Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Reactividade Orgánica Código 610G04012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
f.ftrillo@udc.es
Profesorado
,
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
manuel.sulleiro@udc.es
f.ftrillo@udc.es
Web
Descrición xeral En esta materia preténdese dar unha visión básica da estrutura e reactividade dos compostos orgánicos clasificados por grupos funcionais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades.  A1
B1
C3
Coñecer os principais tipos de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas  principais características e implicaciones estereoquímicas A1
A2
A3
B5
B6
C1
C2
Coñecer a estructura, propiedades e reactividade química dos productos orgánicos A1
A2
A3
B5
B6
C1
C2
Levar a cabo operacións estándar de laboratorio para a preparación, separación e purificación de compostos orgánicos, manexando de forma segura materiais, reactivos e residuos A1
A2
A3
A8
B7
B8
C2
C3
Coñecer os principais métodos de preparación dos compostos orgánicos e a sua aplicación na resolución de problemas sintéticos A1
A2
A3
A8
B7
B8
C1
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción Estrutura das moléculas orgánicas. Estruturas de Lewis. Resonancia. Coordenadas e perfís de reacción.
Tema 2. Alcanos y Cicloalcanos. Conformación e configuración Estrutura e propiedades. Nomenclatura. Isomería. Análise conformacional. Estereoisomería e actividade óptica.
Tema 3. Principios da Reactividade Orgánica Mecanismos. Nucleofilia e electrofilia. Reaccións de substitución nucleófila. Reaccións de eliminación.
Tema 4. Alcois e éteres Alcois: estrutura e propiedades, obtención e reaccións, oxidación de alcois; éteres: propiedades, sínteses, epóxidos.
Tema 5. Aminas Clasificación e estrutura das aminas, propiedades, preparación de aminas, saes de amonio.
Tema 6. Alquenos y alquinos Alquenos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Hidroxenación catalítica. Reaccións de adición electrófila. Adición de haluros de hidróxeno, halogenos, auga, hidroboración. Epoxidación e hidroxilación de alquenos. Polimerización.
Alquinos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Preparación. Reaccións de adición electrófila e de redución.
Tema 7. Conxugación e derivados aromáticos Sistemas conxugados: formas resonantes, estrutura electrónica. Reaccións de adición electrófila. Diels-Alder. Compostos aromáticos: nomenclatura, propiedades e estrutura electrónica: regra de Hückel. Reaccións de substitución electrófila aromática: halogenación, nitración, sulfonación, reaccións de Friedel-Crafts. Orientación na SEAr sobre derivados do benceno.
Tema 8. Aldehidos e cetonas Nomenclatura, estrutura e propiedades físicas. Reaccións de adición nucleófila ao grupo carbonilo: hidratación, formación de hemiacetales, acetales, iminas, enaminas e cianhidrinas. Adición de reactivos organometálicos. Redución de compostos carbonílicos. Oxidación.
Tema 9. Ácidos carboxílicos Nomenclatura, estrutura e propiedades. Reaccións de adición-eliminación. Formación de ésteres, haluros de acilo, amidas e anhídridos carboxílicos. Reacción dos ácidos cos reactivos organometálicos. Redución de ácidos carboxílicos.
Tema 10. Polímeros sintéticos Características e clasificación, reaccións de polimerización, polímeros máis importantes, estrutura e propiedades.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A8 B1 B5 C1 C2 C3 15 20 35
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B5 B6 B7 B8 C3 28 56 84
Seminario A1 A2 A3 B6 B7 B8 C1 C2 C3 8 24 32
Proba mixta A1 A2 A3 B5 B6 B7 B8 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Durante o curso o alumno recibirá ensinos prácticos. No laboratorio realizará procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia, que lle permitirán adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación e purificación dos produtos orgánicos. O alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, onde recollerán os ensinos recibidos, os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración e as respostas ás cuestións expostas nos guións experimentais.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección.
Seminario Durante o curso realizaranse seminarios onde se resolverán exercicios. Os exercicios a resolver atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento dos seminarios. Os alumnos deberán traballar nos problemas dos boletíns de maneira previa ao desenvolvemento dos seminarios.
Os seminarios constitúen sesións de traballo organizadas en grupos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na lousa) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións. Alternativamente poderase solicitar a participación a través da plataforma Teams.
Proba mixta Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios e prácticas de laboratorio)

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor para a resolución das dúbidas que se lle expoñan durante o estudo dos contidos e na elaboración do informe de laboratorio e as solucións escritas aos problemas dos obradoiros. O seguimento farase de forma presencial y también a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A8 B1 B5 C1 C2 C3 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valoraránse as destrezas experimentais, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
20
Seminario A1 A2 A3 B6 B7 B8 C1 C2 C3 Valorarase a resolución dos exercicios, así como a formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento das clases e dos seminarios. De maneira particular o seguimento da materia a través da plataforma Moodle mediante a realización de cuestionarios.

10
Proba mixta A1 A2 A3 B5 B6 B7 B8 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


70
 
Observacións avaliación

1. A realización de prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para aprobar a materia.

2. Para aprobar a materia, será necesario obter no conxunto de actividades avaliables unha puntuación mínima de 5 e na proba mixta unha cualificación mínima de 4.5.

3. A cualificación final será a máxima das dous seguintes: a) cualificación final = 20% (prácticas de laboratorio)   10% (seminarios)   70% (proba mixta). b) cualificación final = 20% (prácticas de laboratorio)   80% (proba mixta).

4. A cualificación de non presentado aplicarase aos estudantes que participasen en actividades avaliables programadas que representen o 30% ou menos da avaliación final.

5. As cualificacións das prácticas de laboratorio e os seminarios de 1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade e na Convocatoria Extraordinaria. Por tanto, na 2ª oportunidade e na convocatoria extraordinaria, os estudantes só poden realizar unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade.

6. Os estudantes avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar pola Matrícula de Honra se o número máximo destes para o curso correspondente non se cubriu completamente na 1ª oportunidade.

7. Os estudantes cun recoñecemento de traballo a tempo parcial ou exención académica de exención de asistencia serán avaliados a través de probas de laboratorio e prácticas mixtas (asistencia a talleres, correspondentes ao 10% da cualificación xeral). Por tanto, na primeira e segunda oportunidade, os talleres avaliaranse a través da proba mixta, que representará o 80% da cualificación xeral. Todos os aspectos relacionados con “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica L. M. Harwood (2014). Experimental Organic Chemistry. Blacwell Science
L.G. Wade, Jr (2004). Química Orgánica. Pearson
K.P.C. Vollhardt and N.E.Schore (2007). Química Orgánica: estructura y función. Omega
M. A. Martínez Grau, A. Csákÿ (2001). Técnicas experimentales en síntesis orgánica. Síntesis

Ademais da bibliografía recomendada, a maioría dos libros de Química Orgánica xeral son útiles para seguir os contidos da materia. Recoméndase aos alumnos que descargen e impriman as presentacións de contidos dispoñibles en moodle antes de asistir ás leccións maxistrais, coa intención de que poidan tomar notas das explicacións do profesor sobre os devanditos materiais.

Bibliografía complementaria J. Clayden, N. Greeves, S. Warren (2012). Organic Chemistry. Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química: Equilibrio e Cambio/610G04008
Química: Enlace e Estrutura/610G04005
Laboratorio Básico Integrado/610G04004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Perspectiva de xénero:

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utlizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,...).

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Recoméndase a entrega de traballos e exercicios por medios electrónicos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías