Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquisición de habilidades e coñecementos experimentais suficientes para utilizar de manera correcta o material e os produtos máis habituais nun laboratorio químico. Interpretar os resultados obtidos no laboratorio. |
A7 A8
|
B2 B3 B7 B8 B9
|
C1 C2 C3 C6
|
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálisis e os mecanismos de reacción. |
A1 A2 A7
|
B1 B2 B3 B8 B9
|
C1 C2 C3
|
Comprender os principios elementais da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A1 A2
|
B6 B7 B8 B9
|
C1 C3
|
Coñecemento do equilibrio químico, equilibrio ácido-base, equilibrio de formación de complexos, equilibrio de solubilidade, equilibrio red-ox e electroquímica. |
A1 A2 A3 A7
|
B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9
|
C1 C2 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Termoquímica. |
Introducción á Termodinámica. Termoquímica. Calor, trabajo e enerxía interna. Primer principio da Termodinámica. Calor de reacción a volumen constante e a presión constante. Concepto de entalpía. Entalpía estándar de formación. Calorimetría: medida de calores de reacción. Ley de Hess. Entalpía de enlace e entalpía de reacción. Aplicacións en nanociencia. |
2. Espontaneidade e Equilibrio. |
Segundo principio da Termodinámica. Concepto de entropía. Enerxía libre de Gibbs. Espontaneidade. Concepto de equilibrio químico e as constantes de equilibrio. Cociente de reacción Q. Modificacións das condicions de equilibrio: principio de Le Châtelie. Relación entre enerxía de Gibbs e constante de equilibrio. Predicción do cambio químico. Dependencia coa temperatura. Aplicacións en nanociencia. |
3. Equilibrio Acedo Base. |
Revisión da teoría de Arrhenius. Teoría de Bronsted-Lowry. Autoionización da auga e escala de pH. Acedos fortes e bases fuertes. Acedos débiles e bases débiles. Ácidos polipróticos. Ions como acedos e bases. Acedos e bases de Lewis. Efecto do ion común. Disolucions reguladoras. Indicadores. Reaccions de neutralización e curvas de valoración. Aplicacións en nanociencia. |
4. Equilibrio de Formación de Complexos. |
Consideracións xerais. Tipos de ligandos. Constantes de formación e disociación. Reaccións acedo-base dos ions complexos. Aplicacións en nanociencia. |
5. Equilibrio de Solubilidade. |
Producto de solubilidade e solubilidade. Efecto do ion común. Precipitación total e fraccionada. Factores que inflúen na solubilidade das sales: efecto do ión común, efecto salino, pH e formación de complexos. Aplicacións en nanociencia. |
6. Electroquímica. |
Conceptos básicos: reaccións redox. Potencial de electrodo e potencial estándar de electrodo. Relación entre potencial, energía libre de Gibbs e constante de equilibrio. Variación de enerxía coa concentración: ecuación de Nernst. Equilibrios mixtos: influencia de outros equilibrios. Baterías e pilas. Corrosión. Electrólise. |
7. Equilibrio de Adsorción-Desorción |
Adsorción. Desorción. Equilibrio de adsorción-desorción. Modelo de Langmuir. |
8. Introducción á cinética química. |
Velocidade de reacción e temperatura. Medida da velocidade de reacción. Ecuación de velocidade, orden de reacción, molecularidad. Relación entre cinética e equilibrio. Influencia da temperatura. Ecuación de Arrhenius. Teoría de colisións. Teoría do estado de transición. Catálise homoxénea e heteroxénea. Aplicacións en nanociencia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 B1 B2 B6 B8 B9 C1 C3 C6 |
28 |
56 |
84 |
Seminario |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 |
6 |
21 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A7 A8 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C6 |
15 |
15 |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 |
2 |
3 |
5 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesorado desenvolverá os contidos fundamentais de cada un dos temas mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Para o seu mellor aproveitamento, os/as estudantes dispoñerán con antelación dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal na web da materia (Moodle). Potenciarase a participación dos/das estudantes. Impartirase en grupo grande. |
Seminario |
Sesións impartidas en grupo reducido, dedicadas ao análise e resolución de problemas e cuestións, coa participación activa do alumnado e do profesorado. Os exercicios asignados ao alumnado serán publicados previamente polo docente na web da materia (Moodle) para que os resolvan e entreguen antes do seminario. |
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio (en grupo pequeno) o/a estudante desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o/a estudante non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesorado. Realizaranse unha ou varias probas curtas para avaliar o grado de racionalización dos contidos teóricos cos experimentales. Impartirase unha sesión inicial (grupo pequeno) para expor ao alumnado os contidos e dinámica das prácticas. |
Proba obxectiva |
Periodicamente, nos seminarios e na aula virtual Moodle, realizaranse probas curtas nas que o estudante deberá resolver exercicios e/ou tests de forma razoada, o que permitirá avaliar o seu grao de comprensión dos aspectos máis importantes da materia e potenciar a avaliación continua ao longo do curso. Esta metodoloxía busca fomentar que o estudante manteña un esforzo constante no estudo da materia. |
Proba mixta |
O/a estudante deberá realizar unha proba mixta do conxunto da materia que permita avaliar o grao de adquisición de coñecementos e competencias polo alumnado. Nela incluiranse cuestións e problemas sobre os contidos de toda a materia que deberán resolver dun xeito razoado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios o profesorado supervisa para cada estudiante a metodoloxía aplicada no proceso de resolución dos problemas que se propoñen, resolvendo de forma individual as dúbidas formuladas polo/a estudiante e guiando o proceso de aprendizaxe.
Nas sesións de laboratorio tamén lévase a cabo unha atención personalizada da adquisición de destrezas e coñecementos por parte do alumnado.
Cando o profesorado o considere necesario, poderá convocar aos/ás estudantes a tutorías individualizadas para orientalos en relación ao seu desenvolvemento na materia, estableciendo o horario de acordo con eles. Con independencia das titorías propostas polo profesorado, o/a estudante pode realizar titorías a petición propia (presenciais ou virtuais) dentro das titorías semanais que o profesorado pon a disposición do alumnado.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a orientación e resolución de dúbidas dos contidos da materia.
O/a estudante nesta situación debe falar co Profesorado responsible na primeira semana do curso para sustituir o reximen presencial por outras actividades calificables.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 |
A proba mixta consistirá na resolución de problemas e cuestións relativos aos contidos do conxunto da materia. Esta proba final realizará nas datas oficiais acordadas no Centro.
|
55 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 |
As probas obxectivas levaranse a cabo periodicamente e consistirán na realización de exercicios curtos nos seminarios e de tests de autoavaliación na aula virtual, co fin de avaliar o grao de comprensión do alumnado dos aspectos máis importantes da materia. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A7 A8 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C6 |
A realización das prácticas é obrigatoria para aprobar a materia. Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do/ alumno/a na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc.
Avaliarase o grao de racionalización mediante probas curtas sobre as prácticas. A rúbrica de avaliación das prácticas presentarase ao comezo do curso e estará dispoñible no campus virtual da materia. |
15 |
Seminario |
A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 |
Valorárase a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión e tamén a participación do/a alumno/a a través da formulación de preguntas antes ou despóis do desenvolvemento dos seminarios. A rúbrica de avaliación dos seminarios presentarase ao comezo do curso e estará dispoñible no campus virtual da materia. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación global comporase dos seguintes porcentaxes: Proba mixta: 55% Prácticas de laboratorio: 15% Avaliación continua: 30%. Consistirá na cualificación obtida nos seminarios e nas probas obxectivas (10% e 20%, respectivamente, da nota global) nas dúas oportunidades. Os/as estudantes que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen os tests de autoavaliación obterán unha cualificación de 0 neses apartados nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.
Dado que a cualificación se basea no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do estudante ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1.0 puntos que se poderá sumar á cualificación global. - Para superar a materia será obrigatorio:
1) A realización das prácticas de
laboratorio. 2) Obter unha cualificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas
prácticas de laboratorio e na proba mixta. E no caso de
non alcanzar dita puntuación mínima nalgunha destas actividades
avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación
media sexa igual ou superior a 5 (nese caso a puntuación asignada será
de 4,5).
-Os/as estudantes que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 neses apartados (30% da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.
- Na primeira e segunda
oportunidade, os/as estudantes que fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5,
tendrán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta
proba específica sustituírá á cualificación obtida nas prácticas para a
cualificación global.
- O/a estudante obterá a cualificación de non presentado cando non
realice as prácticas de laboratorio e tampouco se presente á proba mixta. Polo
que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
enseñanza-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un curso
académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso, incluidas todas as actividades
e procedimientos de avaliación que se programe para dicho curso. -Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na
segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os/as estudantes avaliados na segunda
oportunidade sólo poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas
para o correspondiente curso non se cubrió na súa totalidade na primeira
oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivas e adecuadamente xustificadas, o Profesorado Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. Estudantes con recoñecemento de adicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
A realización das prácticas de laboratorio será
obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios
de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraranse exentos das
sesións maxistrais, aínda que se lles facilitará a asistencia ao maior número
posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o estudante realizará
un traballo titorizado. Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades. O alumnado en réximen de estudos a tempo parcial por traballo ou debidamente xustificado tendrán que falar co Profesorado Responsable na primeira semana semana do curso para substituír o réxime presencial por outro tipo de actividades calificables. Estas actividades indicaranse nun plan individual de traballo que se entregará ao estudante.
Todos os aspectos relacionados con “ dispensa académica”, “ dedicación ao estudo”, “ permanencia” e “ fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2011). Química General: principios y aplicaciones modernas. Madrid, 10ª Ed., Prentice Hall. - Levine, I.N. (2014). Principios de Fisicoquímica. México, 6ª Ed., MacGraw Hill. Tamén existen edicións anteriores do libro de texto recomendado Petrucci. Por exemplo na biblioteca disponse de exemplares da 8ª Ed., con referencia: QX-240. |
Bibliografía complementaria
|
|
- Reboiras, M.D. (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson Paraninfo, S.A. - Chang, R. L (2013). Química. 11ª Ed., México, Mc Graw Hill En xeral calquera libro detexto de química xeral serve como guía de estudo para a materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química: Enlace e Estrutura/610G04005 | Laboratorio Básico Integrado/610G04004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Nanofabricación/610G04040 | Cinética e Catálise/610G04026 | Termodinámica: Equilibrio e Fases/610G04018 |
|
Observacións |
Co fin de superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumnado teña unha serie de coñecementos previos de química e de matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos, identificación do carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, expoñentes, etc. RECOMENDACIÓN DO PROGRAMA GREEN CAMPUS: para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se soliciten nesta materia:
(a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
(b) De realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado y evitarase a realización de borradores. De acordo coa lexislación vixente e segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia vixiarase polo cumprimento da perspectiva de xénero. Así, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas correctoras e traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
|
|