Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as principais técnicas de nanotecnoloxía aplicadas á industria alimentaria |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B6 B7
|
C3
|
Recoñecer as posibilidades da nanotecnoloxía na industria alimentaria |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C3 C5 C7 C8
|
Identificar a calidade e seguridade alimentaria como factores fundamentais para a aplicación da nanotecnoloxía na industria alimentaria |
A3 A9 A10
|
B2 B3 B4 B7 B8
|
C3 C5 C7 C8
|
Aplicar a nanotecnoloxía á industria alimentaria |
A2 A3 A9 A10
|
B7 B8
|
C3 C5 C7 C8 C9
|
Recoñecer e aplicar os principios éticos e legais dentro do campo de estudo |
A10
|
B11
|
C5 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Nanomateriais na industria alimentaria. Tipos e usos. |
A importancia da nanotecnoloxía na industria alimentaria. Tipos de nanomateriais utilizados na industria alimentaria. Usos e aplicacións dos nanomateriais na industria alimentaria. |
2. Materiais en contacto cos alimentos. Envases activos e envases intelixentes. |
Concepto de materiais en contacto cos alimentos. Funcións e características dos envases activos e envases intelixentes. Beneficios e aplicacións dos envases activos e envases intelixentes na industria alimentaria. |
3. Nanoestructuras naturais nos alimentos. |
Nanoestructuras naturais nos alimentos. Proteínas, carbohidratos e lípidos. |
4. Polielectrolitos |
Introdución. Tipos e propiedades dos polielectrolitos. Obtención de polielectrolitos. Áreas de aplicación. |
5. Nanoalimentos funcionais. |
Concepto actual de nanoalimentos funcionais. Desenvolvemento e aplicacións dos nanoalimentos funcionais. Vantaxes e inconvenientes. |
6. Microencapsulación dos alimentos. |
Concepto de microencapsulación. Substancias que se encapsulan, axentes utilizados e técnicas. |
7. Emulsións. |
Concepto de emulsións. Formación de emulsións e aplicacións. Nanoemulsións. |
8. Hidroxeles. |
Concepto de hidroxel. Formación de hidroxeles e aplicacións. Micro y nanoxeles. |
9. Espumas. |
Concepto de espuma. Formación de espumas e aplicacións. Nanoespumas. |
10. Fermentacións. |
Concepto. Elementos nun proceso de fermentación. Fermentadores. Tipos de fermentacións. Nanotecnoloxía e fermentación. |
11. Calidade e seguridade alimentarias. |
Directrices sobre a avaliación do risco dos nanomateriais aplicados na cadea alimentaria humana e animal. Normativas e regulacións relacionadas coa calidade e seguridade dos nanomateriais na industria alimentaria. Procedementos e métodos de control para garantir a seguridade dos nanomateriais na cadea alimentaria. |
12. Aspectos éticos e legais.
|
Consideracións éticas relacionadas coa nanotecnoloxía na industria alimentaria.
Directivas e regulamentos no marco europeo para a aplicación de nanomateriais en alimentos.
Implicacións legais e responsabilidade dos fabricantes no uso de nanotecnoloxía na industria alimentaria.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 A10 B2 B3 B4 B11 C5 |
18 |
34.2 |
52.2 |
Seminario |
A2 A3 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 |
7 |
16.8 |
23.8 |
Proba mixta |
A2 A3 A10 B3 B7 B8 |
3 |
0 |
3 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 C7 C8 C9 |
10 |
21.5 |
31.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais os contidos fundamentais de cada un dos temas serán impartidos polo profesorado mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Para o seu mellor aproveitamento, os estudantes dispoñerán con antelación dos materiais docentes idóneos no Campus Virtual. Potenciarase a participación do alumnado. |
Seminario |
Como complemento das sesións maxistrais, realizaranse seminarios dedicados á análise e resolución de problemas ou casos prácticos relacionados coa nanotecnoloxía na industria alimentaria. Impartiranse en grupos reducidos, fomentando así a participación do alumnado e o traballo colaborativo. Tamén se poderá levar a cabo un prelaboratorio ou sesión explicativa das prácticas de laboratorio. |
Proba mixta |
Proba escrita para avaliar o grao de adquisición de coñecementos e competencias polo alumnado. E que pode combinar diferentes tipos de preguntas: de opción múltiple, de asociación, explicación, resolución de problemas ou cálculo. |
Prácticas de laboratorio |
No laboratorio de prácticas levaranse a cabo unha serie de actividades para que o estudante (en grupos reducidos) aprenda a manexar diversas técnicas utilizadas na área da nanotecnoloxía alimentaria. Impartirase unha sesión inicial para expoñer aos estudantes os contidos e dinámica das prácticas. O alumnado deberá elaborar unha memoria do traballo realizado cunha análise crítica e detallada. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
As clases de prácticas de laboratorio están deseñadas como actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participará directamente. Desta maneira, bríndase unha atención personalizada aos estudantes, permitindo un mellor seguimento e orientación.
Para todos os estudantes haberá titorías personalizadas enfocadas na adquisición de coñecementos básicos, a realización de problemas, o estudo de casos prácticos, a resolución de dúbidas e aclaracións. O horario de titorías especificarase ao comezo do curso. Os estudantes tamén poderán solicitar titorías e realizar consultas por correo electrónico.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A2 A3 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 |
Valorarase a participación dos alumnos nos mesmos, o uso de linguaxe científica correcta, de información bibliográfica verificada, así como a resolución das cuestións, casos e/o problemas expostos polo profesor. |
25 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 C7 C8 C9 |
Valoraranse a comprensión das estratexias e metodoloxías utilizadas na execución de proxectos, análise crítica dos resultados e discusión mediante a elaboración do diario de laboratorio. |
15 |
Proba mixta |
A2 A3 A10 B3 B7 B8 |
Proba escrita final onde se avaliarán tantos os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio e os seminarios. |
60 |
|
Observacións avaliación |
O traballo do alumnado será avaliado de forma continua a través
da asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos seminarios,
a resolución das cuestións e problemas, prácticas de laboratorio e proba
mixta. Para un aproveitamento óptimo da materia, os estudantes deberán
asistir a todas as actividades presenciais.
A realización das prácticas é obrigatoria para a
superación da materia. Os estudantes que non realicen TODAS as prácticas, sen
un motivo debidamente xustificado, non poderán aprobar a materia,
independentemente do peso destas na avaliación.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: para
superar a materia é preciso obter unha nota mínima de 4
(sobre 10) na proba mixta. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes
establecidas e as restricións previamente establecidas, sendo necesario unha
nota final igual ou superior a 5 (sobre 10).
O alumno/para obterá a cualificación de Non Presentado
cando non realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: na
segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa cualificación substituirá
á obtida na primeira oportunidade manténdose as cualificacións das prácticas
de laboratorio e seminarios na primeira oportunidade. A cualificación final
obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente
establecidas, sendo necesario unha nota final igual ou superior a 5 (sobre
10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non
se cubriron na súa totalidade na primeira oportunidade.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
realizarase a proba mixta cuxa cualificación substituirá á obtida no curso
pasado manténdose as cualificacións do resto de actividades avaliables. A
cualificación final obterase @teniendo en cuenta as porcentaxes do curso
actual.
En calquera caso, se non se alcanza unha nota mínima de 4/10 na proba mixta, suspenderase a materia, aínda que a nota
final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa igual ou
superior a 5/10. Nese caso, a nota final será de 4,5/10.
MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes avaliados en segunda oportunidade
só poderán optar a MH se o número destes non foi cuberto na súa totalidade na
primeira oportunidade.
SUCESIVOS CURSOS ACADÉMICOS: o
proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación refírese a un curso
académico, por tanto, comezará de novo desde cero con cada curso.
|
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Espinosa Andrews, H., & García
Márquez, E. (2017). TECNOLOGÍAS DE NANO/MICROENCAPSULACIÓN DE COMPUESTOS
BIOACTIVOS. Centro de Investigación y Asistencia en Tecnología y Diseño del
Estado de Jalisco A.C. Grumezescu,
& Grumezescu, A. M. (2016). Novel Approaches of Nanotechnology in Food:
Vol. v.Volume 1. Elsevier Science. https://doi.org/10.1016/C2015-0-01014-0 Barros-Velazquez.
(2016). Antimicrobial food packaging (Barros-Velazquez, Ed.). Academic Press. |
Bibliografía complementaria
|
|
Aswathanarayan,
J. B., & Vittal, R. R. (2019). Nanoemulsions and Their Potential
Applications in Food Industry. In Frontiers in Sustainable Food Systems
(Vol. 3). Frontiers Media S.A. https://doi.org/10.3389/fsufs.2019.00095 Adolfo, R., & Huertas, P.
(2010). Revisión: Microencapsulación de Alimentos. Rev.Fac.Nal.Agr.Medellín,
63(2), 5669–5684. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030 | Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025 | Fundamentos de Biotecnoloxía/610G04029 | Bioquímica Estrutural/610G04019 | Bioquímica Molecular e Metabólica/610G04023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/610G04047 |
|
Observacións |
Recoméndase levar ao día a materia, realizar a preparación das
prácticas e seminarios de forma exhaustiva e aproveitalas para aclarar dúbidas,
conceptos, completando a formación teórica necesaria. Ter coñecementos de
inglés e das ferramentas básicas das TIC. Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a) solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático; b) de realizarse en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel
reciclado, cando sexa posible, e evitarase a impresión de borradores.Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|