Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Mecánica e Ondas Código 610G04002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
luisa.segade@udc.es
Profesorado
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
luisa.segade@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo fundamental da materia é a adquisición de conceptos básicos de mecánica clásica e ondas, que faciliten a comprensión das materias de Física ou de outras disciplinas que forman parte do plan de estudos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Aprender a traballar cos distintos sistemas de coordenadas A1
A2
A3
B5
B7
B8
Comprender os fundamentos da mecánica clásica Newtoniana A1
A2
A3
B1
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C1
C2
C4
C7
C8
C9
Coñecer as propiedades das ondas e a súa representación analítica A1
A2
A3
B1
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B11
C1
C2
C4
C7
C8
C9
Saber como se pode influir nunha onda forzánoa, así como súa atenuación A1
A2
A3
B1
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B11
C1
C2
C4
C7
C8
C9
Entender o fenómeno da resonancia e a formación de ondas estacionarias A1
A2
A3
B1
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B11
C1
C2
C4
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. Introdución 1.1. Magnitudes
1.2. Vectores
1.3. Sistemas de coordenadas
BLOQUE 2. Mecánica 2.1. Cinemática dunha partícula
2.2. Dinámica dunha partícula
2.3. Traballo e enerxía
2.4. Dinámica dun sistema de partículas e do sólido ríxido
2.5. Estática
2.6. Fluídos
BLOQUE 3. Ondas 3.1. Oscilacións
3.2. Ondas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 B5 B8 B9 B11 C4 C7 C8 C9 32 56 88
Solución de problemas A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C8 16 40 56
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da mecánica e as ondas.
Solución de problemas Aplicación dos conceptos presentados nas sesións maxistrais mediante a resolución de exercicios de maneira interactiva. Realizaranse actividades que impliquen a entrega de exercicios que formen parte da avaliación.
Proba mixta Realización de forma individual de probas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada consistirá no seguimento dos resultados das actividades realizadas ou ben na resolución das dúbidas relacionadas coa súa elaboración, e terán lugar de forma individual ou en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 Realizarase unha proba parcial (PARCIAL 1) que podería liberar materia da proba final (tanto da primeira como da segunda oportunidade) en caso de alcanzar a puntuación mínima esixida.
O exame final, composto polo PARCIAL 1 e o PARCIAL 2, computa ata un 80% da nota final.
80
Solución de problemas A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C8 Realizaranse actividades que impliquen a entrega de exercicios que formen parte da avaliación. Os exercicios realizaranse de forma individual ou en grupo. 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Aproximadamente á metade de cuadrimestre, realizarase unha proba parcial
(PARCIAL 1) que podería liberar materia do exame final no caso de que o
estudante alcance unha puntuación mínima de 1,6 puntos sobre 4,0.

Durante o período de docencia, propoñerase a solución de problemas de forma autónoma que poderá realizarse en grupo. Esta actividade terá un peso na cualificación dun máximo de 2,0
puntos sobre 10 e non se requirirá puntuación mínima.

Coincidindo coa data oficial de avaliación da primeira oportunidade,
realizarase un exame final que constará de dúas partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).

Para aprobar a materia, os estudantes terán que alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación e, ademais, terán que obter unha puntuación mínima de 1,6
puntos sobre 4,0 en cada un dos dous parciais de que consta o exame
final.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Realizarase un exame final que constará de dúas partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).

Aqueles estudantes que na primeira oportunidade alcanzasen nalgún dos dous
exames parciais un mínimo de 1,6 puntos sobre 4,0 terán a opción de non
repetilo na segunda oportunidade e, por tanto, conservar a cualificación
anteriormente obtida. A cualificación obtida xunto correspondente ás actividades de solución de problemas conservarase na segunda oportunidade.

Para aprobar a materia os estudantes haberán de alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación (traballo e parciais) e, ademais, terán que obter unha
puntuación mínima de 1,6 puntos sobre 4,0 en cada un dos dous parciais.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE DICIEMBRE

A avaliación consistirá na
realización dun exame final que constará de dúas partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2). A cada parcial corresponderalle unha puntuación de 5,0
puntos e será requisito imprescinble para aprobar obter unha puntuación
mínima de 2,0 puntos sobre 5,0 en cada un dos dous parciais.

TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA

A avaliación consistirá na
realización dun exame final que constará de dúas partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2). A cada parcial corresponderalle unha puntuación de 5,0
puntos e será requisito imprescinble para aprobar obter unha puntuación
mínima de 2,0 puntos sobre 5,0 en cada un dos dous parciais.



CUALIFICACIÓN AO FINAL DO PROCESO DE AVALIACIÓN



  1. Aqueles estudantes que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5,0 puntos, aprobarán a materia.
  2. Aqueles estudantes que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das partes do exame final (40% da súa puntuación), esta non computará na cualificación final e, ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.

A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.

OBSERVACIÓNS XERAIS

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Raymond A. Serway, John W. Jewett (2005). Física para ciencias e ingenierías. Thomson
Paul A. Tipler, Gene Mosca (2011). Física para la ciencia y la tecnología. Reverté

Bibliografía complementaria Marcelo Alonso, Edward J. Finn (2000). Física. Addison-Wesley
Santiago Burbano de Ercilla, Enrique Burbano Garcia, Carlos Gracia Muñoz (2006). Física general. Tébar
José María De Juana Sardón (2007). Física General. Volumen 1. Pearson
Raymond A. Serway, John W. Jewett, Jr. (2014). Physics for scientists and engineers. Brooks/Cole, Cengage Learning
Santiago Burbano de Ercilla, Enrique Burbano Garcia, Carlos Gracia Muñoz (2006). Problemas de física. Tébar
Hugh D. Young (2007). Sears & Zemansky college physics. Pearson
Richard P. Feyman, Robert B. Leighton, Matthew Sands (1975). The Feyman lectures on physics Feynman física. Fondo Educativo Interamericano


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fundamentos de Matemáticas/610G04001

Materias que continúan o temario

Observacións

COÑECEMENTOS PREVIOS

Recoméndase ter coñecementos de Física de 1º e 2º de Bacharelato.

PROGRAMA GREEN CAMPUS FACULTADE DE CIENCIAS

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b). De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías