Para o recoñecemento da cualificación por asistencia a eventos, o estudante deberá firmar asistencia no listado facilitado pola coordinación. Para o cómputo da cualificación elixiranse aleatoriamente 4 das sesións celebradas, tendo prioridade as presenciais. Cada unha das 4 probas seleccionadas puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a todas elas garante unha nota de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable.
Avaliación Segunda Oportunidade e convocatoria adiantada: manterase o sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades que o alumnado a tempo completo.
A realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.