Competencias / Resultados do título |
Código

Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Se trata de que o alumnado adquira o coñecemento e a perspectiva da actividade económica como un subsistema integrado dentro do sistema global da sociedade, entendida esta como un corpo xeral ou en conxunto, coas súas correspondentes partes integrantes, entre elas as correspondentes ás accións económicas, coas súas correspondentes finalidades específicas e comúns. Nesa visión global ou de conxunto, trátase de dar a coñecer que o alumnado entenda as conexións, implicacións, reciprocidade e reflexividade da actividade económica dentro da actividade xeral da sociedade. Que o alumnado teña o máis claro posible o papel da actividade económica no escenario conxunto da sociedadePolo tanto, o obxectivo do curso é unha análise introdutoria -aínda que sistemático-, das relacións entre Economía e Sociedade. Obxectivos de aprendizaxe: 1.- A análise dos feitos económicos pode -e debe- incorporar elementos de natureza social e política. 2.- As bases da teoría económica inclúen, ademais dun corpus teórico-científico, unha determinada concepción do mundo, derivada á súa vez do contexto social onde se inscribe. Estes resultados corresponderanse coas competencias nucleares e transversais da titulación. |
A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12

B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10

C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8

Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. O enfoque sociolóxico da actividade económica |
Principais teorías da socioloxía económica.
Socioloxía e economía: encontros e diverxencias
Socioloxía económica en la historia do pensaiento social.

Tema 2. O mercado como institución social. |
Mercados e sistemas de mercados
As ambivalencias e os límites do mercado
Ineficiencia-fallos do mercado
O capital financiero desde a perspectiva sociolóxica |
Tema 3. As técnicas de investigación social |
O Proceso de investigación social
A necesidade dun enfoque interdisciplinar
Principais técnicas cuantitativas e cualitativas.

Tema 4. A socioloxia da poblacion |
Estructura y dinámica de la población
Conceptos básicos: Tasas, Pirámides de población, Transición demográfica
Estructura y procesos de la población española

Tema 5. Socioloxía do Mercado de Traballo |
Conceptos fundamentais: Actividade, emprego e paro
As transformacións do traballo
A dualización e segmentación dos mercados de traballo

Tema 6. A Desigualdade global y la estratificación social

Que e a desigualdade
Teorías sobre la estratificación social
Teorías de a desigualdad global

Tema 7. Socioloxía do consumo |
¿Qué e la sociedade do consumo?
Teorías interpretativas do consumo
Tendencias do consumo en o siglo XXI.

Tema 8. O Estado de Benestar |
O estado de Benestar
Modelos, evolución e perspectivas.
Crise e reformulación do Estado de Benestar

Tema 9. Socioloxía da Empresa |
Evolución e perspectivas da empresa
A xestión de recursos humanos
Empresa e medioambiente |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 |
2.5 |
17.5 |
20 |
Obradoiro |
A5 A6 A8 A10 B3 B10 C8 |
25 |
50 |
75 |
Sesión maxistral |
A3 B2 B4 B5 B10 C3 C4 |
17 |
34 |
51 |

Atención personalizada |

4 |
0 |
4 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |

Descrición |
A atención personalizada en titorías de despacho permitirá que o profesor/a oriente ao alumno/a sobre obxectivos e metodoloxía.
Prácticas por parte do alumnos. Entregarase o programa detallado e calendario das prácticas o primeiro día de clase. Igualmente as horas de atención personalizada poderán dedicarse á explicación, comentario e/ou corrección das prácticas de taller.
Ademais do calendario de titorías presenciais nos horarios que se determinen a principio de curso por cada profesor/a, o/a alumno poderá acceder a titorías virtuais a través da ferramenta Moodle, así como a través do correo electrónico do profesor/a.
Formaranse dous subgrupos de 15 alumnos/ás. Fixarase unha titoría cunha duración de 6 horas repartidas en tres sesións de 2 horas cada unha para atender dúbidas sobre o traballo tutelado ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con antelación sobre o lugar en que se van celebrar.

Avaliación |
Metodoloxías

Competencias / Resultados |
Descrición

Cualificación

Proba obxectiva |
A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 |
Requirirase a realización dun proba obxectiva de acordo aos contidos do programa. Convén recordar que aínda que o alumno/a supere esta proba non é requisito abondo para aprobar a materia, xa que é imprescindible ter realizado a parte práctica que se explica a continuación. |
50 |
Obradoiro |
A5 A6 A8 A10 B3 B10 C8 |
Requirirase a realización das prácticas. As prácticas realizaranse sobre os temas propostos no programa. |
50 |

Observacións avaliación |

Para aprobar a materia sera necesario:

1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:

2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.

3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos.

No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade.

Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.

Por outra banda, A) Cualificación de non presentada: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. A) Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo

) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necerario

Fontes de información |
Bibliografía básica

ENGUITA M. (1998). Economía y sociología. Para un análisis sociológico
de la realidad económica. CIS ESPING-ANDERSEN, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías
postindustriales. Ariel GIDDENS, Anthony (2010). Sociología. Cap. 2,4,5,7,13, 14,20. Alianza LINDBLON CH. (2002). El sistema de mercado. Alianza Ensayo MACIONS, Ken y Plummer, John
(2011). Introducción a la sociología. Madrid: Pearson MARUANI M; ROGERAT CH.; TORNS T. (2000). Las nuevas fronteras de la
desigualdad: hombres y mujeres en el mercado de trabajo. Primera y segunda
parte.. Icaria RIBON; MARIA (2021) Sociología de
las Finanzas. Conceptos básicos ilustrados. SANTANA TUREGANO, M.A (2022):Homo
economicus u homo sociologicus? Introducción
a la sociología para la economía, la empresa y las finanzas . Mac-Grau-Hill TARDIVO, GUILIANO, (2019) Sociología del consumo, Madrid, Paraninfo |
Bibliografía complementaria

Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución ao Marketing/611G02015 |

Materias que continúan o temario |
Investigación de Mercados/611G02024 |

Observacións |
Recoméndase a asistencia continuada e regular á clase e o estudo diario da materia.
A lectura da Guía Didáctica desta materia é fundamental para coñecer as orientacións xerais da materia e as actividades prácticas que se deben realizar. Así mesmo, recoméndase o uso frecuente do Moodle da materia onde o alumnado será informado das propostas do profesor (avisos, prácticas, exercicios, noticias, etc.) e atopará os materiais obrigatorios da materia.
Ademais, como norma xeral, hai que ter en conta as seguintes cuestións:
1.- A entrega dos traballos documentais realizados nesta materia farase en soporte papel cumprindo os seguintes puntos:
- Non se utilizarán plásticos.
- Realizarase impresión a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitaranse borradores de impresión.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio ambiente.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
4.- De acordo coas distintas normativas aplicables á docencia universitaria, a esta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autores de ambos sexos, fomentarase a intervención do alumnado na clase. ...)
5.- Traballará na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e influirá no medio para modificar e promover valores de respecto e igualdade.
6. Débense detectar situacións de discriminación de xénero e propor accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitará a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psicolóxicas ou socioculturais, experimente dificultades para acceder á vida universitaria de xeito adecuado, en igualdade e rendibilidade. |