Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estatística e Introdución á Econometría Código 611G02014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
Profesorado
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Lado González, Eva Mª
Martín Legendre, Juan Ignacio
Martinez Filgueira, Xose Manuel
Siaba Casais, Sabela
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
eva.lado@udc.es
juan.ignacio.martin.legendre@udc.es
xose.martinez@udc.es
sabela.siabac@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten dous contidos ben diferenciados. A primeira parte, Estatística, é a continuación da materia de primeiro curso “Estatística” e dedícase a presentar os conceptos e ferramentas da Inferencia Estatística, cuxo obxectivo é aproximar propiedades descoñecidas dunha poboación utilizando os resultados obtidos para unha mostra representativa da mesma. Préstase especial atención aos procedementos empregados para estimar os valores dos parámetros poboacionais descoñecidos, e para contrastar diversas hipóteses sobre os mesmos. A segunda parte, Introdución á Econometría, pretende establecer o papel da Econometría no contexto xeral da ciencia económica, introducir a terminoloxía e a linguaxe econométricos, e iniciar a aprendizaxe dos conceptos e das ferramentas básicas para a análise cuantitativa e empírica da economía.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B10
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar as técnicas básicas da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B2
B3
B4
C1
C4
C6
C7
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A4
A8
A10
A11
B1
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas, e valorar os resultados da estimación. A6
A8
A11
B2
B3
B4
B5
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. A9
B2
C8

Contidos
Temas Subtemas

1) Distribucións na mostraxe
- Conceptos básicos
- Resultados xerais
- Poboacións normais
- Algúns resultados para mostras grandes
2) Estimación - Estimación puntual
- Intervalos de confianza: formulación xeral
- Intervalos de confianza para poboacións normais
- Algúns intervalos de confianza para mostras grandes

3) Contrastación de hipóteses
- Formulación xeral
- Contrastación de hipóteses en poboacións normais
- Algúns contrastes de hipóteses para mostras grandes
4) O ámbito da Econometría
- Modelos económicos e modelos econométricos
- Terminoloxía e tipos de datos
- Apéndice. Regresión lineal: enfoque descritivo
5) O modelo clásico de regresión lineal - Supostos
- Estimadores
- Interpretación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B10 C4 C6 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A3 A4 A6 A8 A10 A11 B1 B3 B4 B5 B10 C4 C5 C6 C7 C8 15 45 60
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 7 14 21
Prácticas a través de TIC A3 A4 A6 A8 A9 A11 B2 B3 B4 B5 C6 C7 3 15 18
Obradoiro A3 A6 A8 A9 A11 A12 B3 B4 B5 C6 C7 8 16 24
Traballos tutelados A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 4 8 12
Proba obxectiva A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 3 6 9
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As clases comezarán cunha presentación da materia, na que expoñerase con detalle o traballo a desenvolver polo estudantado e como vai ser avaliado.
Sesión maxistral Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesorado. A exposición inclúe exemplos e exercicios que poñen de relevo as posibilidades e limitacións das técnicas analizadas.
Solución de problemas Docencia interactiva dedicada á solución de problemas nos que se aplican os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Obradoiro Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán un traballo en grupo da parte de Introdución á Econometría, no que combinarán o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. O traballo estará supervisado polo profesorado da materia durante a súa realización.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Estatística e outra de Introdución á Econometría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
- Resolución das dúbidas específicas de cada estudante que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas de cada estudante.
- A atención prestarase nas horas de clase, nas horas de titoría para grupos reducidos, e no horario semanal de titorías do profesorado.
- Impartiranse catro horas de titoría de grupo reducido para cada grupo ou subgrupo. Estas titorías, que poderán impartirse en forma presencial ou en liña, dividiranse en dúas ou tres sesións.
- A atención personalizada ao estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase no horario semanal de titorías do profesorado. En caso necesario procederase a unha extensión do horario anunciado, establecendo un horario de titorías específico para este colectivo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Cada estudante terá que resolver probas para solucionar problemas estatísticos y econométricos. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía.
20
Proba obxectiva A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Estatística e outra para a parte de Introdución á Econometría. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 70
Traballos tutelados A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 O estudantado deberá realizar e entregar un traballo. 10
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

A.1 Condicións de avaliación

As persoas que vaian realizar un exame presencial só poderán usar
un bolígrafo e unha calculadora científica non 
programable. Se fose necesario outro material, será facilitado polo
profesorado no momento de realizar a proba, ou anunciarase no Campus Virtual
cun mínimo de catorce días naturais antes da data do exame para que o estudante
tráiao o día da súa realización.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía
e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre o exame con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o
almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se
unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba,
supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa
correspondente. As persoas que traian dispositivos deste tipo o día do exame
–incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde
deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. O
profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.

A.2 Identificación do estudante

O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa
normativa vixente. Para iso o profesorado poderá requirir en calquera momento a
identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de
estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo
que a xuízo do profesorado sexa equivalente aos anteriores.

A.3 Procedemento de actuación ante a realización fraudulenta dunha
actividade que computa na avaliación

Nesta materia aplicarase o
disposto no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0)
na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

B.1 Cualificación de non presentado

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía
e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se
presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa
oportunidade.

B.2 Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia

Aplicaránselles as mesmas normas de avaliación que ao estudantado
matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda.
As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da
asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de
proba de avaliación presencial que o estudantado a tempo completo.

C) CÁLCULO
DA CUALIFICACIÓN NAS DIFERENTES OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

-
A avaliación continua representa un 30% da nota final (3 puntos) e consistirá
na realización de probas correspondente á parte de Estatística e á parte de
Introdución á Econometría, ademais da realización dun traballo correspondente á parte
de Introdución á Econometría.

 - Os exames oficiais tanto de primeira
oportunidade como de segunda terán unha parte de Estatística que supón un 40%
da nota e unha parte de Introdución á Econometría que supón un 30% da nota. Será necesario ter un
mínimo de catro puntos sobre 10 en cada parte para poder aprobar a materia.

Ademais
dos exames oficiais que contempla a normativa xeral do centro, os alumnos
poderán realizar un exame da parte de Estatística (40% da nota) a mediados do
cuadrimestre, a data anunciarase no Campus Virtual da materia. Os alumnos que
obteñan máis de catro puntos sobre dez no devandito exame liberarán esa parte
da materia e non deberán examinarse desa parte nin no exame de primeira
oportunidade nin no exame de segunda oportunidade.

Ao
exame oficial de primeira oportunidade deben presentarse todos os alumnos, pero
poden facelo soamente coa parte de Introdución á Econometría (se obtiveron polo
menos catro puntos sobre dez no exame liberatorio da parte de Estatística) ou poden facelo coas
dúas partes da materia.

No
exame oficial de segunda oportunidade os alumnos presentaranse coa parte de
Estatística e/o a parte de Introdución á Econometría. Realizarán a parte de Estatística se non
alcanzaron catro puntos nesta parte da materia, ben sexa no exame liberatorio ou no exame de
primeira oportunidade correspondente a devandita parte; e realizarán a parte
de Introdución á Econometría se non alcanzaron polo menos catro puntos nesta parte da
materia no exame de primeira oportunidade. En segunda oportunidade mantéñense as
porcentaxes de 40% para a parte de Estatística, 30% para a parte de Econometría e 30% para
avaliación continua. A nota da avaliación continua pode mellorarse ou obterse
nesta segunda oportunidade mediante a realización dun traballo individual do
que se dará información no mes de xuño.

Soamente
aprobarán a materia as persoas que obteñan máis de cinco puntos no total
ponderado das avaliacións, pero é requisito imprescindible obter polo menos
catro puntos sobre dez na parte de Estatística e na parte de Introdución á
Econometría. Debe terse en conta a seguinte excepción: os estudantes
cuxa suma total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que non cumpran o
requisito imprescindible serán cualificados na acta con 4,5 puntos.

Convocatoria adiantada

A
cualificación determinarase mediante un exame que se celebrará na data que
estableza o centro. O exame cualificarase sobre un máximo de dez puntos, dos
cales a parte de Estatística supoñerá un máximo de seis puntos e a parte de
Introdución á Econometría un máximo de catro puntos. Para aprobar a materia será
necesario cumprir os dous seguintes requisitos: a) Ter unha cualificación
mínima de cinco puntos no conxunto da materia, b) Ter unha
cualificación mínima de catro puntos (sobre dez) en cada unha das partes.


Fontes de información
Bibliografía básica Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Ruiz Maya, L. y Martín Pliego, F.J (2005). Fundamentos de Inferencia Estadística. AC
Stock, J.H. y Watson, M.W. (2012). Introducción a la Econometría. Pearson
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M. y Arranz, M. (2014). Introducción a la Econometría: teoría y práctica. Noroeste S.L.
Wooldridge, J.M. (2010). Introducción a la Econometría: un enfoque moderno. Cengage Learning

Bibliografía complementaria Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con EViews. Ra-ma
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de inferencia estadística y muestreo para economía y administración de empresas. Editorial Pirámide
Ruiz-Maya, L. y Martín-Pliego López, J. (2005). Fundamentos de Inferencia Estadística. Editorial Thomson-AC
Casas Sánchez, J. M. (1997). Inferencia Estadística. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
Martín, G., Labeaga, J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

1) REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. É moi recomendable que os estudantes estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas propiedades da media e da varianza, a regresión lineal, as distribucións de probabilidade, o manexo das táboas estatísticas e o teorema central do límite. Tamén é conveniente que repasen algúns conceptos básicos de álxebra matricial, como o produto de matrices e o determinante e a inversa dunha matriz.

2) OUTRAS CONSIDERACIÓNS

- Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías