Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender as consecuencias que sobre os estimadores MCO dos coeficientes do modelo clásico ten o incumprimento dalgunhas das súas hipóteses.
|
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 A12 A13
|
B1 B2 B3
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Saber a forma en que un modelo econométrico pode incorporar información cualitativa.
|
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 A12 A13
|
B3 B4 B5 B6
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender a forma en que os modelos dinámicos e os de ecuacións múltiples poden ser especificados e estimados.
|
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 A12 A13
|
B9
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender a utilidade dos modelos econométricos para analizar as relacións económicas que se presentan na economía real.
|
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13
|
B1 B3 B7 B8 B9
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Utilizar ferramentas informáticas adecuadas para a aplicación das competencias anteriores.
|
A7 A9 A10
|
|
C2 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1) O modelo de regresión lineal xeneralizado (MRLX)
|
1.1. Hipóteses do modelo. Consecuencias da estimación MCO deste modelo.
1.2. Os estimadores de mínimos cadrados xeneralizados (EMCX). Obtención.
1.3. Heterocedasticidade: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.
1.4. Autocorrelación: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.
|
2) As variables ficticias nos modelos econométricos. |
2.1. Definición e incorporación ao modelo.
2.2. Contrastes de estabilidade da mostra.
|
3) Modelos de ecuacións simultáneas. |
3.1. Introdución. Expresión do modelo.
3.2. Hipóteses que o definen.
3.3. Propiedades dos estimadores MCO. A estimación de variables instrumentais (VI).
3.4. A estimación de mínimos cadrados en dúas etapas (MC2E). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A2 A7 A9 A11 B1 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A9 A11 B2 B8 B9 |
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 |
15 |
30 |
45 |
Prácticas a través de TIC |
A5 A6 A7 A10 A12 C2 C3 |
7 |
28 |
35 |
Proba obxectiva |
B5 B6 B7 B8 C6 |
2 |
9 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle as actividades a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, finalmente, repasaranse os conceptos básicos das materias de econometría anteriormente cursadas.
|
Sesión maxistral |
Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais. Incluiranse exemplos e exercicios que permitan amosar a funcionalidade e limitacións dos métodos expostos. |
Obradoiro |
Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Prácticas a través de TIC |
Trátase de sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Proba obxectiva |
Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. A atención prestarase nas horas de clase, nas horas prácticas a través de TIC e no horario semanal de titorías.
A atención personalizada para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase principalmente no horario semanal de titorías dos profesores.
As TGR impartiranse de maneira presencial e prevese que a súa programación teña lugar ao redor das semanas 10 e 13 do cuadrimestre. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 |
Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. |
30 |
Proba obxectiva |
B5 B6 B7 B8 C6 |
Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de avaliación
1.1 Normas para a realización das probas de avaliación presenciais
Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. O profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.
1.2 Normas para a realización das probas de avaliación controladas a través de Teams
As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa se desconecta de Teams durante a realización da proba ou sae do campo de visión da cámara durante a súa realización, a proba considerarase non entregada. Cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba se considere non entregada.
O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade.
Salvo que se indique o contrario, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros y/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa.
2. Identificación do estudante
O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. Para iso o profesorado poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo que a xuízo do profesorado sexa equivalente aos anteriores.
3. Procedemento de actuación ante a realización fraudulenta dunha actividade que computa na avaliación
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN
1. Cualificación de non presentado
Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación presencial que o estudantado a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. Primeira oportunidade
A avaliación da materia constará dun ou varios talleres e dunha proba obxectiva: os talleres terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba obxectiva, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 nesta proba. Por tanto, para aprobar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba obxectiva de primeira oportunidade e obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións dos talleres e da proba obxectiva. Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.
2. Segunda oportunidade
O exame de segunda oportunidade realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade, por tanto a proba obxectiva seguirá valorándose co 70% da cualificación total (cunha nota mínima de 2.5 puntos sobre 7). Para obter o 100% da cualificación nesta segunda oportunidade, o profesorado indicará a proba que será necesaria para recuperar o 30% de avaliación continua. Os estudantes que queiran optar á recuperación do devandito 30% de avaliación deberán ter en conta que a nota definitiva da avaliación continua será a que se obteña nesta segunda oportunidade, perdéndose a puntuación obtida durante a primeira. Para superar a materia a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos.
Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.
3. Convocatoria adiantada
A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se celebrará na data e hora establecidas polo centro. Dita proba valorarase cun máximo de 10 puntos e terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba obxectiva. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só se aplicarán neste suposto.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis econométrico con EViews. RA-MA
Fernández Gallastegui, Alonso (2004). Econometría. Pearson. Prentice Hall
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Gujarati, D. y Porter, D. (2011). Econometría. McGraw-Hill
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M., Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Noroeste S.L ISBN 13:978-84-92794-64-5 |
|
Bibliografía complementaria
|
Pena Trapero, J. et al (1999). Cien ejercicios de econometría. Pirámide
Wooldridge, Jeffrey (2015). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno.. Cengage Learning
Ramil, M. y Arranz, M. (2001). Modelos de ecuaciones simultáneas. ISBN 84-688-6034-4
Pulido, A. y Pérez, J. (2001). Modelos econométricos. Pirámide |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é
recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais
da economía. Poderanse utilizar, ademáis, outros libros de texto así como distintas fontes de datos
e materiais dispoñibles na rede que se detallarán ao longo do curso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estatística I/611G01006 | Matemáticas I/611G01009 | Microeconomía e Mercados/611G01012 | Estatística II/611G01014 | Macroeconomía/611G01017 | Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019 | Econometría I/611G01022 | Matemáticas II/611G02010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1) REQUISITOS PREVIOS
É moi importante que os alumnos estean familiarizados cos contidos das materias de Introdución á Econometría e Econometría I.
2) OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase de modo virtual, en formato dixital e sen necesidade de imprimilos.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Valorarase positivamente a implicación do alumnado nas actividades realizadas pola Facultade de Economía e Empresa, como a asistencia a conferencias, congresos, participación no Plan de Acción Titorial (PAT), colaboración co proxecto Green Campus, etc.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|