Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A3 |
Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontológicas. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Asumir o concepto de tempo xeolóxico |
A3 A29
|
B1
|
|
Comprender o fenómeno da fosilización e a representatividade no rexistro fósil das biosferas primitivas |
A2
|
B1
|
|
Entender cómo os procesos biolóxicos que funcionan a escala xeolóxica de tempo, como a evolución ou as extincións en masa, non poden explicarse por meras proxeccións dos fenómenos que acontecen a escalas de tempo menor |
A2
|
B1 B2
|
|
Afondar no coñecemento da teoría evolutiva desde unha perspectiva mutidisciplinar |
A3
|
B1 B2
|
|
Coñecer de xeito práctico os principais grupos taxonómicos que conforman o rexistro fósil e a súa utilidade |
A1 A2 A3 A4
|
B1 B2
|
|
Identificar os principais bioeventos na historia da Terra e as súas causas e consecuencias |
A2 A3
|
B1 B2
|
|
Sintetizar os coñecementos que compoñen disciplinas aparentemente dispares, como Xeoloxía, Ecoloxía, Microbioloxía, Bioquímica, Botánica ou Zooloxía, no marco conceptual que ofrece unha Terra sometida a contínuo cambio |
A2 A3 A29
|
B1 B2
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE-1. |
HISTORIA E CONCEPTO DE PALEOBIOLOXÍA |
Tema 1. Introducción á Paleobioloxía |
1.1 Introdución
1.2 Rasgos teóricos e rasgos metodolóxicos
1.3 Divisións internas da Paleobioloxía |
BLOQUE-2. |
TAFONOMÍA |
Tema 2. Concepto de Fósil. Tafonomía |
2.1 Introdución
2.2 Concepto de fósil e tipos
2.3 Procesos bioestratinómicos
2.4 Procesos fosildiaxenéticos
2.5 Icnofósiles
2.6 Promediación temporal
2.7 Fossil-lagerstätten
2.8 Representatividade do rexistro fósil
|
BLOQUE-3. |
ANÁLISE MORFOLÓXICA |
Tema 3. Tamaño e Forma en Fósiles |
9.1 Introdución
9.2 Análise da variabilidade morfométrica
9.3 Tipos de crecemento
9.4 Variabilidade poboacional
9.5 Variabilidade ecofenotípica
9.6 Dimorfismo sexual
9.7 Variabilidade tafonómica |
Tema 4. Ontoxenia e Heterocronía |
10.1 Introdución
10.2 Lei Bioxenética e Lei de von Baer
10.3 Heterocronía e os seus tipos
10.4 Heterocronía e alometría
10.5 Heterocronoclinas
10.6 Heterocronía disociada
10.7 Implicacións evolutivas das heterocronías |
Tema 5. Morfodinámica y Evolución Morfológica |
11.1 Introdución
11.2 Morfoloxía construcional. Factor filoxenético. Factor funcional. Factor fabricacional. Outros factores
11.3 Métodos de investigación en morfodinámica. Análise Biomecánica. Morfoloxía teórica |
BLOQUE-4. |
PALEOBIOLOXÍA EVOLUTIVA |
Tema 6. Clasificación e Filoxenia |
12.1 Introdución
12.2 Métodos de clasificación. Esencialismo, clasificacións evolutiva, fenética e cladística
12. 3 Fósiles e filoxenia. Estratocladística. Arbres filoxenéticas |
Tema 7. Especiación |
13.1 Introdución
13.2 Os conceptos de especie
13.3 Modelos de especiación
13.4 O problema do concepto de especie en Paleontoloxía |
Tema 8. Modelos Evolutivos |
14.1 Introdución
14.2 Darwinismo e Teoría Sintética da Evolución
14.3 Modelos de evolución e rexistro fósil. Gradualismo filético e equilibrios interrumpidos
14.4 Taxas de evolución
14.5 Tendencias evolutivas
14.6 Selección de especies
14.7 Estase coordinada |
Tema 9. Paleobioxeografía |
16.1 Introdución
16.2 Bioxeografía da dispersión
16.3 Paleoxeografía e paleoclimatoloxía
16.4 Bioxeografía vicariante
16.5 Patróns bioxeográficos i extincións |
Tema 10. Paleoecoloxía evolutiva |
17.1 Introdución
17.2 Cambios globais de diversidade no Fanerozoico. Hipóteses explicativas
17.3 Lei de extinción constante. Hipótese da Raíña Vermella e hipóteses alternativas
17.4 Interaccións a nivel de clado |
BLOQUE-5. |
BIOESTRATIGRAFÍA |
Tema 11. O Tempo en Xeoloxía |
4.1 Métodos de datación
4.2 A escala xeocronolóxica |
BLOQUE 6. |
HISTORIA DA VIDA |
Tema 12. Orixe e evolución temprana da Terra e da Vida |
5.1 Orixe do Sistema Solar e do Planeta Terra.
5.2 Orixe e evolución da atmósfera.
5.3 Orixe da Hidrosfera.
5.4 Orixe e evolución dos continentes.
5.5 Vestixios das primeiras formas de vida. |
Tema 13. A diversificación da vida |
6.1 As faunas de Ediacara e outras formas de vida.
6.2 A explosión cámbrica.
6.3 Evolución das formas de vida no Paleozoico.
6.4 Terrestrialización |
Tema 14. Eventos de extinción en masa |
7.1 Os eventos de extincións en masa. Causas e consecuencias.
7.2 A extinción finipérmica.
7.3 A extinción finicretácica. |
Tema 15. O clima e a Vida |
8.1 Evolución climática do planeta Terra
8.2 Os episodios de glaciación global. Métodos de estudio.
8.3 A hipótese Snowball Earth
8.3 As fluctuaciones climáticas do Cuaternario e a súa influencia nos seres vivos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A29 B1 B2 |
21 |
63 |
84 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
14 |
21 |
35 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
7 |
10.5 |
17.5 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
4.5 |
7 |
11.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da Paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os estudantes elaborarán os seus propios apuntamentos das clases, así como as leituras obrigatorias de temas específicos. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio destinaranse ao coñecemento dos trazos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como á identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica e contidos en Paleontoloxía Molecular. Os estudantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia. |
Obradoiro |
Os obradoiros pretenden introducir aos estudantes nos conceptos básicos de tafonomía e sistemática mediante a observación directa dos fósiles. Tamén se impartirán contidos en Paleontoloxía Molecular. Os estudiantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia aos obradoiros, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia. |
Proba mixta |
A cualificación baséase principalmente na idea da avaliación continua e, por tanto, a realización do exame final NON É NECESARIA para os estudantes que superasen a avaliación continua. Os estudantes que suspendesen partes específicas da materia terán que realizar o exame final só das partes non superadas (ver Paso 7 "Avaliación"). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba mixta |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Agárdase dos estudantes que atendan a tutorías persoalizadas para aqueles aspectos da materia que requiran dun maior esforzo, como a resolución de cuestionarios, os exames, ou as observacións realizadas durante os obradoiros e prácticas de laboratorio.
Os estudantes a tempo parcial que non poidan asistir aos obradoiros e/ou prácticas de laboratorio poderán quedar exentos destas actividades obrigatorias dentro do horario establecido. Terán, con todo, que resolver as tarefas de obradoiros e prácticas nun horario adaptado ás súas obrigas extra académicas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio, problemas de Paleontoloxía Molecular, e/ou a identificación de fósiles con especímens reais. Estes cuestionarios supoñen un 7% da nota final |
7 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspensas (i. e., clases maxistrais 65%, obradoiros + prácticas de laboratorio 35%) |
0 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 |
A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio, problemas de Paleontoloxía Molecular, e/ou a identificación de fósiles con especímens reais. Estes cuestionarios supoñen un 28% da nota final |
28 |
Sesión maxistral |
A3 A29 B1 B2 |
A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 65% da nota final |
65 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación continua consiste en: 1) Exames sobre o contido das clases de teoría, que constitúen o 65% da nota final 2) Exames sobre o contido das prácticas de laboratorio e os obradoiros, que constitúen un 35% da nota final (exame(s) sobre Paleontoloxía Sistemática/Molecular, 20% + exame de identificación de fósiles "de visu", 15%). A non asistencia ás prácticas de laboratorio e os obradoiros penalizarase como segue: - 1 falta inxustificada ás prácticas/obradoiros = 1 punto sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática/Molecular
- 2 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros = 2,5 puntos sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática/Molecular
- 3 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros supoñen o suspenso da materia (incluíndo as oportunidades de Xaneiro e Xullo)
3) Ademais dos exames, os estudantes deberán demostrar o seu coñecemento da escala cronoestratigráfica cun valor do 0% na cualificación final. Esta proba considérase, por tanto, chave para a superación da materia. Para aprobar esta materia (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros = 100%) os estudantes deberán ter un mínimo de 5.0 sobre 10. No entanto, todas as actividades que compoñen a avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) pódense compensar a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes. Os exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo) só son necesarios para os estudantes que non superasen a avaliación continua. Os estudantes que aprobasen calqueira das partes da avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) poderán manter esta nota en cada un dos exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo), examinándose só das partes que suspendesen. Con todo, para cursos sucesivos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, referirase a un curso académico e, por tanto, volveríase a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso. Baixo circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades educativas especiais, poderanse tomar medidas específicas de avaliación. Só se outorgará a cualificación de "non presentado", para aqueles estudantes que non participasen en máis dun 20% das actividades avaliables programadas durante o curso. Todas as instrucións mencionadas arriba son tamén de aplicación aos estudantes a tempo parcial. Os estudantes de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de Decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia de curso 2023/2024 (consultade a correspondente guía docente). Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
PROTHERO, D. R. (2013). Bringing Fossils to Life. An Introduction to Paleobiology. Columbia University Press, New York
BENTON, M.J. (2020). Cowen’s History of Life. Wiley
MILSOM, C. & RIGBY, S. (2010). Fossils at a Glance. Wiley-Blackwell
DOMÈNECH, R. & MARTINELL, J (1996). Introducción a los Fósiles. Masson
BENTON, M. J. & HARPER, D. A. T. (2020). Introduction to Paleobiology and the Fossil Record. Wiiey-Blackwell
CLARKSON, E. N. K. (2001). Invertebrate Palaeontology and Evolution. Blackwell Science, Oxford
BRIGGS, D. E. G. & CROWTHER, P. R. (2003). Palaeobiology II. Blackwell Science
MARTÍNEZ-CHACÓN, M. & RIVAS, P. eds. (2009). Paleontología de Invertebrados. Sociedad Española de Paleontología
FOOTE, M. & MILLER, A.I. (2007). Principles of Paleontology. W. H. Freeman, New York
PROTHERO, D. R. (2020). The Evolving Earth. Oxford University Press |
|
Bibliografía complementaria
|
(). Digital Atlas of Ancient Life. https://www.digitalatlasofancientlife.org
(). Museo Virtual de Paleontología de la Universidad de Huelva . https://www.uhu.es/museovirtualpaleontologia/index.html
(). Paleo3D: La Colección de Prácticas Virtual del Área de Paleontología de la Universitat de València. http://paleo3d.uv.es
(). Paleobiology Database (PDBD). https://paleobiodb.org |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xeoloxía/610G02004 | Xeografía física/610G02006 | Xenética/610G02019 | Xenética de poboacións e evolución/610G02021 | Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024 | Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025 | Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía II/610G02032 | Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039 | Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033 |
|
Materias que continúan o temario |
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010 | Adaptacións funcionais da fauna ao medio/610G02037 |
|
Observacións |
Os estudantes que teñan calqueira tipo de dúbida ou queiran discutir os temas impartidos na clase son sempre benvidos no horario de titorías. É moi importante que comuniquen calqueira tipo de problema que afecte ao seu rendemento académico, posibilidade de facer exames ou asistencia ás clases, especialmente no caso de alumnos estranxeiros. Programa Green Campus da Facultade de Ciencias Esta materia segue o Programa Green Campus sobre sustentabilidade da Facultade de Ciencias (https://ciencias.udc.es/images/Facultade/Green_Campus/Declaraci%C3%B3n_Ambiental_FCiencias.pdf). Perspectiva de xénero
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|