Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os principios de instrumentación, robótica e actuación tradicional.
|
A2
|
B4 B5 B8
|
C3 C7
|
Coñecer os sistemas de interconexión entre captación e actuación. |
A6
|
B7 B9
|
C3
|
Coñecer os sistemas de instrumentación e robótica implementados con nanotecnoloxía.
|
A2
|
B3 B4 B5 B8 B9
|
C3 C8
|
Coñecer os sistemas de obtención e almacenamento de enerxía (energy harvesting) para Nanoinstrumentación/robótica
|
|
B3 B4 B5 B8
|
C3 C8
|
Coñecer aplicacións de Nanoinstrumentación/robótica.
|
A7 A10
|
B4 B7 B8
|
C3 C8
|
Recoñecer e aplicar os principios éticos e legais dentro do campo de estudo.
|
A10
|
B8
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios de instrumentación, robótica e actuación tradicional |
Principios básicos de electricidade/electrónica: Unidades de medida eléctrica
Tipoloxías de sensores tradicionais: ph, redox, Osíxeno, turbidez, Materia Orgánica, presión, ultrasonidos e doppler, etc.
Tipos de robots
Estrutura e accionamentos
Control e programación
Especificacións comerciais
Robótica de enxames
|
Sistemas de interconexión entre captación e actuación
|
Sistemas de adquisición de datos. Principios de funcionamento A/D y D/A
Sistemas de rexistro de datos e control. Dataloggers, PLC, microcontroladores
Topoloxías de conexión de rede de dispositivos: paralelo, serie, estrela, bus….
|
Nanotecnoloxía en instrumentación. |
Equipamentos de instrumentación para traballar na escala nanométrica.
Nanosensórica. |
Nanotecnoloxía en robótica. |
Ferramentas de micro e nanomanipulación
Robótica molecular
Estruturas de ADN para robótica
|
Obtención e almacenamento de enerxía para alimentación de sistemas. |
Fontes ambientais
Fontes externas
|
Aplicacións |
Sensorizado nanotecnolóxico de robots
Robótica biohíbrida
|
Aspectos éticos e legáis |
Roboética
Robots e responsabilidade civil
Resolución do Parlamento Europeo
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A6 A7 B3 B7 B9 C3 C7 |
10 |
10 |
20 |
Portafolios do alumno |
A2 A7 B3 B5 B7 B8 B9 C3 C7 C8 |
7 |
35 |
42 |
Proba mixta |
A2 A7 A10 B4 B5 B7 |
2 |
9 |
11 |
Sesión maxistral |
A2 A10 B4 B5 B8 C8 |
18 |
27 |
45 |
|
Atención personalizada |
|
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Levaranse a cabo tanto da parte de Instrumentación como de Robótica tradicionais. Poderanse realizar tanto con materiais reais como virtuais.
En Instrumentación, incluirase a visita a instalacións reais instrumentadas, para comprobar o funcionamento "in situ" de multiples aparellos.
En Robótica poderanse usar robots de prestacións limitadas en alcance e carga, pero de funcionalidade similar aos dun entorno de traballo real. |
Portafolios do alumno |
Recollerá o conxunto de traballos realizados ao longo do curso, encargados polos docente, así como calquera outro material que a alumna ou o alumno considere de interese na súa formación ao longo do curso. Na medida do posible atoparase en soporte dixital. |
Proba mixta |
Será a proba que se realizará na data de exame fixada pola Xunta de Facultade, para o correspondente curso académico. Os contidos propios da proba, así como no seu caso o material auxiliar co que pode contar o alumnado para a súa realización será indicado polos docentes de xeito previo á mesma. |
Sesión maxistral |
Correspóndese coas sesións de docencia expositiva, será unha clase dirixida polo docente na que introducirá os coñecementos propios da materia; pero tamén na medida do posible buscará a participación do alumnado de xeito que a intervención dialogada, e apoiada nos medios dos que se dispoña na aula favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
O docente orientará de xeito individual ou en pequeno grupo, a forma en que o alumnado irá construíndo o seu portafolios en base aos traballos encargados durante o curso. E indicaralle tamén se debe contar con outro tipo de materiais auxiliares que non sexan de elaboración propio. Ase mesmo, cada alumna ou alumno poderá seguindo o seu propio criterio engadir materiais de interese para a súa formación, nesta disciplina. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A6 A7 B3 B7 B9 C3 C7 |
O alumnado contará coas instruccións precisas, facilitadas polo docente para a execución das prácticas de laboratorio. Deberá asistir ás mesmas, e no seu caso elaborar os informes ou documentos que lle foran encargados. |
20 |
Portafolios do alumno |
A2 A7 B3 B5 B7 B8 B9 C3 C7 C8 |
Durante o curso levaranse a cabo diferentes actividades de aprendizaxe, a partir das cales o alumnado ira xerando un conxunto de elementos avaliables, seguindo as indicacións dadas polo profesorado da materia. |
40 |
Proba mixta |
A2 A7 A10 B4 B5 B7 |
Esta proba levarase a cabo na data establecida pola Xunta de Facultade, as instruccións para súa realización serán facilitadas polos docentes de xeito previo.
Os docentes poderán realizar, de xeito potestativo, probas parciais da mesma natureza, que resulten liberatorias da proba final. |
40 |
|
Observacións avaliación |
No caso de presentarse na convocatoria Extraordinaria de Decembro, seguirase o seguinte criterio:
1) Se o alumno reúne un 10% o máis da calificación total da materia entre as Prácticas de Laboratorio e o Portafolio do alumno, realizados ao longo do curso, poderá presentarse a unha proba mixta similar a das outras convocatorias, na que terá a posibilidade alcanzar até o 40% da cualificación total.
2) No caso contrario presentarase a unha proba mixta máis extensa e global na que deberá demostrar os coñecementos que se derivan da parte de prácticas e portaforlio, e na que poderá alcanzar até o 100%.
"Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC."
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Liu, Yunhui., and Dong Sun. (2012). Biologically Inspired Robotics. 1st edition.. Boca Raton, Fla: CRC Press.
Murata, Satoshi et al. (2013). Molecular Robotics: A New Paradigm for Artifacts. . Heidelberg: Verlag Omsha Tokio
Mestre, Rafael, Tania Patiño, and Samuel Sánchez. (2021). Biohybrid Robotics: From the Nanoscale to the Macroscale. Hoboken, USA: John Wiley & Sons, Inc
José M. de la Rosa (2021). De la micro a la nanoelectrónica. Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas
Barrientos, A. (2012). Fundamentos de robótica (2a. ed.).. España: McGraw-Hill
Nature portfolio (2023). Latest Research and Reviews in nanosensors. Nature portfolio
Jacob Millman, Arvin Grabel (1998). Microelectronics: Digital and Analog Circuits and Systems. McGraw Hill Higher Education
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT (2009). Nanociencia y Nanotecnología. Entre la ciencia ficción del presente y la tecnología del futuro. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT
Vinod Kumar Khanna (2021). Nanosensors: physical, chemical, and biological. CRC Press. ISBN: 9781439827130
Veruggio, Gianmarco, Jorge Solis, and Machiel Van der Loos. (2011). Roboethics: Ethics Applied to Robotics . New York: IEEE
Nummelin, Sami et al. (2020). Robotic DNA Nanostructures.. American Chemical Society
Organización Internacional de Normalización (2012). Robots and robotic devices — Vocabulary (Norma ISO nº 8373:2012)”. . Suiza:ISO |
Outras referencias bibliográficas poden ser facilitadas durante a realización do curso, especialmente para levar a cabo determinadas actividades académicas. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Máquinas Moleculares/610G04036 | Sensorización/610G04031 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|