Dado que no deseño currícular do MBA, para a valoración do alumno é necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co director responsable da empresa o proxecto. A valoración do traballo desenvolvido polo estudante en cada unha das materias soamente cobra sentido si resulta adecuado para resolver os problemas de xestión da empresa na que o alumno participa.
É evidente que o estudo de casos esixe para a súa realización a aplicación adecuada das metodoloxías de solución de problemas, a presentación oral dos resultados da análise, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan a análise e a procura, filtrado, selección e consulta de fontes de documentación que apoien a análise.
En todo caso, o sistema de avaliación sería: 70% estudo de casos e 30% solución de problemas e defensa das preguntas feitas polo tribunal na presentación do traballo da materia. Ambos feitos valorados na presentación do traballo polo equipo.
Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superara materia en primeira oportunidade . En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo , expoñéndoa en caso necesario.
Os criterios de avaliación serán iguais tanto na primeira como na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia terase en conta o seguinte. En primeiro lugar, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos tutorías e entrega de traballos. En segundo lugar, acordarase, ao comezo do curso, un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizar as actividades correspondentes e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a teimpo completo. E, en terceiro lugar, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Arealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vezcomprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoriaen que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión dafalta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,se fose necesario.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.