Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Etoloxía Código 610G02038
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Servia García, María José
Correo electrónico
maria.servia@udc.es
Profesorado
Servia García, María José
Correo electrónico
maria.servia@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/bave/index.php/Profesorado/maria-j-servia.html
Descrición xeral A materia ten como obxectivo formar ao alumno de forma que poida comprender os conceptos fundamentais do Comportamento animal, así como a súa evolución a través da acción da selección natural. A materia estructurarase ó redor das catro areas definidas por Tinbergen: causación, ontoxenia, función e evolución.
Abórdase específicamente a selección de hábitat, as migracións e territorialidade, a explotación de recursos e o comportamento alimentario, a selección sexual, reproducción e sistemas de apareamento e coidado parental, a comunicación animal e o comportamento social. Asemade, preténdese introducir ao alumno nos métodos de investigación en Etoloxía.
As actividades de Aprendizaxe-Servizo favorecerán a integración de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia da materia.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender a conducta animal como resultado da adaptación evolutiva nun contexto ecolóxico. A1
A7
A19
Coñecer as técnicas básicas para muestrear e caracterizar o comportamento dos animais. A20
A23
A28
A30
A32
B6
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. A26
B2
Adquirir capacidade de análise crítica, síntese e presentación de información. B3
B7
Traballar de forma colaborativa. B5
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B13
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. A28
B12
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B10
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía A27
Aprender a aprender. B1
Traballar de forma autónoma con iniciativa. B4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B8
B11
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. B9
B12
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. A27
B8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Bases conceptuais da Etoloxía 1.1 Introducción ao estudo do Comportamento Animal.
1.2 Causación e ontoxenia do comportamento.
1.3 Evolución e valor adaptativo do comportamento
1.4 Selección de grupo. Selección de parentesco
Bloque 2. Toma de decisións en animais 2.1 Modelos de optimización na ecoloxía do comportamento
2.2 Estratexias de predación e comportamento antipredatorio
2.3 Selección do hábitat. Dispersión, filopatría e territorialidade
2.4 Orientación e migracións
Bloque 3. Sexo e comportamento 3.1 Reproducción sexual. Custos e beneficios do sexo
3.2 Ecoloxía dos sistemas de apareamento
3.3 Selección sexual
3.4 Coidado parental
Bloque 4. Sociabilidade e comunicación 4.1 Comunicación animal. Deseño, ecoloxía e evolución dos sinais
4.2 Aspectos da organización social
4.3 Comportamentos altruístas e cooperativos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B6 B7 B12 0.65 0 0.65
Sesión maxistral A1 A7 A19 B11 21 47.46 68.46
Traballos tutelados A19 B1 B3 B4 B5 B8 B10 1 7 8
Seminario A19 B1 B3 B7 B9 B10 B11 7 17.5 24.5
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A23 A26 A27 A28 A30 A32 B13 14 21.98 35.98
Proba de resposta breve A7 A19 B2 2.5 0 2.5
Aprendizaxe servizo A7 A19 B2 B7 B8 B13 1.8 6.66 8.46
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Información sobre os obxectivos das actividades e o sistema de avaliación. Pequeno resumo da guía docente.
Sesión maxistral As sesións maxistrais (21) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. O estudantado terá á súa disposición o material empregado nas clases a través do campus Online.
Traballos tutelados Os/as estudantes realizarán traballos en grupo de carácter obrigatorio. A súa elaboración será supervisada pola profesora, en persoa ou mediante ferramentas TIC. As persoas que participen en actividades de Aprendizaxe-Servizo estarán exentos de realizar este tipo de traballos.
Seminario Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. O sistema de avaliación dos mesmos incluirá o grao de participación activa, a calidade das aportacións e/ou o resultado de pequeños exámenes.
Investigación (Proxecto de investigación) Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar ao estudantado no uso do método observacional en Etoloxía. Prevese a elaboración dunha memoria final en forma de breve proxecto de investigación. As actividades terán lugar en galego e inglés. Acordarase coas persoas que participen na actividade de Aprendizaxe-Servizo a exención parcial de realizar algunha das actividades do proxecto de investigación.
Proba de resposta breve Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de presuntas de resposta breve
Aprendizaxe servizo Se as condicións o permiten, os alumnos poderán participar de forma voluntaria nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (APS). De ser posible, ofértanse varias opcións, de xeito que os alumnos poidan escoller temáticas de interese para eles. A participación nesta actividade eximirá da elaboración do Traballo tutelado, e, dependendo do tempo requerido pola actividade de APS, mesmo de parte das actividades do proxecto de investigación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Proba de resposta breve
Aprendizaxe servizo
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
As titorías, a petición do alumno, poden ser empregadas para resolver dúbidas e comentar o programa da materia, tanto o abordado nas sesións maxistrais como nos seminarios e no traballo de prácticas. Ademais, os profesores farán un seguimento dos traballos elaborados polos alumnos, que pode facerse de forma presencial ou a través de ferramentas TIC, de maneira que o traballo final acade unha calidade aceptable. Contémplase tamén a posible necesidade de atención personalizada nas probas de avaliación. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderán realizar todas as actividades previstas baixo a supervisión do profesor e mediante titorías específicas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A23 A26 A27 A28 A30 A32 B13 OBRIGATORIOS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
20
Traballos tutelados A19 B1 B3 B4 B5 B8 B10 OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición. Estes traballos só terán carácter optativo para aqueles alumnos que participen nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo. 15
Proba de resposta breve A7 A19 B2 OBRIGATORIO. No exame final, que constará de preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. As respostas que reproduzan únicamente o contido das dispositivas de clase poderán ser penalizadas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba.
60
Aprendizaxe servizo A7 A19 B2 B7 B8 B13 OPTATIVO. Os alumnos serán avaliados a través de entrevistas individuais e grupais. A calificación, que será a que poderían obter cun traballo tutelado, dependerá da calidade dos materiais elaborados, os contidos aprendidos e a participación activa e responsable nas actividades. 0
Seminario A19 B1 B3 B7 B9 B10 B11 Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa, a calidade das aportacións e/ou a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. Salvo causa xustificada, OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS. 5
 
Observacións avaliación

A teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10 no exame) para poder superar a materia.

A avaliación dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.

Aqueles alumnos que non participen en todas as actividades (agás a APS) non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado (ou APS de ser o caso) manterase nas dúas oportunidades de avaliación.

Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica

ALCOCK, J. (2005). Animal Behavior (8_ ed.). Sinauer Associates, Inc.

ALCOCK, J. (2009). Animal Behavior (9_ ed.). Sinauer Associates, Inc.

CARRANZA, J. (ED.) (1994). Etología. Introducción A La Ciencia Del Comportamiento . Cáceres, Universidad De Extremadura, Servicio De Publicaciones.

CÓRDOBA-AGUILAR, A., GONZÁLEZ-TOKMAN, D. & GONZÁLEZ-SANTOYO, I. (2017). Insect behavior. Glasgow, Oxford University Press

DANCHIN, E., GIRALDEAU, L. & CÉZILLY, F. (2008). Behavioural Ecology. Oxford University Press.

DUGATKIN, L.A. (2009). Principles of Animal Behavior. W.W. Norton, New York.

FREEMAN, S. & J.C. HERRON (2002). Análisis Evolutivo . Madrid, Pearson Educación.

KREBS, J.R. & N.B. DAVIES (1993). An Introduction To Behavioural Ecology . Oxford, Blackwell Scientific Publications

RUBENSTEIN, D.R. (2023). Animal Behavior. Oxford University Press USA

Bibliografía complementaria

 

DRICKAMER, L.C., VESSEY, S.H. & MEIKLE, D. (1996). Animal behavior (4_ed.). Wm. C. Brown Publishers.

GOODENOUGH, J., B. MCGUIRE, & WALLACE, R.A. (2001). Perspectives in animal behavior.  John Wiley & Sons.

GRIER, J.W. & BURK, T. (1992). Biology of animal behavior (2_ed.). Mosby-Year Book

MAIER, R. (2001). Comportamiento animal. Un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/610G02005
Xenética/610G02019
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Materias que continúan o temario

Observacións

Aínda que o profesor poñerá a disposición dos alumnos as presentacións empregadas nas clases, éstas non son máis que guías de estudo , insuficientes para superar a materia . A asistencia a clase e o emprego dos textos recomendados falicitarán a comprensión do temario e a superación dos exames. De detectarse fraude académico nas actividades da materia aplicarase a normativa vixente.

Programa Green Campus Facultadede Ciencias: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel: 1) Non se empregarán plásticos. 2) Realizaranse impresións a dobre cara. 3) Empregarase papel reciclado. 4) Evitarase a realización de borradores.

Ademais, polas características da materia, os contidos e actividades están deseñados para favorecer a ambientalización curricular.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías