Para aprobar a asignatura é indispensable ter realizadas e superadas as Prácticas de Laboratorio.
No marco das "Prácticas de laboratorio" incluiranse aspectos tales como asistencia a clase e aproveitamento das prácticas mediante traballo persoal, etc., para axudar á obtención do aprobado.
É necesario alcanzar un 40% da puntuación na proba mixta para aprobar e tamén o 50% da evaluación prácticas de laboratorio.
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota máxima poderá ser como máximo 4 puntos sobre 10.
Na segunda oportunidade e na convocatoria adiantada de decembro, manteranse os mesmos criterios de evaluación, e só se realizará unha nova proba mixta.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial (dispensa académica), poderán a acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas o traballo tutelado, manténdose o resto de probas e puntuacións.
As notas das actividades de avaliación continua (Prácticas de laboratorio y Trabajos Tutelados) só serán válidas ata a convocatoria adiantada do curso
académico seguinte.
A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias
establecidas no artigo 11 do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335