1- Asistencia e participación nas clases, tanto de índole teórica como práctica. 2- Realización de todos os problemas resoltos en clase con e sen axuda do software estatístico. 3- Complementar o material facilitado polo profesorado con axuda da bibliografía recomendada. 4- Lectura e estudo continuo da materia e realización dos cuestionarios e listados de problemas proporcionados polo profesorado. 5- Participación activa nos seminarios programados para a presentación e defensa de traballos propostos polo profesorado. 6- Familiarizarse co software mediante un uso regular e continuado do mesmo. 7- Tentar aplicar as técnicas estatísticas a problemáticas propostos noutras materias do curso. 8- Uso regular e aproveitamento das sesións de titoría personalizadas. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental daFacultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente enformato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización deborradores.
Perspectiva de xénero "Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...)". "Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade". "Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas". |