conservación in situ vs conservación ex situ
15. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE COMUNIDADES
Áreas protexidas.Establecemento de prioridades de protección. Aproximacións para a designación de áreas protexidas. Deseño. Xestión.
16. RESTAURACIÓN É CONSERVACIÓN. Escalas espaciais e temporais do proceso de degradación de hábitats naturais. Elementos para unha restauración efectiva. Riscos e limitacións nos procesos de restauración ambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A9 A18 A23 A24 A28 B1 B3 B7 B8 B9 B10 21 63 84
Seminario A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 7 21 28
Proba obxectiva A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 4 0 4
Estudo de casos A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 14 14 28
Actividades iniciais B6 B8 B9 B13 1 0 1
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 16 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba de preguntas con respostas curtas, sobre conceptos básicos da materia e problemas teórico/prácticos para que sexan resoltos polo alumno.
Estudo de casos Haberá 3 sesións de prácticas nas que se formularán distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais, que cada alumno resolverá individualmente ou en grupos. Ademais está prevista unha saída ao campo onde se analizarán in situ problemáticas e prácticas relacionadas coa conservación da biodiversidade e os servizos ecosistémicos. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso dedicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, os seminarios programados, e a resolver calquera dúbida relacionada ca materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Estudo de casos
Descrición
En calquera momento durante a exposición das clases maxistrais, dos seminarios ou do estudo de casos, os alumnos poderán formular calquera dúbida que será explicada, debatida ou o que proceda.

Se por razóns debidamente xustificadas, de acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para asistir a algunha sesión maxistral, dos estudos de caso e/ou de seminarios, será atendido a través de titorías personalizadas de apoio, en tempo e forma acordadas polo profesor/a e o estudante, para axudarlle a facer fronte a probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba obxectiva".

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e a realización dun traballo breve sobre o tema tratado. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
30
Proba obxectiva A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 Trátase dunha proba con preguntas de respostas curtas 50
Estudo de casos A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. Ao finalizar o estudo de casos haberá un exame na plataforma Moodle . A nota obtida nesta proba manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios, así como a participación activa en todas estas actividades.

Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Para os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicará a guía docente do curso anterior


Fontes de información
Bibliografía básica Akçakaya HR, MA Burgman & LR Ginzburg (1999). Applied population ecology. Principles and computer exorcices using RAMAS Ecolab (2nd edition). Snauer Associates.
Van Dyke, F. (2008). Conservation Biology. Springer
Pullin AS (2002). Conservation biology. Cambridge University Press.
Primack RB (1993). Essentials of conservation biology.. Sinauer Associates
King, M (2006). Fisheries Biology, Assessment and Management. Blackwell Publishing
Tellería, JL (2012). Introducción a la Conservación de las Especies. Tundra Ediciones. Valencia.
Jennings S, MJ Kaiser & JD Reynolds (2001). Marine fisheries ecology.. Blackwell Science.
Gibbs JP, ML Hunter Jr. & EJ Sterling (1998). Problem-solving in conservation biology and wildlife management. Blackwell Science.
Chaparro, L (2014). Sin mala espina. Guía de consumo responsable de pescado y de marisco. Libros en Acción

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xenética/610G02019
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Debido a que a materia sintetiza coñecementos de materias moi diversas nos eidos da Bioloxía, especialmente de Ecoloxía e Biodiversidade Animal e Medio Ambiente, e que non existe ningún texto que reúna todos os contidos impartidos, recomendase que os alumnos asistan ás clases teóricas.

É esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UDC.

De maneira complementaria, para cada un dos apartados do temario, recomendase unha serie de referencias bibliográficas, todas elas presentes na biblioteca da Facultade, que os alumnos poderán consultar para ampliar coñecementos.

É conveniente contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.

É conveniente contar con coñecementos a nivel usuario de ferramentas informáticas básicas.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos puntos 6 e 8 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)" , os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías