Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as principais rotas metabólicas na célula, a súa regulación e a súa integración. |
|
B3 B4
|
|
Recoñecer os principios de bioenerxética. |
|
B3 B4
|
|
Recoñecer os sistemas de replicación e transmisión da información xenética, así como a súa regulación. |
|
B3 B4 B6 B8
|
|
Resolver problemas básicos de bioquímica molecular e metabólica. |
A3
|
B3 B4 B6 B7 B8
|
C3 C8
|
Aplicar as principais técnicas bioquímicas para o estudo da bioquímica molecular e metabólica. |
A3 A6 A7 A8
|
B3 B4 B6 B7 B8
|
C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA1. Replicación do DNA. |
Replicación semiconservativa do DNA. Enzimoloxía da replicación. Replicación do DNA en procariotas e eucariotas. Síntese de telómeros. Replicación do DNA mitocondrial e cloroplástico. |
TEMA 2. Síntese e procesamento do RNA. |
Clases de RNA. RNA polimerasas. Promotores e aparato de transcripción. Transcripción en procariotas e eucariotas: iniciación, elongación e terminación. Xenes interrompidos: exons e intróns. Procesamento do pre-mRNA eucariota. Síntese, procesamento e edición dos distintos RNAs. |
TEMA 3. Mutación e reparación do DNA. |
Base molecular das mutacións. Mecanismos de reparación do DNA. |
TEMA 4. Mecanismo molecular da recombinación. |
Papel da recombinación xenética. Conversión xénica. Modelos de recombinación homóloga e recombinación específica de sitio. |
TEMA 5. OMICas. |
Metodoloxías do estudo do xenoma e da súa expresión. |
TEMA 6. Traducción e procesamento de proteínas. |
Dogma central da bioloxía molecular. Ribosomas e tRNAs. Ciclo da traducción: iniciación, elongación e terminación. Código xenético e descodificación xenética. |
TEMA 7. Regulación da expresión xénica. |
Regulación da expresión xénica en bacterias. Operones. Regulación da expresión xénica en eucariotas. Cambios estructurales da cromatina. Control da transcripción, procesamento do RNA e da estabilidade do mRNA. Control da traducción. |
TEMA 8. Técnicas de análise do proteoma. |
O proteoma. Secuenciación de proteínas. Estudos proteómicos empleando espectrometría de masas. Diferentes estratexias para o estudo do proteoma. |
TEMA 9. Bioenerxética e introducción ó metabolismo. |
Rotas anabólicas e catabólicas. Compartimentalización. Transporte de metabolitos a través das membranas celulares. Reaccions de oxidación reducción na producción de enerxía. Xeneración de ATP: fosforilación a nivel de sustrato, fosforilación oxidativa e
fosforilación fotosintética como sistemas de obtención de enerxía. |
TEMA 10. Glicólise e catabolismo de hexosas. |
Localización das rotas. Etapas e regulación da vía. Fermentacións. Relación coa rota das pentosas fosfato. |
TEMA 11. Ciclo de Krebs. |
Localización da rota. Conversión de piruvato en acetil-CoA. Estudo do complexo piruvato deshidrogenasa e interrelación con outras rotas. Rotas anapleróticas, importancia das lanzadeiras mitocondriales e balances. |
TEMA 12. Gluconeoxénese. |
Definición e localización, necesidade metabólica desta rota. Ciclo do glioxalato. |
TEMA 13. Metabolismo do glucóxeno. |
O glucóxeno como polisacárido de reserva. Biosíntese e degradación de glucóxeno muscular e hepático. Regulación. O papel do fígado no mantemento da glucemia. |
TEMA 14. Metabolismo específico de plantas. |
Fotosíntesis. O Ciclo de Calvin. Fotorrespiración. Regulación. Metabolismo da sacarosa e o almidón. |
TEMA 15. Metabolismo de lípidos. |
Catabolismo de lípidos: lipólise, beta-oxidación. Biosíntese de ácidos grasos, triglicéridos, lípidos de membrana e esteroides. Regulación do metabolismo de lípidos. Metabolismo de corpos cetónicos. |
TEMA 16. Metabolismo de aminoácidos e derivados. |
Dixestión e degradación intracelular de proteínas. Eliminación do nitróxeno dos aminoácidos. Ciclo da urea. Transporte do amoníaco
ó fígado. Destino do esqueleto carbonado dos aminoácidos. Biosíntese de aminoácidos. Regulación. Metabolismo de nucleótidos púricos e pirimidínicos. Regulación. |
TEMA 17. Integración do metabolismo. |
Perfís metabólicos dos órganos máis importantes. Conexions entre as rotas: glucosa-6-fosfato, piruvato e acetilCoA. Adaptacions metabólicas as situacions de estrés. Xexun, exercicio físico. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B3 B6 B8 C8 |
28 |
54 |
82 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A7 A8 B3 B4 B6 C6 C7 |
9 |
6 |
15 |
Prácticas a través de TIC |
A7 B3 B6 B7 B8 C3 |
6 |
4 |
10 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 B2 B4 B6 B8 |
8 |
17 |
25 |
Esquemas |
B6 B8 |
0 |
12 |
12 |
Proba mixta |
B3 B4 B8 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Os temas da materia serán impartidos polos profesores coa axuda de medios audiovisuais. A documentación pertinente poñerase a disposición dos alumnos no Campus Virtual. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse unha serie de actividades no laboratorio de prácticas, co fin de que os alumnos aprendan a manexar instrumental científico básico en Bioquímica e Bioloxía Molecular. |
Prácticas a través de TIC |
Trátanse cuestións que requiren a consulta de bases de datos e o emprego de ferramentas bioinformáticas. |
Solución de problemas |
Resolveranse en grupos máis reducidos de alumnos problemas prácticos/cuestións para afondar na aplicación práctica dos conceptos explicados nas clases maxistrais. |
Esquemas |
Realización dun mapa metabólico mediante esquemas das rotas metabólicas que ocorren na célula e que permita interrelacionar e conectar as distintas rotas. |
Proba mixta |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, e que pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de asociación, explicativa, ou de cálculo e resolución de problemas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Esquemas |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Para todos os alumnos realizaranse titorías personalizadas centradas na orientación para a realización de problemas, resolución de dúbidas e aclaracións. Esta atención personalizada levarase a cabo ao longo do curso e previa solicitude do estudante.
Os alumnos tamén poderán solicitar titorías e resolver dúbidas concretas por correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A6 A7 A8 B3 B4 B6 C6 C7 |
As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia obrigatoria para superar a materia.
A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán preguntas sobre o fundamento e aplicación das prácticas realizadas. |
10 |
Esquemas |
B6 B8 |
Realizarase un mapa metabólico que integre as rotas metabólicas que teñen lugar nas células. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A7 B3 B6 B7 B8 C3 |
Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas. A proba require o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. |
10 |
Proba mixta |
B3 B4 B8 |
Avaliación dos coñecementos adquiridos tanto nas sesión maxistrais como nas clases de problemas mediante preguntas tipo test, tipo ensaio, definicións, cuestións de relacionar e/ou preguntas que requiren proporcionar unha solución. |
70 |
|
Observacións avaliación |
As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. A ausencia a prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia. Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC. Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4,5 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4,5 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,0 (suspenso). Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación. As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro) Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4,5 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 80% a proba mixta. Se o alumno opta pola opción B deberá informar ao profesorresponsable da materia 10 días antes do exame. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe. Convocatoria adiantada de decembro: realizarase a proba mixta que englobará todos os contenidos teóricos. Dita proba suporá un 70% da calificación final á que se lle sumarán as notas de avaliación continua (prácticas TIC, prácticas de laboratorio e proba mixta). FRAUDE: No caso de realización fraudulentadas probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Luque J, Herráez A. (2010). Biologia Molecular e Ingenieria Genetica. Hardcourt
Mathews C.K., Van Holde K.E., Appling D.R. y Anthony-Cahill S.J. (2013). Bioquímica. Pearson
Stryer, L., Berg, J.M. y Tymoczko, J.L. (2015). Bioquímica. Reverté
Feduchi, E., Romero, C.S., Yáñez, E., García-Hoz Jiménez, C. (2021). Bioquímica. Conceptos esenciales. Médica Panamericana
Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A . (2013). Conceptos de Genética. Pearson/Prentice Hall
Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A., Paladino, M.A., Killian, D.J. (2020). Concepts of Genetics. Pearson Education
Pierce, B.A. (2015). Genética: un enfoque conceptual. Médica Panamericana
Pierce, B.A. (2020). Genetics: a conceptual approach. Freeman
Nelson, D.L, Cox, M.M. (2018). Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Melo y Cuamatzi (2004). Bioquímica de los procesos
metabólicos. Reverté-UAM Xochimilco |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioquímica Estrutural/610G04019 | Bioloxía Celular/610G04003 | Laboratorio Básico Integrado/610G04004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Microbioloxía e Inmunoloxía/610G04024 |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos de Biotecnoloxía/610G04029 |
|
Observacións |
Perspectiva de Xénero Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Programa Green Campus Facultade de
Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores |
|