Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ciencia de Superficies Código 610G04021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Canle López, Moisés
Correo electrónico
moises.canle@udc.es
Profesorado
Brandariz Lendoiro, Maria Isabel
Canle López, Moisés
Temprano Fariña, Irsrael
Correo electrónico
i.brandariz@udc.es
moises.canle@udc.es
i.temprano@col.udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura pretende realizar unha introducción ao campo, altamente interdisciplinar, da ciencia de superficies. Discutirase o comportamiento das superficies partindo das súas características fisicoquímicas. Analizarase o papel das superficies na reactividade superficial e a importancia das alteracións superficiais. En relación con todo o mencionado, abordaranse distintas técnicas para o estudo de superficies. Introducirase o fenómeno da adsorción e o seu papel na catálise. Por último, trataranse os aspectos básicos dos fenómenos que teñen lugar nas interfases e se introducirán as características das capas delgadas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender a diferenza entre o comportamento no seo dun medio e na zona superficial A1
A7
B1
B6
C1
C2
C8
Ser capaz de empregar as distintas teorías e aproximaciónss dispoñibles para prever os efectos da superficie A2
A3
B2
B5
B7
Coñecer e comprender os fenómenos de interfase A1
A7
B1
B5
B6
C1
C2
C8
Coñecer e comprender os fenómenos de equilibrio sobre unha superficie A1
A7
B1
B5
B6
C1
C2
C8

Contidos
Temas Subtemas
Características e propiedades das superficies Características e propiedades físicas. Consecuencias.
Características e propiedades químicas. Consecuencias.
Características morfolóxicas e estructurais. Consecuencias.
Técnicas para o estudo e caracterización de superficies Propiedades físicas
Estructura e morfoloxía
Propiedades químicas
Adsorción Adsorbentes e adsorbatos
Isotermas de adsorción
Fisisorción
Quimisorción
Interfases Monocapas
Películas
Interfases cargadas
Intercambio a través da interfase
Reactividade sobre superficies Catálisis heteroxénea
Modificación superficial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A3 A7 B2 B7 C1 C2 15 1.5 16.5
Seminario A1 A2 A7 B1 B6 B7 8 18 26
Proba mixta A1 A2 B1 B2 B7 C1 4 0 4
Discusión dirixida A3 B2 B5 B7 C1 C2 C8 15.5 9 24.5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 B7 C8 28 49 77
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Levaranse a cabo proxectos experimentais directamente relacionados coa materia tratada nos distintos bloques temáticos e que a complementen. Abordarase a planificación dos experimentos, a obtención de resultados experimentais, a súa discusión e a súa redacción e presentación, seguindo os diversos pasos do método científico.
Seminario Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa do alumnado. Abordaranse casos, problemas e cuestións relacionados coa materia tratada nos distintos bloques temáticos.
Proba mixta Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test e de problemas, resposta breve ou de tipo ensaio, avaliando coñecementos, capacidade de razonamento e espíritu crítico. Dividirase en dúas partes, un test e unha de desenvolvemento de problemas e/ou casos. Ambas terán o mesmo valor: 50% da proba mixta.
Discusión dirixida Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa do alumnado. Discutiranse polo miúdo datos experimentais relacionados con casos relacionados coa materia.
Sesión maxistral Exposición con apoio audiovisual ou de pizarra na que se expoñen aspectos fundamentais da asignatura, con posibilidade de participación do alumnado. Contémplase a participación, para un número reducido de horas, de profesorado colaborador especialista na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Discusión dirixida
Descrición
Trátase de orientar ao alumnado na compresión da materia e na resolución dos problemas que se lle poidan plantexar no estudo, así como nas posibles estratexias para resolvelos.
A súa realización será fixada de forma conxunta entre docentes e alumnado segundo as necesidades. Levarase a cabo no despacho dos docentes. Distribuirase nun máximo de 12 sesións de 15 min ao longo do cuadrimestre.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá asistir a polo menos unha titoría persoalizada por cada seminario (=8 titorías) e unha por cada dous estudos de casos (=4 titorías), en horario previamente acordado cos docentes, o que se podería complementar con titorías asincrónicas para o resto da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A7 B2 B7 C1 C2 A avaliación inclúe: planificación experimental, aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas na execución dos proxectos, rigor e reproducibilidade na obtención de resultados experimentais, análise crítico dos resultados, capacidade para extraer regularidades, xeneralizar e chegar a conclusións a partir da discusión dos resultados obtidos. 15
Seminario A1 A2 A7 B1 B6 B7 A avaliación inclúe: aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas para resolver os casos, análise crítico dos resultados obtidos. 20
Proba mixta A1 A2 B1 B2 B7 C1 Exame final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de casos ou problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. 50
Discusión dirixida A3 B2 B5 B7 C1 C2 C8 A avaliación baséase na capacidade para aplicar os distintos conceptos discutidos ao longo da materia na análise dos casos plantexados. 15
 
Observacións avaliación
-A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia

-Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar,
sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.

- Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, e a nota final outorgada será a da proba
mixta final (aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5, sobre un máximo de 10),



-A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.

-Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.

-A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta.
-Na convocatoria extraordinaria de decembro a cualificación obtida
será a da proba mixta, isto é, a cualificación da avaliación
continua e das prácticas inclúese na proba mixta, que será o 100%
da cualificación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”



Fontes de información
Bibliografía básica K.W. Kolasinski (2012). Surface Science: Foundations of Catalysis and Nanoscience. Chichester: John Wiley & Sons, Ltd.
G.A. Attard, C. Barnes (1998). Surfaces. Oxford: Oxford University Press

Bibliografía complementaria D.P. Woodruff, T.A. Delchar (1994). Modern Techniques of Surface Science . Cambridge: Cambridge University Press
H. Lüth (1995). Surfaces and Interfaces. Berlin: Springer


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Termodinámica: Equilibrio e Fases/610G04018
Espectroscopía/610G04017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025
Estado Sólido/610G04022

Materias que continúan o temario
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030
Cinética e Catálise/610G04026

Observacións

- Recoméndase revisar con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas leccións maxistrais, así como resolver simultáneamente as cuestións en exercicios que se irán propoñendo.

- Desaconséllase estudar únicamente polos apuntes de clase. Aconséllase elaborar os propios materiais completando os apuntes.

- Recoméndase fortemente facer uso das horas de titoría para aclarar dúbidas e profundizar nos coñecementos.

- Programa Green Campus da Facultade de Ciencias. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental de la Facultad de Ciencias (2020)", os traballos desta materia solicitaránse en formato virtual e soporte informático.

- Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías