No que atinxe á segunda oportunidade e convocatoria adiantada do xogo de empresa e debido á imposibilidade de repetir o xogonas mesmas condicións que na primeira oportunidade -xogadas e nivel decompetencia- a evaluación efectuarase coa entrega dun traballo/informe mediante o cal se avaliará a capacidade de toma de decisións de acordo cos contidos e ideastraballadas durante o xogo. Dito informe conterá unha análise estratéxica de cadaunha das decisións tomadas nas distintas rondas do xogo de empresa, comentandoa partires da situación de partida en cada ronda porqué se toman ditas decisións, adoptando polo tanto unha visión reflexiva e crítica de cada unha das decisións tomadas, ronda a ronda, e tamén se ha de ofrecer unha valoracion final de conxunto tanto en térmos da estratexia global adoptada como dos resultados acadados.
Para a segunda oportunidade a entrega do traballo centrado na parte da simulación deberá ser enviado porcorreo electrónico ós profesores da materia José López Rodríguez (jose.lopez.rodriguez@udc.es) e José María Losada López (chema.losada@udc.es) antes da finalización do período de exames da segunda oportunidade. Ademáis no seu momento habilitarase o espazo correspondente através de Moodle para subir dito documento.
Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.
Cualificaciónde non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificaciónfinal, con independencia da cualificación alcanzada.
Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade . En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo , expoñéndoa en caso necesario.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos e propiciarase a intervención nas clases do estudantado.
Fomentaranse os valores de respeto e igualdade para evitar situacións de discriminación por razón de xénero ou de calquera outro tipo.