Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros.
|
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B2 B7
|
C2 C3
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A9
|
|
C2 C3 C5
|
Analizar e interpretar o contido dos estados financeiros utilizando ferramentas de análise de datos (Power BI). |
A1 A2 A3 A9 A10 A12
|
B2 B3 B4 B5
|
C2 C3 C6 C7
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A7 A9
|
B1 B3 B5 B6 B8
|
C3 C6
|
Capacidade para cooperar con outras persoas e para traballar en equipo. |
A7 A11 A13
|
B4 B9
|
C1 C7 C8
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
A1 A2
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
|
Tema 1: Decisións empresariais e contabilidade financeira
|
1.1. Actividade empresarial e necesidade de información
1.2. Usos e usuarios da información financeira e non financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información
|
Tema 2: O balance de situación |
2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación |
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo |
3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Formato da conta de resultados
3.3. Relación entre conta de resultados e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos |
Tema 4: O método contable |
4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. Rexistro de transaccións. O esquema de cargos e abonos
|
Tema 5: Rexistros contables |
5.1. Anotacións no libro diario
5.2. Listado de apuntes por conta (libro maior)
5.3. Balance de comprobación e estados financeiros |
Tema 6: O ciclo contable |
6.1. O exercicio contable
6.2. Rexistro de transaccións
6.3. Axustes previos ao peche de exercicio
6.4. Preparación de estados financeiros
6.5. Peche de contas temporais |
Segunda parte: Análise e interpretación de estados financeiros |
|
Tema 7: O contido dos estados financeiros |
7.1. Estrutura e contido dos estados financeiros básicos.
7.2. Estados financeiros comparativos e gráficos para estudar a evolución ao longo do tempo
7.3. Comparacións entre empresas; utilidade das porcentaxes verticais |
Tema 8: Estudo da rendibilidade |
8.1. Rendibilidade económica
8.2. Rendibilidade financeira
8.3. Débeda e rendibilidade |
Tema 9: Solvencia e liquidez |
9.1. Endebedamento
9.2. Capacidade de xerar fluxos de efectivo
9.3. Activos e pasivos correntes. Rotacións e prazos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A8 |
8 |
12 |
20 |
Discusión dirixida |
A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 |
7 |
12 |
19 |
Prácticas a través de TIC |
A6 A7 A9 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
22 |
44 |
66 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 |
3 |
12 |
15 |
Proba mixta |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
1 |
5 |
6 |
Proba práctica |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
2 |
10 |
12 |
Proba obxectiva |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
1 |
5 |
6 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 C5 C7 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Prácticas a través de TIC |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. Utilizarase a folla de cálculo e software de contabilidade para o rexistro de transaccións e a preparación de estados financeiros e Power BI para analizar o contido dos informes financeiros. |
Presentación oral |
Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Proba mixta |
Proba obxectiva, de ensaio ou unha combinación de ambas, a realizar na data prevista polo centro para o exame final. |
Proba práctica |
Probas asociadas ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula (resolución de exercicios e casos prácticos). |
Proba obxectiva |
Proba intermedia de resposta múltiple orientada a avaliar os avances do alumnado coa materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Presentación oral |
Proba mixta |
Proba práctica |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula ou fóra dela teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos casos que se lle propoñen. Esta orientación realizarase na aula, cando o estudante o solicite ou o docente perciba que este ten dificultades para enfocar a cuestión a resolver, pero tamén en titorías individuais, así como a través do foro virtual da materia ou do chat de Teams. Por último, a atención personalizada tamén é moi importante nas titorías en grupo reducido (TGRs), destinadas á orientación e seguimento do traballo de análise de estados financeiros que os estudantes deben realizar en equipo. Estas TGRs non están programadas no horario de docencia publicado pola FEE e desenvolveranse, previsiblemente, nas semanas, 10, 11 e 12 do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 |
Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
20 |
Proba mixta |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. |
30 |
Proba práctica |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. |
40 |
Proba obxectiva |
A4 A9 A12 B2 B3 C3 |
Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. |
10 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua (proba obxectiva, probas prácticas e presentación oral) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 30% exame final.
b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final. c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Molina, H., Ramírez, J. N., Bautista, R. y De Vicente, M. (2014). Análisis de Estados Financieros para la Toma de Decisiones. Delta Publicaciones
Sutton, T. (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Archel, P., Carrasco, F., Lizarraga, F., Sánchez, S. y Cano, M. (2022). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Pirámide
Reverte Maya, C. (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Wild, J. (2018). Financial Accounting Fundamentals. McGraw Hill
Phillips, F., Libby, R., and Libby, P.A. (2012). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2008). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2019). Introducción a la Contabilidad. Sanz y Torres
Rivero Menéndez, M. J. y Camacho Miñano, M. M. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson Education |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2010). Contabilidad. Pearson
Arquero Montaño, J.L., Jiménez Cardoso, S. y Ruiz Albert, I. (2021). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G01004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Sustentabilidade 1. Todo o intercambio de documentos e traballos entre
profesorado e alumnado realizarase en formato dixital, preferentemente Moodle. 2. Promoveranse os principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Perspectiva de xénero 3. Incorpórase a perspectiva de xénero a través do uso de linguaxe non
sexista, o emprego de exemplos e casos prácticos onde mulleres e homes se
presenten como semellantes na súa relevancia profesional, o uso de bibliografía
de autores de ambos os sexos, promovendo a intervención en clase de alumnas e
alumnos, ... 4. Traballarase para modificar prexuízos e actitudes sexistas e para
fomentar valores de respecto e igualdade. 5.- No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero,
proporanse accións e medidas para corrixilas. Atención á diversidade
6. Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
|
|
|