Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Macroeconomía Código 611G01017
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rungo , Paolo
Correo electrónico
paolo.rungo@udc.es
Profesorado
Rungo , Paolo
Correo electrónico
paolo.rungo@udc.es
Web
Descrición xeral "Macroeconomía" é a continuación da materia "Principios de Macroeconomía". Por tanto, a partir das competencias e dos conceptos xa adquiridos, discútense temas e problemas relevantes e actuais, cun nivel de complexidade intermedio. Cobra especial relevancia o estudo da interrelación entre variables macroeconómicas, en particular en economías abertas, mediante a análise crítica de modelos teóricos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender o carácter dinámico dos ciclos de produción e de inflación, e os efectos que a política monetaria e fiscal teñen sobre elas. A1
A2
A3
A5
A8
A10
A11
A13
B1
B2
B4
C1
Entender o papel das expectativas nas decisións de consumo e investimento. A1
A2
A3
A4
A5
A8
A10
A12
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Entender o concepto de tipo de cambio e o papel das políticas económicas e comerciais na súa determinación. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
B7
B8
C1
C2
Analizar a interrelación entre as variables macroeconómicas e as políticas de estabilización nas economías abertas. A2
A3
A6
A8
A10
B1
B2
B7
C1
C2
Valorar a Macroeconomía e os modelos económicos de forma crítica A3
A4
A7
A10
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C6
C8
Analizar os procesos de axuste da economía no medio prazo. A2
A3
A5
A8
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A demanda. 1.1 Equilibrio do mercado de bens, multiplicador e curva IS (repaso de "Principios de Macroeconomía").
1.2 Expectativas e comportamento prospectivo: consumo e investimento.
1.3 Demanda e desigualdade.
1.4 Consumo, investimento e a curva IS.
2. A oferta. 2.1 Determinantes do desemprego estrutural.
2.2 Equilibrio do lado da oferta e desigualdade.
2.3 Rixideces nominais, curva de Phillips e ciclo económico.
3. O modelo das 3 ecuacións. 3.1 O papel do Banco Central na estabilización.
3.2 Preferencias do Banco Central e regras monetarias.
3.3 O modelo das 3 ecuacións.
4. Expectativas e política macroeconómica. 4.1 Curva de Phillips, expectativas e inflación.
4.2 Hipótese sobre expectativas, sesgo de inflación e inconsistencia temporal.
4.3 Expectativas de inflación ancoradas e histérese.
5. Entorno financeiro e macroeconomía. 5.1 Tipos de interese, bancos e mercados financeiros.
5.2 O negocio da banca.
5.3 Operacións de política monetaria en réximes de reservas escasas e amplas.
6. Política fiscal. 6.1 O papel da política fiscal na estabilización.
6.2 As dinámicas da débeda.
6.3 A restrición orzamentaria do goberno e a equivalencia Ricardiana.
7. O modelo das tres ecuacións nunha economía aberta 7.1 O mercado de divisas e a condición de paridade descuberta dos tipos de interese.
7.2 O equilibrio nunha economía aberta.
7.3 A estabilización nun sistema de tipos de cambio flexibles.
8. A economía aberta: demanda e oferta 8.1 A demanda e a balanza comercial.
8.2 A oferta nunha economía aberta.
8.3 O modelo de medio prazo nunha economía aberta.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 B2 B1 B3 C4 C5 C7 C8 17 17 34
Obradoiro A3 A4 A7 A9 A11 A12 A13 B2 B3 B4 B8 C1 C2 C3 6 6 12
Lecturas A3 A7 A9 A11 A13 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C2 5 10 15
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 0 20 20
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A4 A7 A8 A9 A11 A13 B2 B1 B8 B9 C3 C4 19 0 19
Proba obxectiva A3 A4 A9 A11 A12 A13 B6 C1 C6 0 35 35
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades docentes do curso incluirán clases maxistrais. A asistencia, aínda que non obrigatoria, considérase de fundamental importancia para a aprendizaxe da materia.
Obradoiro Realizaranse actividades participativas como debates e análise da actualidade macroeconómica.
Lecturas Lectura de informes profesionais e artigos de prensa sobre a actualidade macroeconómica.
Traballos tutelados Traballo en grupo: estudo da situación macroeconómica dun país.
Aprendizaxe colaborativa Aprendizaxe na aula mediante procura de información, análise de datos e resolución de problemas.
Proba obxectiva Exame final da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumno realizarase nas propias aulas e mediante reunións individuais. Nesta actividade de atención personalizada ao alumno inclúese a acción de titoría en grupos reducidos.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
poderá utilizar as horas de titoría para calquera aclaración, en calquera caso, para a preparación do exame.



Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A4 A7 A9 A11 A12 A13 B2 B3 B4 B8 C1 C2 C3 Tarefas de procura e interpretación da información, análise de datos e estudo da realidade macroeconómica. 20
Proba obxectiva A3 A4 A9 A11 A12 A13 B6 C1 C6 Exame final 70
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 Traballo en grupo: estudo da situación macroeconómica dun país. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación final (CF) de 5 sobre 10, e os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

O examen final (EX) cualificaranse sobre 10, debéndose obter un mínimo de 5 puntos para aprobar. Neste caso, Neste caso, é dicir, no caso de obter un mínimo de 5 puntos no exame final, a cualificación final da materia calcularase utilizando a seguinte fórmula:CF=EC+EX(10-AC)/10, onde AC indica a puntuación obtida na avaliación continua durante o curso, que representa o 30% (máx. 3 puntos).

Na segunda oportunidade de avaliación, terase en conta a nota da avaliación continua (AC) acadada na primeira oportunidade, e non será posible recuperala doutra forma. Na convocatoria anticipada, a avaliación continua non se terá en conta, e a cualificación final dependerá só do exame final.

A participación activa na clase pode compensar ata un punto sobre dez das demais actividades. É dicir, a "participación" non constitúe unha actividade avaliable por si, senón que pode permitir compensar parcialmente a avaliación recibida nas demais actividades realizadas, no caso de non ter obtido a máxima puntuación. A participación valorarase de forma obxectiva a partir das actividades realizadas na clase. En particular, para a avaliación da participación, teranse en conta as respostas ás preguntas realizadas na clase sobre as lecturas asignadas en cada tema.

OUTRAS OBSERVACIÓNS

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

- Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

- Se incorporará a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Olivier Blanchard (2017). Macroeconomía (7.ª edición). Madrid: Prentice Hall
Wendy Carlin, David Soskice (2023). Macroeconomics: institutions, instability, and inequality. Oxford, UK: Oxford University Press

Bibliografía complementaria Mankiw, N. G. (2020). Macroeconomía (10a ed.). Antoni Bosh
W. Mitchell, L. Randall Wray y M. Watts (2019). Macroeconomics. London: Red Globe Press
Tony Myatt (2023). The macro-economics anti-textbook. London: Bloomsbury academic


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Macroeconomía/611G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Macroeconomía. Crecemento e Dinámica/611G01028

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato dixital (sen impresión).

2. Térase en conta a importancia dos principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías