CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN
Está prohibido o acceso ás probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles non autorizados. Estudantes han de acreditar a súa personalidade mediante a exhibición da tarxeta de estudante UDC ou mediante o documento nacional de identidade ou documento identificativo equivalente.
TIPOS DE CUALIFICACIÓN
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. Neste sentido, na presente guía contémplanse varias horas de atención personalizada.
Cualificación de non presentado: alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
AVALIACIÓN PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Criterios avaliación: avaliación continua / exame final
Criterio 1. Avaliación continua* (55% da cualificación final)
- Casos prácticos, proxecto de investigación, asistencia a xornadas, conferencias e participación individual en aula. Os casos prácticos e o proxecto de investigación deben ser presentados por escrito e/o expostos oralmente nas datas fixadas polos profesores. Na exposición oral tense en conta o dominio da materia a partir das preguntas formuladas. Neste sentido, a cualificación de cada un dos membros dun mesmo grupo de traballo poderá ser diferente.
A entrega fóra de prazo, ou non presentar oralmente prácticas/proxecto en datas fixadas conleva a valoración da práctica con 0 puntos.
- Asistencia - Participación - Soft skills
Valorarase positivamente na avaliación continua a participacíón, actitude e outras cualidades do alunnado durante o curso (pensamento crítico, pensamento creativo, traballo en equipo, resolución de problemas, ética, liderado, comunicación, atención aos detalles, etc).
Durante o cuatrimestre controlarase aleatoriamente a asistencia á aula. NON SE VALORARÁ POSITIVAMENTE AOS ALUMNOS CUNHA PORCENTAXE SUPERIOR AO 20% DE FALTAS DE ASISTENCIA.
Criterio 2 Exame final (45% da cualificación final)
O exame final está composto de polo menos 2 PROBAS que poderán incluír indistintamente preguntas de desenvolvemento /resposta múltiple. É NECESARIO ALCANZAR UNHA CUALIFICACIÓN MÍNIMA EN CADA PROBA (NOTA DE CORTE DE 4,5 PUNTOS SOBRE 10 PUNTOS EN CADA PRUEBA). No caso de non alcanzar a nota de corte en cada proba a puntuación do exame final é 0 puntos.
AVALIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE
Polo menos 2 probas (100% DA CUALIFICACIÓN FINAL = VALOR 10 puntos) . Preguntas de resposta múltiple e/o preguntas de ensaio/desarrollo acerca dos contidos incluídos no programa da materia así como dos casos prácticos e dos proxectos de investigación.
É necesario alcanzar unha puntuación mínima en cada proba para superar a materia (nota de corte de 4,5 puntos sobre 10 en cada proba). No caso de non superar a nota de corte, a cualificación da proba é 0 puntos.
CONVOCATORIA ADIANTADA
Criterio de avaliación similar ao aplicado para a segunda oportunidade