Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 610G04046
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
García Rodríguez, José Antonio
Correo electrónico
jose.garcia.rodriguez@udc.es
Profesorado
Beceiro Novo, Saúl
Bermúdez García, Juan Manuel
García Rodríguez, José Antonio
Rey Rico, Ana
Correo electrónico
saul.beceiro@udc.es
j.bermudez@udc.es
jose.garcia.rodriguez@udc.es
ana.rey.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Os alumnos cursarán prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un 6 ECTS. A Facultade de Ciencias ten ampla experiencia na xestión deste tipo de actividade. O alumno deberá: 1) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben incluir todos os de formación básica. 3) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer. Os dous primeiros requisitos deberán reunirse ao peche da convocatoria de prácticas, non computándose os créditos obtidos con posterioridade. Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC. Só se recoñecerán academicamente aquelas estadías que se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade e teñan sido realizadas baixo a titoría dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente do mesmo ámbito da titulación do estudante. Os / as estudantes deberán obter un informe favorable dos/das titores académico e profesional sobre a actividade realizada, segundo á normativa da UDC.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Mellorar no coñecemento do entorno profesional e capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos ao entorno profesional. A2
A3
A4
A6
A8
A9
A10
B2
B3
B4
B5
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante. Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Resumo A2 A3 A9 A10 B2 B3 B4 B12 C1 C2 0 15.5 15.5
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 A8 A9 A10 B2 B5 B9 B10 B11 B12 C3 C9 132 0 132
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Resumo Memoria do traballo realizado durante o período de prácticas. Debe constar das seguintes partes e pola citada orde:

1. INDICE (Debe de recoller os documentos dos que consta o informe)

2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)
2.2 Indicar se a memoria foi revisada pola empresa e as condicións de confidencialidade requeridas pola mesma.

3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)

4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas.

5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo.
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado.
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron.
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.

6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica.
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica.
6.3 Valoración do nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6.4 Declaración de responsabilidade do alumno (modelo Anexo I).

7. BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN (Bibliografía citada no texto, incluidos os recursos electrónicos)
Traballos tutelados A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:

1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo.
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo.
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.

O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 A8 A9 A10 B2 B5 B9 B10 B11 B12 C3 C9 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno revisará o documento e entregarao na Administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
50
Resumo A2 A3 A9 A10 B2 B3 B4 B12 C1 C2 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante 50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto, o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas.

Recoméndase ao alumnado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro.

Unicamente aqueles estudantes que completen o período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que podera suspender o efecto desta norma de avaliación.

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica

En cada caso, o titor/a na empresa ou institución e o titor/a académico/a suxerirán as fontes de información más acaídas ao plan de traballo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Termodinámica: Equilibrio e Fases/610G04018
Bioquímica Estrutural/610G04019
Reactividade Orgánica/610G04012
Métodos Numéricos e Estatísticos/610G04013
Análise Instrumental/610G04014
Fundamentos de Cuántica/610G04015
Ecuacións Diferenciais /610G04016
Espectroscopía/610G04017
Electricidade e Magnetismo/610G04007
Química dos Elementos/610G04011
Química: Equilibrio e Cambio/610G04008
Fundamentos de Matemáticas/610G04001
Ampliación de Cálculo/610G04009
Bioloxía Celular/610G04003
Química: Enlace e Estrutura/610G04005
Cristalografía e Simetría/610G04006
Laboratorio Básico Integrado/610G04004
Mecánica e Ondas/610G04002
Fundamentos de Informática/610G04010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Traballo Fin de Grao/610G04047

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin de que o segundo semestre quede máis despexado a nivel horario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías