A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación : Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.
2. Identificación do estudante : O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.
3. Comportamento Fraudulento: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
B) TIPOS DE CALIFICACION :
1. Calificación de non presentado : Corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada.
2. Calificación de suspenso (nota numérica de "0"): Caso de comportamento fraudulento
c) PROBA:
A avaliación consistirá na presentación e defensa dun traballo supervisado cuxa avaliación representará o 100% da nota (primeira oportunidade e segunda oportunidade). Esta consistirá na realización dun traballo de investigación utilizando xestión de datos e técnicas de análise empírica, en particular, técnicas de análise xeográfica. En función do calendario, poderá haber dúas entregas, a primeira como borrador, para recibir correccións, e a segunda como entrega final.
A selección do tema de investigación ha de ter lugar canto antes, en conversas co profesor da materia. Vocacionalmente esta materia está orientada a achegar valor ao traballo de fin de máster (TFM). Daquela, suxírese realizar un traballo sobre un tema que sexa útil para o TFM ou, directamente, ampliar logo o traballo desta materia para o converter en TFM.
Os criterios de avaliación do traballo serán:
- Estrutura e presentación: 10%
- Respecto ás normas dun artigo científico: 20%
- Redacción: 10%
- Pregunta de investigación/obxectivo, lóxica narrativa e conclusións: 20%
- Dificultade do tema: 40%
Este traballo será obrigatorio para os/as estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia".
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.