Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fundamentos de Informática Código 610G04010
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Eiras Franco, Carlos
Correo electrónico
carlos.eiras.franco@udc.es
Profesorado
Eiras Franco, Carlos
Rodríguez Arias, Alejandro
Suárez Marcote, Samuel
Correo electrónico
carlos.eiras.franco@udc.es
alejandro.rodriguez.arias@udc.es
s.suarez.marcote@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/course/view.php?id=15392
Descrición xeral Asignatura de formación básica que consta de 6 créditos e que introducirá á/ó estudante nas áreas fundamentais desta materia. Os Sistemas Informáticos son sistemas capaces de almacenar e procesar información por medio de diferentes elementos software e hardware. Ó rematar a asignatura, a/o estudante será dotado cos coñecementos básicos en Sistemas Informáticos, necesarios para comprender e achegarse con garantías ás asignaturas máis avanzadas de cursos posteriores.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender os aspectos fundamentais da informática B4
B5
B6
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C5
C8
Coñecer a arquitectura e o funcionamiento básico dun ordenador B2
B5
B6
C3
C8
Coñecer cómo se representa internamente a información nun computador A10
B6
C1
C2
C5
C8
Aprender os fundamentos dos sistemas operativos e das bases de datos A7
A10
B2
B3
B7
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C7
C9
Aprender e comprender os aspectos fundamentais dos distintos paradigmas de programación A7
B2
B5
B6
B7
B10
B11
B12
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Sistemas operativos - Sistemas de ficheiros
- Liña de comandos
- Usuarios, perfiles e tipos de acceso
2. Introducción á programación - Qué é unha linguaxe de programación
- Tipos de datos e operadores
- Sentencias de control
- Funcións e procedementos
- Uso de librerías
- Bos hábitos de programación
3. Bases de datos - Modelo relacional
- Modelo entidade-relación
- A linguaxe SQL
4. Redes - Introducción e modelo de capas
- Configuración das capas de ligazón e rede

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 B2 B6 B7 C3 C7 C8 C9 12 34 46
Seminario A7 B2 B6 B7 C3 C8 8 8 16
Proba mixta A7 B2 B3 B4 B6 B7 B11 C3 C6 C9 2 0 2
Sesión maxistral A7 A10 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C5 C6 C8 28 56 84
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Nas sesións de prácticas o alumno realizará tarefas de manexo de sistemas operativos, codificación de programas en linguaxe Python e deseño e manexo de bases de datos. Os enunciados das prácticas proporcionaranse coa suficiente antelación para que os alumnos poidan aproveitar mellor o seu tempo. É misión do profesor supervisar o código xerado polo alumno para resolver dúbidas, corrixir malos estilos de programación e correxir erros.
Seminario Nas sesións de seminario realizaranse exercicios e prácticas coa finalidade de detectar nos alumnos lagoas de coñecemento na materia impartida ata ese momento, e dar as explicacións e/ou referencias necesarias para enmendalas
Proba mixta No periodo de avaliación realizaráse unha proba de coñecementos teóricos e de resolución de problemas prácticos para avaliar a adquisición das competencias por parte do alumno.
Sesión maxistral Nas sesións de teoría, o profesor describe os obxectivos e os contidos da materia, para dar unha visión particular do tema a tratar e relacionalo con outros dentro da asignatura. Despois desenvólvese o tema correspondente na forma de sesión maxistral, axudándose das ferramentas técnicas dispoñibles, facendo fincapé en certas cuestións nas que o alumno debe profundar no seu autoaprendizaxe. O obxectivo é que os alumnos adquiran os coñecementos informáticos necesarios para desenvolverse adecuadamente na súa vida profesional. Utilizarase Python como linguaxe de codificación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas a través de TIC
Descrición
Tanto nas sesións maxistrales como nos laboratorios de prácticas e nas sesións de seminario levarase unha atención personalizada do alumno, en distintos niveis segundo sexa o tipo de clase, detectando o nivel de asimilación e comprensión dos temas explicados e as prácticas requiridas a implantar.

Nas sesións de seminario é onde se pode chegar máis ao alumno para coñecer as lagoas que presente e indicarlle o camiño para cubrilas.

A resolución de dúbidas e cuestións farase nas horas de clase ou nas horas establecidas como titorías de cada profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A7 B2 B6 B7 C3 C8 As horas de seminarios contarán con mecanismos de avaliación dos progresos do alumno. Esta avaliación reflictirase no 10% da nota final. 10
Prácticas a través de TIC A7 B2 B6 B7 C3 C7 C8 C9 Ó longo do curso realizaránse prácticas, por valor acumulado máximo do 40% da nota final. 40
Proba mixta A7 B2 B3 B4 B6 B7 B11 C3 C6 C9 O exame final constará de cuestións teóricas, e de varios exercicios de posta en práctica das competencias adquiridas.
O devandito Exame Final terá un valor máximo do 50% da nota final.
50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba mixta, seminarios e prácticas. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 puntos na proba mixta. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba mixta. 

A asistencia ás clases de prácticas e seminarios é obrigatoria para aprobar a materia.

Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se se avalía dalgunha práctica ou se se presenta a algún seminario evaluable ou se se presenta á proba mixta.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 
Nas actividades que se leven a cabo en grupos, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas e seminarios. Os alumnos que se presenten a esta segunda oportunidade deberán realizar a proba mixta. Opcionalmente, poderán presentarse novamente as probas de avaliación das prácticas na segunda oportunidade, sendo a nota acadada nesta segunda oportunidade a que prevaleza para cada práctica, sen importar se é maior ou menor que a acadada na primeira oportunidade. De non presentarse á proba de avaliación dalgunha das prácticas, manterase a nota obtida na primeira oportunidade.

No caso de suspender a asignatura, de acadar na avaliación conxunta das prácticas unha nota igual ou superior a 5, poderase gardar para o curso posterior unha calificación de aprobado (5) no apartado de Prácticas se o/a alumno/a así o desexa. Os alumnos que se acollan a esta posibilidade quedarán eximidos da asistencia ás clases de prácticas. As calificacións de prácticas non se gardarán máis de un curso académico. A nota de seminarios non se gardará para cursos posteriores, debendo o alumno realizar as actividades correspondentes a este apartado novamente.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Alan Beaulieu (2009). Learning SQL (2ª Edición). O'Reilly
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2019). Database System Concepts (7a edición). McGraw Hill
Luis Joyanes Aguilar (2011). Fundamentos de programación: algoritmos, estructuras de datos y objetos. Madrid
Raúl González Duque (). Python para todos. http://edge.launchpad.net/improve-python-spanish-doc/0.4/0.4.0/+download/Python%20para%20todos.pdf
James F. Kurose, Keith W. Ross (2008). Redes de computadores: un enfoque descendente basado en Internet. Addison Wesley
Bibliografía complementaria Mark Lutz (2013). Learning Python, Fifth Edition. O'Reilly Media, Inc
Jesús J. García Molina, Francisco J. Montoya Dato, José L. Fernández Alemán, Ma José Majado Rosales (2005). Una introducción a la programación: un enfoque algorítmico. Thomson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Titorías
As titorias considéranse unha parte importate dentro do desenvolvemento da asignatura. Están orientadas de tal maneira que os/as estudantes teñan e/ou poidan consultar distintas cuestións como: 
1. Problemas no desenvolvemento das prácticas 
2. Maneiras de enfocar/organizar as prácticas 
3. Resolución de dubidas sobre as cuestións teóricas 

Pedirase ós/ás estudantes que soliciten cita ós/ás profesores/as responsables para realizar videochamadas por Teams ou reunións presenciais dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.

Outras recomendacións:

.  Ler: Lea o tema a tratar antes de asistir ás sesións teóricas. ¡É MOI IMPORTANTE!

·  Atender: Atenda en clase, non só estea de corpo presente.

·  Comprender: Comprenda o que se lle di nas sesións de teoría e, se non, pregunte.

·  Preguntar: Pregunte todo o que non comprenda, non quede con dúbidas.

·  Estudar: Estude logo das sesións, para reter o comprendido.

·  Practicar: Esta asignatura é principalmente práctica; só practicando se poden adquirir debidamente os coñecementos. Faga moitos exercicios, os que se lle pidan, suxiran, e outros pola súa conta, tanto en papel como no ordenador.

Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias: para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías