Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Laboratorio Básico Integrado Código 610G04004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Beceiro Novo, Saúl
Correo electrónico
saul.beceiro@udc.es
Profesorado
Beceiro Novo, Saúl
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Pomar Barbeito, Federico
Rilo Siso, Esther
Ruiz Bolaños, Isabel
Silvar Pereiro, Cristina
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
saul.beceiro@udc.es
pablo.ligero@udc.es
federico.pomar@udc.es
esther.rilo.siso@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
c.silvar@udc.es
alberto.de.vega@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/course/view.php?id=8993
Descrición xeral Nesta materia eminentemente práctica o estudante comprenderá conceptos e metodoloxías fundamentais do traballo no laboratorio. Familiarizarase coas técnicas experimentais básicas de laboratorio de química, física e bioloxía, os tres módulos nos que está dividida a materia. Aprenderá o manexo do material básico dos distintos laboratorios e a forma de analizar, presentar e expresar os datos e observacións feitas nos distintos módulos. De forma transversal, insistirase nas medidas de seguridade e prevención de riscos nos laboratorios tanto químicos coma físicos e biolóxicos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Aplicar habilidades para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais en laboratorios físicos, químicos e biolóxicos, ao mismo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. A4
A6
A8
B2
B3
B7
B10
B12
C6
C7
Interpretar e presentar datos experimentais a través dun portafolio persoal. A7
B2
B5
B7
B9
B12
C9
Demostrar coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos, o material e o instrumental máis habitual en laboratorios físicos, químicos e biolóxicos, sendo consciente de sus características máis importantes, incluindo o perigo e os posibles riscos. A2
A4
A8
B2
B4
B5
B8
B12
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Técnicas Básicas nun laboratorio de física. - Cálculo de incertezas experimentais directas e indirectas.
- Expresión correcta das magnitudes físicas experimentais.
- Análisis e Representación gráfica dos resultados experimentais.
- Presentación de resultados ciéntificos.

Todas estas competencias serán desenvolvidas no estudo de diferentes experiencias físicas como as seguintes:
- Medida da densidade con picnómetros ou principio de Arquímedes.
- Medida da viscosidade con viscosímetro de Ostwald.
- Medida da tensión superficial dun líquido.
- Medida da conductividade iónica en electrolitos en función da concentración.
- Calibrado de termómetros
- Determinación do equivalente eléctrico do calor mediante calorimetría.
- Medida do índice de refracción de materiais.
- Medida da constante gravitatoria co péndulo físico.
- Verificación das leis dos gases ideais.
- Asociación de resistencias e leis de Kirchhoff.
- Medida da vida media dun radio isótopo
- Interferencia óptica
- Estudio de oscilacións.
Módulo 2. Técnicas Básicas nun laboratorio de química. - Seguridade no laboratorio de Química. Clasificación, envasado e etiquetado de produtos químicos. Fichas de seguridade. Calidade dos reactivos. Xestión de residuos no laboratorio. Utilización de equipos de protección.
- Material xeral nun laboratorio químico. Material gravimétrico e volumétrico.
- Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio. O caderno de laboratorio.
- Preparación de disolucións e repaso das unidades de concentración.
- Valoración ácido-base
- Separación de líquidos. Destilación.
- Separación de sólidos. Filtración.
- Calorimetría. Determinación de calores de reacción en calorímetro.
Modulo 3. Introducción al laboratorio biolóxico. - Normas básicas de traballo seguro no laboratorio biolóxico.
- Uso correcto de material de laboratorio biolóxico.
- Preparación de disolucións tampón biolóxicas.
- Dilucións seriadas e rectas patrón.
- Preparación de medios de cultivo.
- Cultivo de microorganismos.
- Funcionamiento e manexo básico de lupas binoculares e microscopios.
- Uso de pH-metro e espectrofotómetro.
- Extracción de macromoléculas.
- Búsqueda de información bibliográfica, citas e referencias. Bases de datos e recursos informáticos de interese en bioloxía.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C6 C7 C8 1 0 1
Prácticas de laboratorio A4 A6 A8 B2 B4 B5 B8 60 48 108
Proba obxectiva A2 B3 B10 B12 C9 2 18 20
Portafolios do alumno A7 B7 B9 0 18 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentaranse os distintos módulos da materia, incluindo os obxetivos da mesma, a forma na que se desenvolverá, así como o calendario e demáis información de interese.
Prácticas de laboratorio Sesións nos laboratorios respectivos, onde se manexará material específico para as distintas prácticas, que cubren un amplo abano de técnicas básicas Físicas, Químicas e Biolóxicas. O alumnado disporá en Moodle do guión da práctica concreta que se realizará nesa sesión, onde se lle indicarán os obxectivos da mesma, o material dispoñible e as recomendacións de saúde e seguridade pertinentes.
Proba obxectiva Constará dun exame de preguntas cortas ou tipo test e se realizará nas datas fixadas no calendario de exames aprobado pola Facultade.
Portafolios do alumno Refírese á coñecida como libreta ou caderno de laboratorio. O/A alumno/a debe recoller de forma precisa o obxectivo, o desenvolvemento da práctica e as observacións realizadas, así coma a representación e análise dos datos obtidos se así fose solicitado. O caderno entregarase ao profesorado de cada módulo para a súa avaliación e cualificación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Portafolios do alumno
Descrición
As titorías do profesorado, que poderán ser virtuais, serán un recurso imprescindible para que o alumnado poida consultar todas as dúbidas que se lle presenten, o cal redundará na calidade do seu caderno de laboratorio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A7 B7 B9 O caderno de laboratorio é o elemento principal na avaliación da materia, tendo en conta o seu carácter eminentemente práctico. O caderno recolle tanto o traballo realizado polo/a alumno/a no laboratorio, coma a súa capacidade de transmitir as súas observacións, analizar os resultados e obter conclusións baseadas nos datos.
O prazo de entrega do caderno de cada módulo, para a súa avaliación polo profesorado correspondente, será unha semana despois de rematar as prácticas do módulo.
70
Proba obxectiva A2 B3 B10 B12 C9 A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test ou de preguntas cortas, de cada un dos módulos. A finalidade desta proba é comprobar a asimilación dos coñecementos adquiridos no laboratorio.
A proba terá lugar na data marcada no calendario de exames oficiais da Facultade.
30
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións de
prácticas programadas é obrigatoria. Máis dunha falta sen xustificar implicará
a non superación da materia. Os alumnos que cheguen máis de 10 minutos tarde a unha sesión sen xustificación contarán como non presentados para esa práctica. As faltas deberán xustificarse sempre e, no caso de ser xustificadas recuperarse noutro grupo sempre que sexa posible. 
A cualificación global será
a media das cualificacións de cada un dos 3 módulos. Para superar a materia é
preciso acadar un mínimo de 5/10 en todos e cada un dos módulos. 

De non aprobar algún/s dos
módulos, o/a alumno/a terá que recurrir á segunda oportunidade, na que se
manterá a cualificación dos módulos aprobados. 
O alumnado que vaia á segunda
oportunidade terá que corrixir o/s caderno/s de laboratorio correspondente/s, e
entregalos para unha nova avaliación nun prazo de 30 días a partir da
publicación das notas definitivas da primeira oportunidade
. A cualificación
desta revisión xunto coa cualificación do exame de xullo será a nota da 2ª
oportunidade, manténdose as porcentaxes de 70% caderno e 30% exame igual que na
primeira oportunidade. Se un alumno quere gardar a nota do caderno ou do exame da primeira oportunidade e só recuperar a outra parte na segunda oportunidade podería presentarse só a unha das partes e gardar a nota obtiva na primeira oportunidade da outra parte. 
A guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso en vigor e seguirá o mesmo procedemento de mellora dos cadernos e repetición dos exames de cada parte que a segunda oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Fontes de información
Bibliografía básica Karp, G. (2011). Biología Celular y Molecular. Conceptos y experimentos. . McGraw-Hill Interamericana Eds.
Cerdán Villanueva, M. E., Freire Picos, M. A., González Siso, M. I. & Rodríguez Torres, A. M. (1997). Biología Molecular. Avances y Técnicas generales. . A Coruña. Universidade da Coruña
Tortora, A, G.J., Funke, B. R. & Case, C.L (2017). Introducción a la Microbiología . McGraw-Hill Interamericana Eds. 12 ed.
Insausti, M.J., Redondo, P., Charro E. (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Torrecilla, M.I. (1994). Prácticas de Física General.. Zaragoza. Prensas Universitarias de Zaragoza.
Ortega Girón, M.R. (1980). Prácticas de laboratorio de física general.. Barcelona
Petrucci, R. H.; Harwood, W. S.; Herring, F. G (2003). Química General. . Madrid, 8ªEd, Pearson Educación

Bibliografía complementaria H. Kennet (2014). Cambridge IGCSE physics. Laboratory practical book.. Hodder Educational. Londres.
Singer (2001). Experiments in Applied Microbiology. . Academic Pres.
Ninfa, A. J. (2010). Fundamental laboratory approaches for biochemistry and biotechnology.. Hoboken: John Wiley and Sons
Varios (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio. . Universidade da Coruña
J.D. Wilson (2015). Physics laboratory experiments.. Boston, MA : Cengage Learning.
Loyola-Vargas, V.M. y Vázquez-Flota F. (2006). Plant cell culture protocols. . Humana Press. 2nd Edition.
A. Amengual Colom (2003). Prácticas virtuales de física básica.. Palma de Mallorca. Universitat de les Illes Balears.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioloxía Celular/610G04003
Química: Enlace e Estrutura/610G04005
Mecánica e Ondas/610G04002

Materias que continúan o temario
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025
Cinética e Catálise/610G04026
Termodinámica: Equilibrio e Fases/610G04018
Bioquímica Estrutural/610G04019
Bioquímica Molecular e Metabólica/610G04023
Electricidade e Magnetismo/610G04007
Química dos Elementos/610G04011
Química: Equilibrio e Cambio/610G04008

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías