Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Econometría I Código 611G01022
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Correo electrónico
maria.lodeiro@udc.es
Profesorado
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Correo electrónico
maria.lodeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, fortemente relacionada coa teoría e a política económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da introdución á econometría impartida no segundo curso, e céntrase, básicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos constitúen unha parte fundamental do temario.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística e comprender os resultados da súa aplicación empírica. A3
A5
A9
A10
A12
A13
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C5
C6
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predicción. A4
A7
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C4
C5
C6
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predecir cun modelo de regresión lineal múltiple. A7
A9
A10
A11
A12
B2
B3
B5
B8
C1
C3
C6
C8
Analizar, dende un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. A1
A2
A3
A4
A5
A9
A12
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. O modelo de regresión lineal clásico. - Revisión das hipóteses e do proceso de estimación.
- Propiedades dos estimadores.
- Análise da bondade do axuste.
2. Inferencia no modelo clásico. - Hipótese de normalidade.
- Distribucións de probabilidade dos estimadores.
- Contrastes de hipóteses para os parámetros.
- Estimación por intervalo.
3. Predición no modelo clásico. - A predición: concepto e clases.
- Predición óptima no modelo clásico.
- Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
- A estabilidade no período de predición.
4. Multicolinealidade. - Concepto.
- Causas e consecuencias.
- Procedementos para detectala.
- Posibles formas de actuar.
- Selección de regresores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 C6 C7 C8 1 0 1
Sesión maxistral A3 A4 A5 A7 A9 A11 A13 B1 B4 B7 C1 C5 17 34 51
Obradoiro A1 A2 A13 B2 B3 B6 B8 B9 C1 C4 C5 C6 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A10 A11 A12 C3 C8 8 16 24
Proba obxectiva A3 A4 A5 A7 A12 B2 B3 B5 C1 C6 2 6 8
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a outras que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación.
Sesión maxistral Aínda que se fomentará a participación dos alumnos, cada sesión maxistral consiste na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva É unha proba para avaliar o grao de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Proba obxectiva
Descrición
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. Neste sentido, as prácticas a través de TIC, os obradoiros e as titorías configúranse como ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A13 B2 B3 B6 B8 B9 C1 C4 C5 C6 Nestas clases os alumnos deberán resolver e entregar as probas, controis, problemas e cuestions que lles sean propostos, na forma que se detallará ao comenzo do curso. 60
Proba obxectiva A3 A4 A5 A7 A12 B2 B3 B5 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido practico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 40
 
Observacións avaliación

A) Cualificacións primeira oportunidade (enero) e segunda oportunidade (xullo).

As actas incluirán a máis alta das seguintes cualificacións: 

A.1. Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (máximo 6 puntos) e na proba obxectiva (máximo 4 puntos).

A.2. Cualificación obtida na proba obxectiva puntuada sobre 10. 

En calquera caso, para aprobar a matería o alumno deberá obter polo menos 5 puntos dun total de 10.  

B) Oportunidade adiantada.

Haberá unha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía docente do curso académico vixente. Para aprobar a asignatura o alumno debe obter ao menos 5 puntos (sobre un total de 10). 

C) O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas.

D) Ninguha proba de avaliación poderá sustituirse por exercicios ou outras tarefas.

E) A cualificación de non presentado corresponde só a os alumnos que participen en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

F) Como é preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario. Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

G) As sancións derivadas das faltas disciplinarias do alumnado
rexeranse polo «Regulamento Disciplinario do Alumnado da Universidade
da Coruña
».




Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U.; González, Y.; Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con Eviews.. RA-MA.
Rey Graña, C. y Lodeiro Hermida, M. (2021). Econometría para entender.. https://fee.carlarey.es/
Guisán, M.C. (1997). Econometría.. McGraw-Hill.
Ramil, M.; Rey, C.; Lodeiro, M.; Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica.. Reprografía Noroeste, S.L.

Bibliografía complementaria Gujarati, D y Porter, D. (2010). Econometría.. McGraw-Hill
Wooldridge, J. (2012). Introducción a la Econometría. Un enfoque moderno. . Thomson

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.usc.es/economet e http://ideas.repec.org. Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Principios de Macroeconomía/611G01005
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Matemáticas II/611G01010
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia é a continuación da Introdución á Econometría; por tanto, é moi importante que os alumnos estéan familiarizados co seu contido. Recoméndase revisar o material correspondente antes ou ao comezo do cuadrimestre.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías