Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Planificación Financeira Código 611G02034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Fernandez Castro, Angel Santiago
Correo electrónico
angel.fernandez.castro@udc.es
Profesorado
Fernández Castro, Alejandro Manuel
Fernandez Castro, Angel Santiago
Llano Paz, Fernando de
Correo electrónico
alejandro.fernandezc@udc.es
angel.fernandez.castro@udc.es
fernando.de.llano.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia forma parte do conxunto de materias de finanzas. O obxectivo é trasladar aos estudantes un visión xeral do proceso de planificación financeira a través dun modelo de elaboración de estados financeiros previsionais. Este modelo permitirá avaliar a viabilidade do plan así como a súa capacidade de xeración de valor para o accionista.
É unha materia de gran contido práctico que utizará conceptos e contidos procedentes doutras áreas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender a importancia da planificación xeral e financeira no proceso de xestión empresarial. A1
A4
A5
A6
A8
A11
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
C5
Profundar na lóxica da valoración financeira A3
A4
A5
A6
A8
A9
A11
B1
B5
B7
B9
C8
Aprender as bases da modelización no ámbito da planificación financeira, comprendendo as relacións existentes entre os conceptos e e os diferentes estados financeiros previsionais. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A9
A11
B3
B5
C5
C6
C7
C8
Ser capaz de elaborar, transmitir e defender un plan de empresa a partir dos modelos de planificación financeira e usando as ferramentas informáticas comúns no ámbito empresarial. A1
A5
A6
A10
B4
B6
B8
C1
C4
C5
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Creación de valor na empresa e Dirección Baseada no Valor. 1.1.O obxectivo da planificación financeira: a creación de Valor
1.1.1.A medida do valor: fluxos de caixa descontados e outras medidas
1.1.2 Estratexia e creación de valor
1.2. O proceso de planificación financeira
TEMA 2. O Estado Previsional de Recursos Xerados 2.1.Introdución ao Estado Previsional de Recursos Xerados
2.2 A orixe dos recursos xerados
2.3 Os usos do recursos xerados
2.3.1 Política de amortizacións técnicas
2.3.2 Política de dividendos
2.3.3 O autofinanciamento
TEMA 3. A planificación do Capital Corrente 3.1. Introdución ao estado previsional de Necesidades Netas do Capital Corrente.
3.2. Políticas de Capital Corrente
3.2.1 existencias
3.2.2 Clientes
3.2.3 Tesouraría operativa
3.2.4 Financiamento a curto prazo.
TEMA 4. O Orzamento de Capital 4.1. Orzamento de capital: concepto, usos e estrutura
4.2. Orzamento de Investimentos
4.3. O Orzamento de Financiamento. Estrutura óptima de capital.
4.4 Implicacións financeiras
TEMA 5. O Orzamento de Tesouraría 5.1. Introdución
5.2. Estrutura e contido
5.3. Políticas de Tesouraría

TEMA 6. Análise global e control do Plan Financeiro 6.1 Análise global
6.2 Control do Plan Financeiro
6.2.1. Control a priori
6.2.2. Control a posteriori

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 17 17 34
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 25 75 100
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B3 B4 B5 B7 B9 C5 4 4 8
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 2 2 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo...
Estudo de casos Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.
Prácticas a través de TIC Desenvolvemento e implantación de modelos de análise a través de follas electrónicas. Programaranse 3 sesións de titoría en grupo reducido de 80 minutos por M. Teams en datas que se acordarán na aula.
Proba mixta Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada terá lugar durante o tempo de titorías individuais e en pequeno grupo. Atenderase de forma persoal ou en pequeno grupo a aqueles alumnos/as que precisen clarificar aspectos teóricos expostos durante as sesións maxistrais ou prácticos vinculados á resolución de problemas, ao estudo de casos prácticos ou ás lecturas recomendadas. Desenvólvense presencialmente e online.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 Os alumnos discutirán e resolverán os casos que os docentes lles propoñan durante o cuadrimestre. Haberá dous casos a través dos que se estruturará a docencia e dos que poderán derivarse minicasos suxeitos a valoración. A avaliación continua centrarase no estudo de casos.
30
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. 70
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.    Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2.    Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, malia que estean exentos de asistencia, serán avaliados seguindo os mesmos criterios que os estudantes a tempo completo.

 

C)  OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: o mesmo que na primeira oportunidade, realizarase unha proba mixta cun valor do 70% da avaliación. Para o 30% restante poderase manter a cualificación de avaliación continua ou pode optarse por contestar unha pregunta de ensaio que se desenvolverá a
continuación do exame. No caso de presentarse á recuperación da avaliación continua, a súa cualificación, calquera que sexa, substituirá á obtida na primeira oportunidade.

3.    Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 dás Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións dás Cualificacións dúas Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía.

 

D)   OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Avaliación continua: As actividades de avaliación continua serán valoradas só cando se leven a cabo de acordo coa programación prevista do grupo correspondente, agás nos casos expresamente previstos na normativa académica (deportistas de alto nivel). No cálculo da avaliación continua serán consideradas o tres mellores puntuacións do catro probas realizadas ao longo do período docente. Cada proba valerá un punto.

Adicionalmente, a participación en actividades complementarias programadas (conferencias, seminarios, etc.) poderá engadir até medio punto á suma das cualificacións do exame e da avaliación continua. En todo caso, o máxima puntuación que se pode obter será dez puntos.




Fontes de información
Bibliografía básica Arnold, G. (2008). Corporate Financial Management. Prentice Hall, Harlow, 4th Ed.
Partal, A.; Moreno, F.; Cano, M.; Gómez, P. (2021). Dirección Financiera de la Empresa. Ediciones Pirámide, Madrid. (2ªEd)
Asch, D.; Kaye, G.R. (1989). Financial Planning. Modelling Methods and Techniques. Kogan Page, Londres
Berk, J.; DeMarzo, P. (2017). Finanzas Corporativas. Pearson
Morris, J.R.; Daley, J.P. (2009). Introduction to Financial Models for Management and Planning. Chapman & Hall/CRC Finance
Rodríguez, A.; Iturralde, T. (2008). Modelización Financiera Aplicada. Modelos de Planificación Financiera con Excel. Delta Publicaciones, Madrid.
Rodríguez, A. (2009). Planificación Financiera Aplicada. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela.
Durbán, S.; Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill, 9ª Ed.
Fernández, P. (1999). Valoración de Empresas. Gestión 2000

Bibliografía complementaria Mascareñas, J. (2010). Finanzas para directivos. Pearson, Madrid.
Ruiz, R.J.; Gil, A.M. (2000). La Planificación Financiera de la Empresa. Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, Madrid
Rodríguez, A.; Barros, F. (2009). Planificación Financiera de Cooperativas. Modelos de Planificación Financiera de Cooperativas con Excel. Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP), USC, Santiago de Compostela.
Cibrán, P.; Villanueva, M.; Fernández, M.T. (2008). Planificación Financiera. Teoría y Casos Prácticos. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela
Boquist, J.; Milbourn, T.; Thakor, A. (2010). The Value Sphere. The Corporate Executives' handbook for creating and retaining Shareholder wealth. World Scientific, Singapore


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Teoría do Investimento/611G02020
Teoría do Financiamento/611G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade deimprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cosvalores de sustentabilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudessexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un accesoaxeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Outras:

No escenario docente semipresencial, combinaríanse sesiónspresenciais e en liña, seguindo as instrucións da institución.

O uso de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e teléfonos) na aula poderá autorizarse exclusivamente para usos académicos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías