A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de realización dos exames e as probas, e identificación do estudantado
Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.
2. Fraude académica
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
3. Plataforma virtual
Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase o Campus Virtual da UDC (Moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera apropiado, poderá usarse a plataforma do departamento Moebius. Neste caso facilitaráselle a cada estudante un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información precisa para acceder a esta plataforma virtual.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN
1. Cualificación de non presentado
Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
2. Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de asistencia)
Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. Primeira oportunidade
Avaliación continua
A avaliación continua consistirá na realización de dúas probas tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de dúas probas de resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera un 40% do total da cualificación final.
Exame final
Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación final.
Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á cualificación obtida na avaliación continua e no exame final.
2. Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta, e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:
- Suma da puntuación obtida na avaliación continua da primeira oportunidade (máximo catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos)
- Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez.
3. Convocatoria adiantada: A cualificación final das persoas que soliciten a convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10 puntos.