Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
· Coñecer os rasgos de estructuras de interese en nanociencia, así como as principais técnicas de caracterización estructural. |
A1 A2 A3
|
B2 B3
|
|
· Saber recoñecer e analizar novos problemas, e ser quen de planexar estratexias para solucionalos. |
A5 A7
|
B7
|
C8
|
· Saber interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A7
|
B2 B3 B6 B7
|
C3
|
· Ser capaz de aplicar técnicas espectroscópicas como axuda na identificación de nanoestruturas e nanopartículas. |
A2 A3 A5 A7
|
B2 B3
|
C2 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á espectroscopía. |
Radiación electromagnética e materia. Procesos resonantes e non resonantes.
Momento dipolar de transición.
Emisión espontánea.
Reglas de selección.
Tipos de espectros.
Poboación dos niveis de enerxía: intensidades. Lei de Lambert-Beer.
Factores que determinan a forma e ancho das bandas espectrais.
Fundamentos da acción láser. |
2. Espectroscopía vibracional. |
Simetría en Química. Aplicacións en Espectroscopía.
Espectroscopía IR
Espectroscopía de pérda de enerxía dos electróns: EELS
Espectroscopía Raman |
3. Espectroscopía electrónica |
Espectroscopía UV-Vis
Espectroscoía de reflectancia difusa
Luminiscencia: fluorescencia, fosforescencia
Resonancia do plasmón superficial
Efectos cuánticos do tamaño |
4. Espectroscopía fotoelectrónica |
Espectroscopía UPS
Espectroscopía XPS
Espectroscopía Auger
Outras |
5. Introducción ás técnicas de difracción. |
Difracción de RX: XRD, SAXS
Fluorescencia de RX
Difracción de electróns: LEED
Difracción de neutróns |
6. Microscopía electrónica |
Microscopía electrónica de barrido (SEM, SEM-EDS)
Microscopía electrónica de transmisión (TEM)
Microscopía de forza atómica (AFM)
|
7. Técnicas de resonancia magnética |
Resonancia magnética: NMR, SS-NMR, MAS-NMR
Resonancia paramagnética electrónica: EPR |
8. Outras espectroscopías |
Espectroscopía Mössbauer
Espectrometría iónica: RBS, SIMS
Espectroscopía de resposta dieléctrica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A2 A3 A7 B2 B3 B7 C3 |
8 |
16 |
24 |
Proba mixta |
A1 A2 A5 A7 B2 B3 B7 |
4 |
0 |
4 |
Presentación oral |
A2 A7 B2 B3 C2 C3 |
2 |
0 |
2 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A3 A5 B2 B3 B6 B7 C2 C3 |
8 |
16 |
24 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A7 B2 B3 C8 |
31 |
62 |
93 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa. |
Proba mixta |
Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test e de problemas, resposta breve ou de tipo ensaio, avaliando coñecementos, capacidade de razonamento e espíritu crítico. |
Presentación oral |
Presentación oral dun traballo preparado a partir dos estudos de caso, ou semellante, proposto polo/a profesor/a. A actividade inclúe un debate posterior sobre o tema que é obxecto da presentación. |
Proba de resposta múltiple |
Ao longo do cuadrimestre, a medida que se avanza na materia, vanse engadindo tests no campus virtual. O alumnado debe respostar a estos tests, que computan para a avaliación, nun tempo limitado e breve. O obxectivo e fomentar o estudo paulatino e progresivo da materia. |
Sesión maxistral |
Exposición con apoio audiovisual ou de pizarra na que se expoñen aspectos fundamentais da asignatura, con posibilidade de participación do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
Trátase de orientar ao alumnado na compresión do problema plantexado e das posibles estratexias para resolvelo.
A súa realización será fixada de forma conxunta entre docentes e alumnado segundo as necesidades. Levarase a cabo no despacho dos docentes. Distribuirase en 12 sesións de 15 min ao longo do cuadrimestre.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá asistir a polo menos unha titoría persoalizada por cada seminario (=8 titorías) e unha por cada dous estudos de casos (=4 titorías), en horario previamente acordado cos docentes, o que se podería complementar con titorías asincrónicas para o resto da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A5 A7 B2 B3 B7 |
Exame final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. |
60 |
Presentación oral |
A2 A7 B2 B3 C2 C3 |
Calidade da información contida na presentación.
Habilidades mostradas na presentación.
Capacidade para defender o traballo presentado. |
20 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A3 A5 B2 B3 B6 B7 C2 C3 |
Tests de resposta múltiple realizados a través do campus virtual. Valórase a adquisición de coñecementos sobre a materia e a capacidade de respostar cuestións sobre a mesma nun tempo limitado, poñendo de manifesto claridade nos conceptos. Estos test non se consideran recuperables na segunda oportunidade. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento idóneo da materia, o alumnado debe asistir a todas as actividades presenciais. Primera oportunidade. Para que se teñan en conta as actividades de estudos de casos e da presentación oral é preciso obter unha cualificación mínima de 4.0/10 en cada unha das dúas partes da proba mixta. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. Segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria de decembro. Repítese a proba mixta, por considerarse irrepetibles as actividades relativas á proba de resposta múltiple (que reflicte a continuidade e progresividade na adquisición de coñecementos) e a presentación oral (ao non ser posible o debate da mesma con presencia de todo o alumnado). En calqueira de ambas oportunidades, de no acadarse unha cualificación mínima de 4.0/10 en cada unha das partes da proba mixta, a asignatura figurará como suspensa ainda que a cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondientes, sexa igual ou superior a 5/10. Nese caso, a cualificación final será 4.5/10. Matrículas de honra: no caso de que houbese varios estudantes con idéntica cualificación que poidan optar á MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao de estudantes, se lles convocará a unha proba escrita. Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número destas non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Cualificación de "non presentado": aplícase a estudantes que participaran en actividades avaliables que representen menos (<) do 40% da cualificación final. Sucesivos cursos académicos. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volta a comenzar de cero con cada novo curso. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento: a cualificación será "apto" o "no
apto".
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Cristalografía Avanzada/610G04042 | Fundamentos de Cuántica/610G04015 | Electricidade e Magnetismo/610G04007 | Química: Enlace e Estrutura/610G04005 | Mecánica e Ondas/610G04002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Síntese e Preparación de Nanomateriais/610G04020 | Análise Instrumental/610G04014 |
|
Materias que continúan o temario |
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030 | Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025 | Ciencia de Superficies/610G04021 | Estado Sólido/610G04022 |
|
Observacións |
- Recoméndase revisar con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas leccións maxistrais, así como resolver simultáneamente as cuestións en exercicios que se irán propoñendo. - Desaconséllase estudar únicamente polos apuntes de clase. Aconséllase elaborar os propios materiais completando os apuntes. - Recoméndase fortemente facer uso das horas de titoría para aclarar dúbidas e profundizar nos coñecementos. - Programa Green Campus da Facultade de Ciencias. Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración
Ambiental de la Facultad de Ciencias (2020)", os traballos desta
materia solicitaránse en formato virtual e soporte informático. -Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4),
fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa
diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado
sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha
linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase
para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |
|