Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Demostrar o papel crucial que desempeña un Sistema Financeiro no marco dunha economía moderna |
A2 A3 A4 A8 A11 A12
|
|
C1
|
- Analizar as características fundamentais (liquidez, rendibilidade e risco) dos principais instrumentos financeiros |
A2 A3 A4 A11 A12
|
|
C1
|
- Avaliar a influencia dos principais determinantes dos prezos dos activos financeiros |
A2 A3 A4 A5 A7 A11
|
|
C1
|
- Recoñecer os principios básicos que deberían guíar a xestión das entidades bancarias |
A1 A2 A11 A12
|
|
C1 C5 C6
|
- Xustificar a necesidade de regulación e supervisión dos sistemas financeiros |
A2 A11 A12
|
|
C1
|
- Coñecer as principais vías de influencia da política monetaria sobre o prezo dos activos negociados nos mercados financeiros. |
A2 A11 A12
|
|
C1
|
- Comprobar o importante papel dos intermediarios financeiros no mecanismo de transmisión da política monetaria |
A2 A11 A12
|
|
C1
|
- Resolver casos prácticos que esixen a aplicación de principios elementais de valoración de activos. |
A2 A11 A12
|
|
C1
|
- Usar informacións e datos relevantes co fin de investigar a realidade das institucións e os mercados financeiros. |
A10 A11 A12
|
|
C1
|
- Diagnosticar o tono da política monetaria e o grado de presión financeira ao que está sometido o sector privado da economía. |
A2 A11
|
|
C1
|
- Manexar fuentes documentais en inglés |
A11
|
|
|
- Mostrar interese polas cuestións relacionadas co campo de estudo da Política Monetaria e Sistema Financeiro |
|
B6 B9
|
C4 C7 C8
|
- Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia |
|
B4 B5
|
C1 C4
|
- Colaborar activamente na realización de traballos en equipo |
A6 A13
|
B8
|
C4
|
- Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro |
|
B7
|
C4 C5
|
- Avaliar críticamente os principais problemas e desafíos aos que se enfrenta a política monetaria na zona euro
|
A1 A2 A9
|
B1 B2 B3
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1.SISTEMA FINANCEIRO: UNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN |
- Introdución
- Sistema financeiro: concepto, estrutura e funcións
- Instrumentos financeiros
- Mercados financeiros
- Institucións financeiras
|
TEMA 2. MERCADO DE BONOS E TAXAS DE XURO |
- Introdución
- Bonos: concepto, clases, prezo e rendimento
- O mercado de bonos e a determinación das taxas de xuro
- Riscos asociados aos bonos
- Estrutura temporal das taxas de xuro
|
TEMA 3. MERCADO DE ACCIÓNS |
- Introdución
- Acción: concepto, características e rendemento
- Valoración de accións
- O papel do mercado de accións na economía
|
TEMA 4. MERCADO DE DIVISAS E TIPOS DE CAMBIO |
- Introdución
- Divisas e tipos de cambio: conceptos básicos
- Factores determinantes dos tipos de cambio
- Intervención dos bancos centrais nos mercados de divisas
|
TEMA 5. BANCOS E XESTIÓN BANCARIA |
- Introdución
- O balance dos bancos comerciais
- Principios básicos da xestión bancaria
- Regulación bancaria |
TEMA 6. POLÍTICA MONETARIA |
- Introdución
- Papel do sistema financeiro no mecanismo de transmisión monetaria
- Política monetaria e inflación de activos
- A política monetaria na Eurozona |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A8 B7 B9 |
17 |
34 |
51 |
Lecturas |
A2 A8 A11 C6 |
0 |
10 |
10 |
Solución de problemas |
A2 A9 A13 B3 B4 C1 C6 |
10 |
14 |
24 |
Discusión dirixida |
B4 B6 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
0 |
2 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A4 B1 B5 |
2 |
20 |
22 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 |
5 |
10 |
15 |
Proba mixta |
A3 B8 C1 |
2 |
20 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |
Lecturas |
Conxunto de textos e documentación escrita que se usan como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida |
Traballos tutelados |
Actividade deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |
Proba mixta |
Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Lecturas |
|
Descrición |
Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.
Realizaranse tutorías individualizadas a través de correo electrónico, Teams y Moodle.
As Titorías de Grupos Reducidos (TGR), que poderán impartirse de forma presencial ou online, dividiranse en 4 sesións por grupo de 1 hora de duración cada sesión, e prevese que a súa programación teña lugar en torno ás semanas 7 e 13 do cuadrimestre.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 B8 C1 |
O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico-práctico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recollidos no programa e desenvolvidos nal aula
A parte teórica do exame poderá incluir preguntas tipo test.
Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos.
|
50 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A4 B1 B5 |
Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. Ao longo do curso faranse duas probas obxectivas tipo test. |
20 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 |
Actividades deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de realización dos exames: durante a realización dos exames está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá ursarse esta conexión co exterior e/our o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante a realización das probas presenciais. 2. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa vixente. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN Cualificación
de Non Presentado: Outorgarase esta
cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN Primeira oportunidade: na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua+exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da mesma. Na proba mixta, que se realizará na convocatoria oficial (data do calendario oficial de primeira oportunidade, na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 5 puntos. Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada de decembro: Na data e hora establecidas no calendario académico oficial para
a realización da proba de avaliación correspondente á segunda oportunidade,
realizarase un exame que constará de dúas partes. Por un lado, unha primeira
parte xeral, que representa un 50% da nota final que se suma a cualificación
obtida polo/a alumno/a nas probas de avaliación continua realizadas ao longo do
cuadrimestre. Por outro lado, unha segunda parte específica para que os
alumnos/as que o desexen poidan recuperar a cualificación correspondente ás
probas e actividades contempladas na evaluación continua programadas e realizadas
ao longo do cuadrimestre (probas test, problemas e outras actividades
avaliables). A realización desta parte específica consistirá nunha serie de
preguntas, exercicios e/ou casos prácticos cos que se avaliará a adquisición do
tipo de competencias requeridas para superar as probas de avaliación continua
realizadas durante o cuadrimestre. Esta parte do exame permite acadar un máximo
do 50% da nota final. Deste xeito, todos/as os/as alumnos/as estarán en condicións
de acadar na segunda oportunidade un 100% da cualificación. Esta mesma
posibilidade darase aos estudantes da oportunidade adiantada. Nota: o alumno/a que realiza a
parte específica da proba de avaliación final programada para a segunda
oportunidade enténdese que renuncia a cualificación obtida pola realización das
probas e actividades avaliables contempladas no proceso de avaliación continua
desenvolvido durante o cuadrimestre. D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: - Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguriá o mesmo sistema de avaliación que o que está a tempo completo, con adaptación da entrega das prácticas que forman parte da avaliación continua. - Fraude acacadémico: cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. E) En calqueira caso,en todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente de la UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES (2008). Guía del Sistema Financiero Español. Madrid: Ediciones Empresa Global
BANCO CENTRAL EUROPEO (2004). La política monetaria del BCE. Banco Central Europeo
BANCO CENTRAL EUROPEO (2005). Burbujas del precio de los activos y política monetaria. Burbujas del precio de los activos y política monetaria, Boletín Mensual del Banco Central Europeo,
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (2005). El análisis de la economía española. Madrid: Alianza Editorial
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (1997). La política monetaria y la inflación en España. Madrid: Alianza Editorial
PAREJO GAMIR J.A. et al. (u.e.). Manual del Sistema Financiero Español. Barcelona: Ariel
MISHKIN, F.S. (2014). Moneda, Banca y Mercados Financieros. Pearson
ANDREU, J.M. (2000). Sobre los fundamentos del dinero y la banca. Madrid: Dikinson |
|
Bibliografía complementaria
|
DE GRAUWE, P. (2009). Economics of monetary union. Oxford: Oxford University Press
CECCHETI, S.G. y SCHOENHOLTZ, K. l. (2017). Money, Banking and Financial Markets. Boston: McGraw-Hill
BALL, L. (2009). Money, Banking and Financial Markets. New York: Worth Publishers
MISHKIN, F.S. (2004). The Economics of Money, Banking and Financial Markets. Londres: Pearson-Addison Wesley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G01001 | Principios de Macroeconomía/611G01005 | Política Económica/611G01013 | Macroeconomía/611G01017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019 |
|
Materias que continúan o temario |
Finanzas Internacionais/611G01037 | Mercados e Intermediarios Financeiros/611G01038 |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|