Para superar a materia en calquera oportunidade requírese un mínimo de 5 sobre 10.
No exame final da primeira oportunidade é necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.
Na avaliación da segunda oportunidade tomarase a mellor cualificación das seguintes opcións:
a. O exame supoñerá o 100% da cualificación final sen ter en conta a avaliación continua.
b. O exame supoñerá o 60% da cualificación e o 40% restante será o que se obtivo durante o curso na avaliación continua. É necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.
Na convocatoria adiantada realizarase un exame que supoñerá o 100% da cualificación.
Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento da información.
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando soamente participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final.
O alumno terá que acreditarse persoalmente segundo a normativa vixente.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que que estean exentos da asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.