A asignatura divídese en dous módulos, o de Matemáticas e máis o de Estatística. Ambos bloques desenvolveranse de forma autónoma e simultánea.
Os criterios de avaliacións serán os mesmos en ambos módulos, e a cualificación final da asignatura consistirá na suma das puntuacións totais obtidas en cada módulo.
O 60% da cualificación final corresponde ás probas de avaliación continua, prácticas a través de TIC e traballos tutelados mentres que o 40% restante corresponde ás probas obxectivas.
A proba mixta considérase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 50% da súa calificación para que se computen o resto de actividades avaliadas. Ademáis, se poderá esixir un mínimo dun 20% da calificación máxima en cada un dos dous módulos para considerala superada.
Cada un dos bloques terá un peso do 50% na calificación final.
Na avaliación continua poderíase ter en conta a participación do alumnado nas actividades organizadas pola Facultade de Economía e Empresa, como xornadas, Green Campus ou outras.
Cualificación "Non Presentado/a": corresponde ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota acadada.
Na segunda oportunidade a avaliación continua terá un peso do 60% na cualificación final mentres que o
40% restante corresponde ás probas obxectivas. Os alumnos poderán elexir antes da data fixada polo profesorado se renunciar ou non a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade (a renuncia é independente para cada un dos bloques da materia). No caso de renunciar, o alumno terá que realizar de novo tarefas correspondentes á avaliación continua na data que se lle indique dentro do período de exames da segunda oportunidade.
Convocatoria avanzada: nesta oportunidad é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante tarefas engadidas de xeito adicional para a proba obxectiva final.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: salvo no caso das datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para o resto das probas acordarase un calendario específico compatible coa súa dedicación ao comezo do curso.
Identificación do alumno: o alumnado deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
Realización das probas obxectivas finais: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.