Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Contabilidade Financeira II Código 611G02018
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Alvarez Dominguez, Maria America
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Fernández Rodríguez, María Teresa
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
m.fernandezr@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral Continuar o proceso de aprendizaxe iniciado na materia Contabilidade Financeira I, sobre a elaboración e comunicación da información contable, así como facilitar que o alumno se familiarice coa normativa contable e as súas consecuencias sobre as cifras recollidas nos estados financeiros.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Interpretar as transaccións económico-financeiras no contexto do marco conceptual A1
A3
A6
A8
A9
A10
A12
B1
B7
C4
C6
C7
C8
Coñecer as consecuencias da aplicación do marco conceptual e as normas contables nos estados financeiros A3
A4
A6
A8
A10
A12
B2
B4
B5
B10
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A2
A5
A6
A7
A9
A10
A11
B3
C6
Capacidade para traballar en equipo, de maneira consultiva. A12
B6
C4
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. A12
B8
C1
C4
C6
Ter un comportamento ético nos negocios C4

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I: A CONTABILIDADE FINANCEIRA COMO PARTE DO SISTEMA DE INFORMACIÓN DA EMPRESA PARTE I
A Contabilidade Financeira como sistema de información cara aos usuarios externos. A normalización contable Concepto e importancia
Normativa contable española e internacional
O Plan Xeral de Contabilidade
A Contabilidade Financeira como sistema de información para a xestión empresarial A conta como elemento base do sistema de información interno
Cadro de contas personalizado
Boas prácticas
PARTE II. A PROBLEMÁTICA CONTABLE DOS PRINCIPAIS ELEMENTOS PATRIMONIAIS PARTE II
Existencias Concepto, clasificación e métodos de contabilización
Recoñecemento de compras e problemática da súa valoración
Recoñecemento de ingresos por vendas e prestación de servizos e a súa valoración:
.- identificación das obrigacións para cumprir derivadas do contrato de venda
.- distribución do prezo da transacción
.- cumprimento da obrigación nun momento do tempo/ ao longo do tempo
Debedores e acreedores comerciais Concepto e clasificación
Recoñecemento e valoración
Xestión e negociación dos dereitos de cobro
Operacións de factoring
Operacións comerciais en moeda estranxeira
Inmobilizado non financeiro Tanxible e intanxible : concepto e clasificación
Recoñecemento
Valoración : prezo de adquisición e custo de produción
Amortización da inmobilizado
Baixa do inmobilizado
Axustes de valor dos activos: Deterioros Recoñecemento e valoración. O principio de prudencia
Deterioro do activo corrente
Deterioro do inmobilizado
Instrumentos financeiros Concepto e clasificación
Recoñecemento e valoración
Activos e pasivos a coste amortizado
Contabilización do arrendamento financeiro ( Leasing)
Provisions Concepto
Recoñecemento e valoración
Provisons a curto e a longo prazo
Imposto de sociedades Marco xeral
Recoñecemento do gasto por imposto sobre beneficios
Método do efecto impositivo basado no Balance
Fontes de financiación propia Aportación de socios
A autofinanciación
Subvencions de capital
Contas anuais As contas anuais
Balance
Conta de Perdas e ganancias
Memoria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A6 A7 B4 B7 18 36 54
Discusión dirixida A2 A12 B2 B5 B10 C1 C4 C6 C7 6 19 25
Obradoiro A5 A9 A10 A11 B6 B8 C5 C8 19 38 57
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B6 B8 C5 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor expón os conceptos teórico-prácticos do programa
Discusión dirixida Preparación dos temas propostos polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
As titorías en grupo reducido (TGRs) realizaranse en seminarios, preferentemente presenciais, de non ser posible faranse en Teams. Estas dividiranse en dúas sesións de dúas horas cada unha. O día, a hora e o lugar das mesmas serán comunicados ao alumnado con antelación suficiente.
Proba mixta Probas de avaliación continua.
Examen final en primeira e segunda oportunidade.
As probas, tanto da evaluación continua como os exames finais, poden ser escritos, orales ou en Moodle. Os contidos referidos a materia poden ser plantexados en termos teóricos, prácticos ou como unha combinación teórico-práctica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e problemas contables tratados durante o curso. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B6 B8 C5 C8 Primeira oportunidade:
50% a evaluación continua e 50% proba mixta (examen).

Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
Na segunda oportunidade non se conserva a puntuación obtida na avaliación continua xa que se substitúe pola nota do exame final puntuado co 100%.

Para poder apreciar competencias lingüísticas, as probas de avaliación, no grupo con docencia en inglés, poderán ter un formato diferente ás realizadas nos demais grupos.
100
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA

A importancia da asistencia a clase para acadar as competencias da materia motiva que para poder valorar as actividades de avaliación continua (probas de seguemento) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. 

Na avaliación continua , ademáis, terase en conta a participación do alumnado en actos académicos organizados pola FEE, Green Campus e outras actividades similares, así como a participación en clase e o traballo continuo ao longo do cuadrimestre. Deste xeito, a cualificación obtida nas probas de seguemento poderá incrementarse ata un punto, co límite máximo de 5 puntos que corresponden á avaliación continua.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

a) Primeira oportunidade: 50% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 50% exame final.

b) Segunda oportunidade: 100% exame final.

c) Oportunidade adiantada:  na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de dita proba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.A nota desta proba representará o 100% da cualificación.

Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase á normativa académica vixente da UDC.


 NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información, excepto nas probas que se realicen en Moodle. Neste último caso, indicarase ao alumno con qué tipo de dispositivo pode acceder ao examen.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a sua personalidade segundo a normativa vixente.

TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independientemente da cualificación acadada.


Fontes de información
Bibliografía básica Cantorna Agra, S; Maside Sanfiz, J.M y Alvarez Domínguez, M.A. (2021). Contabilidad Finaciera. Fundamentos Teóricos y casos prácticos. Garceta
Cervera Oliver, Mercedes; González García, Ángel; Romano Aparicio, Javier (2017). Contabilidad financiera . Centro de Estudios Financieros
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad financiera. Pearson
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting.. Prentice Hall
Fhillips, F.;Libby, R. and Libby,P.a. (2007). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw-Hill
Amador Fernández, S. y Carazo González, I (2011). Plan general de contabilidad: comentarios y casos prácticos Contable. Centro de Estudios Financieros

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008
Contabilidade Financeira I/611G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade das Operacións Societarias/611G02027

Observacións

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

2. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á universitaria.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías