Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2 Código 610G04030
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Fernandez Perez, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.fernandez.perez@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Fernandez Perez, Maria Isabel
Garcia Dopico, Maria Victoria
Martínez Santos, Diego
Santaballa Lopez, Juan Arturo
Temprano Fariña, Irsrael
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
isabel.fernandez.perez@udc.es
victoria.gdopico@udc.es
diego.martinez.santos@udc.es
arturo.santaballa@udc.es
i.temprano@col.udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/my/
Descrición xeral Descrición: Comprender os aspectos básicos das técnicas para a caracterización morfolóxica, estrutural e microestructural dos materiais, así como desenvolver criterios que permitan selección entre as técnicas de caracterización aquela que resulte máis apropiada á hora de resolver problemas concretos.

Contexto: A materia ofértase cando xa se cursaron outras materias que proporcionan coñecementos básicos sobre a interacción radiación-materia que servirán como inicio para o desenvolvemento desta materia.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Profundar na comprensión dos aspectos básicos das técnicas avanzadas de caracterización morfolóxica, estrutural e microestructural de materiais. A1
A2
B1
C2
Capacidade para interpretar correctamente os resultados obtidos mediante distintas técnicas de caracterización. A5
A7
B3
B7
B8
B10
C2
C7
C8
Desenvolver criterios de selección entre as técnicas de caracterización para a resolución de problemas concretos. A4
A6
A8
A9
B7
B8
B9
B11
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1: Caracterización empregando espectroscopías: Ultravioleta-visible (UV-Vis)
Reflectancia difusa (DRS)
Infravermello con transformada de Fourier (FT-IR)
Raman
Espectroscopía de fotoelectróns de raios-X
MÓDULO 2: Caracterización empregando microscopías: Fuerza atómica (AFM)
Efecto túnel
Confocal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 C2 5 11 16
Prácticas de laboratorio A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 C8 C9 55 63 118
Presentación oral A1 A2 A7 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C6 C7 C8 C9 2 8 10
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B11 C2 C6 C9 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións previas onde se presentarán os distintos módulos da materia e introduciranse os conceptos necesarios para as diferentes técnicas experimentais.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio e interpretación e análise de resultados experimentais.

Sesións que poderán ser no laboratorio e/o na aula de informática

O alumno deberá ir subindo no Moodle/Onenote da materia as diferentes actividades realizadas durante as sesións ( caderno de laboratorio, breve revisión bibliográfica, gráficas, etc. ) co fin de poder avaliar o aproveitamento das sesións de traballo.

Poderán requerirse informes, un por módulo, que, no seu caso, deberán ser redactados seguindo as indicación do profesorado. Os informes, no seu caso, poderán realizarse de forma individual o en grupo (asignación realizada polo profesorado) e establecera a(s) data (s) para a súa entrega a través do Campus Virtual/Onenote (segundo se indique)

Presentación oral Poderán estableceranse varias datas, dentro dunha sesión de grupo, para expoñer de forma individual, ou en grupo, as actividades realizadas durante as sesións de prácticas. O profesorado realizará asignación da actividade.
Proba mixta Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de problemas, resposta breve ou de ensaio o que permite avaliar os coñecementos, capacidade de razoamento e o espírito crítico

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Con isto trátase de axudar aos estudantes na comprensión dos contidos da materia, así como na busca da mellor estratexia personalizada de abordar a solución de problemas.

O momento da súa utilización será fixada directamente polos docentes e os estudantes según xurda a necesidade de utilización. En principio levaránse a cabo nos despachos dos docentes. Serán en diferentes sesións distribuidas o longo do cuadrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A7 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C6 C7 C8 C9 Avaliarase:
- a calidade da información contida na presentación.
- a capacidade para defender o traballo presentado.
- a calidade da presentación.
15
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B11 C2 C6 C9 Exame final con dous partes, unha teórica (50%) que inclúe preguntas de tipo test, de resposta breve e/o de ensaio, e outra de resolución/análise de problemas (50%). 20
Prácticas de laboratorio A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 C8 C9 Avaliarase:
-aspectos operacionales, planificación, organización e realización do caderno de laboratorio.
-preparación de gráficas, revisión bibliográfica, etc.
-elaboración de informes, o que inclúe a análise critico de resultados.
65
 
Observacións avaliación

A asistencia á totalidade das sesións é obrigatoria para poder superar a materia.


O aprobado da materia obtense ao obter unha cualificación final como mínimo de 5 puntos sobre 10. A cualificación final obtense de acordo con as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

Primeira oportunidade. Para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes da proba mixta. A cualificación final obtense de acordo con as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

Segunda oportunidade. Repetición da proba mixta. A cualificación final obtense de acordo ás porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

Convocatoria extraordinaria de decembro. É
unha oportunidade para facer a proba mixta final. En consecuencia, mantéñense
as cualificacións obtidas nas avaliacións do curso anterior, agás a proba final
mixta, cuxa cualificación será substituída pola obtida nesta convocatoria. É
dicir, na convocatoria de decembro non se poderá reavaliar ningunha outra
actividade avaliable que non sexa a proba mixta

En calquera das oportunidades, de non alcanzarse unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes da proba mixta, a materia figurará como suspensa aínda cando a cualificación final, calculada segundo as correspondentes porcentaxes, sexa superior ou igual a 5 sobre 10. Neste caso a cualificación final será de 4.5 sobre 10. 

Matrícula de honra. No caso de que varios estudantes teñan idéntica cualificación numérica, e poidan optar á matrícula de honra, convocaráselles a unha proba escrita a condición de que o número de matrículas sexa inferior ao de estudantes nesta situación. Para os estudantes avaliados en segunda oportunidade, estes poderán optar á matrícula de honra se o número destas non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: É necesario que o alumnado informe as profesoras ó principio do curso da sua situación. 

Plaxio e fraude na realización de tarefas e/ou probas

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Durante a realización das proba obxectiva e mixta, en calquera das oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquer dispositivo con acceso a Internet.  Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo implique ningún tipo de responsabilidade por parte da UDC, da Facultade ou dos profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da proba obxectiva, hai indicios do uso deses dispositivos, automaticamente o/a estudante será expulsado do aula, a proba obxectiva cualificada con suspenso e se informará por escrito á dirección do centro segundo establece a normativa correspondente.




Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Dahm, Donald J. (2012). Interpreting diffuse reflectance and transmitance : a theoretical introduction to diffuse reflectance and transmission in absorption spectroscopy of scattering materials. Chichester : NIR Publicaions
Haugstad, Greg (2012). Atomic Force Microscopy: Understanding basic modes and advanced applications. John Wiley & Sons
Lanza, Mario (2017). Conductive atomic force microscopy: applications in nanomaterials. Weinheim : Wiley-VCH
Ellis, Andrew M. (2005). Electronic and photoelectron spectroscopy fundamentals and case studies.. Cambridge University Press
P. R. Griffiths (2007). Fourier transform infrared spectrometry. John Wiley & Sons
Pawley, James B., ed lit (2006). Handbook of biological confocal microscopy. New York: Plemun Press
G. Socrates (2005). Infrared and raman characteristic group frequencies tables and charts.. John Wiley & Sons
Smith, Ewen (2019). Modern Raman spectroscopy : a practical approach. Hoboken, NJ
Magonov, Sergei N. (2008). Surface analysis with STM and AFM experimental and theoretical aspects of image analysis. Weinheim : Wiley-VCH
Schlücker, Sebastian (2011). Surface enhanced Raman spectroscopy : analytical, biophysical and life science applications. Weinheim : Wiley-VCH

Estas son posibles fontes de información que poderes atopar no catálogo da biblioteca da UDC. Poderán suxerirse na plataforma de teleformación MOODLE,outras que ó longo do curso se consideren interesantes.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025
Síntese e Preparación de Nanomateriais/610G04020
Análise Instrumental/610G04014
Fundamentos de Cuántica/610G04015
Espectroscopía/610G04017
Cristalografía e Simetría/610G04006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Nanotecnoloxía en Farmacia/610G04043
Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria/610G04044
Nanomateriais en Enxeñaría Civil/610G04045
Nanotecnoloxía en Medicina/610G04037
Nanotecnoloxía en Medio Ambiente/610G04038
Nanofabricación/610G04040

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria se incorporará a perspectiva de xénero nesta materia 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías