Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Dirección Comercial Código 611G02035
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Blazquez Lozano, Felix
Correo electrónico
felix.blazquez@udc.es
Profesorado
Blazquez Lozano, Felix
Naya Mosquera, José Luis
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Rodríguez Vázquez, Clide
Correo electrónico
felix.blazquez@udc.es
jose.luis.naya@udc.es
magdalena.rodriguez@udc.es
c.rodriguezv@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia son saber aplicar os fundamentos da direción comercial a casos reais e tomar decisións para cumplir os obxectivos de dirección comercial

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber realizar un diagnóstico estratéxico do sector no que se atopa ubicado a empresa ou organizacion A1
A2
A3
B1
B2
B3
C1
C4
C5
Saber realizar un análisis DAFO e as suas implicacions para desenvolver a estratexia e liñas de actuación A4
A6
A8
Saber segmentar e posicionarse estratexicamente nos mercados A6
A8
Saber traballar en equipo e discutir información relevante A12
B4
B5
C1
C4
C5
C6
Fomentar el espíritu crítico y el trabajo autónomo y la iniciativa emprendedora C6
C7
C8
Saber desenvolcer proxectos de analise de viabilidade comercial e presenta-los ante o público y a alta direcion A8
C1
C8
identificar los problemas que pueden surgir en la innovacion y desarrollo de nuevos productos y en su lanzamiento A5
A9
A11
- Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados - Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. B9
B10
Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais B6
- Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización B7
- Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. B8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I-. INTRODUCION: NOVOS ENFOQUES DE DIRECION DE MARKETING TEMA 1: ORIENTACION AO MERCADO E MARKETING RELACIONAL
PARTE II: ANALISE E DIAGNOSTICO ESTRATEXICO DO MERCADO TEMA 2: ANALISE DO ENTORNO E DA RIVALIDADE COMPETITIVA

TEMA 3: ANALISE DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR I

TEMA 4: ANALISE DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR II

TEMA 5:SEGMENTACION E POSICIONAMIENTO

TEMA 6: DIAGNOSTICO ESTRATEGICO

PARTE III: SELECCION DE ESTRATEXIAS TEMA 7: ESTRATEXIA DE CRECEMENTO

TEMA 8: ESTRATEXIA DE EXPANSION INTERNACIONAL

TEMA 9: ESTRATEXIA DE INNVOVACION E DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUCTOS, DIFERENCIACION E IMITACION

TEMA 10: ESTRATEXIAS COMPETITIVAS E DE DESINVERSION

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A6 A8 C4 C5 25 25 50
Proba obxectiva A2 A1 B6 B7 B8 B9 1 12 13
Estudo de casos A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7 2 4 6
Seminario C8 4 0 4
Aprendizaxe servizo A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7 2 4 6
Sesión maxistral A3 A9 A11 B1 B2 B3 B4 B10 17 42.5 59.5
 
Atención personalizada 11.5 0 11.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Forumularanse exemplo ou preguntas de discusión que serán discutidos polo docente e que complementan a clase magistral e nos que se aplicará os fundamentos para resolve-los.

Igualmente, explicaranse en clase problemas ou exemplos que guardan relación coa teoría que os alumnos deben saber resolver aplicando os fundamentos que se explican en clase. E un complemento da clase maxistral
Proba obxectiva Exame escrito (preguntas abertas ou cerradas relacionadas co temario da materia) ou test de resosta multiple individual (20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas (penalizacion dun tercio do valor da pregunta).

Estudo de casos Resolución por parte dun grupo reducido de alumnos de casos prácticos curtos ou de preguntas cortas e de resposta breve ou dun caso de estudio general. Estas probas desenvolveranse en grupos de 4 a 7 membros ao longo do cuatrimestre e a nota obtida será a mesma para tódolos integrantes do grupo. Avisarase coa debida antelación dos días destinados a tales probas.
Seminario Os seminarios están pensados como titorías en grupo (posto que se convocará a subgrupos de 15 alumnos) para orientar aos mesmos na preparacion da asignatura e as suas probas así como resolve-las dúbidas en relación coas mesmas. O lugar de realización das titorias e a planificacion das mesmas comunicaránse coa debida antelación e se realizarán a través da plataforma MSTeams.

Son 4 horas por cada subgrupo (15 alumnos aprox.)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado fórmanse traballando sobre as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O estudantado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
O estudante pode escoller entre a actividade de aprendizaxe-servizo ou o a proba mixta, é dicir, esta actividade e a anterior son
excluintes, polo que os alumnos/as SÓ farán unha delas.
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación do alumno

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Aprendizaxe servizo
Estudo de casos
Descrición
Aconséllase face-las consultas nas horas de titoria. Se houbera algun impedimento, pode buscarse unha hora que se axuste ao horario do alumno previo acordo co profesor.

Formaranse dous grupos reducidos de 15 alumnos. Ao finaliza-lo temario, realizaranse duas titorías para cada un dos subgrupos formados coa finalidade de orientar na preparación da asignatura. Avisarase con suficiente antelación da hora e a data na que terán lugar estas titorias.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7
Tal e como se indica no apartado de planificación, a actividade de aprendizaxe-servizo e o estudo de casos SON EXCLUÍNTES, polo que os estudantes elixirán entre a realización dunha ou outra actividade, de maneira que a ponderación correspondente será a suma do asignado a cada actividade. É dicir, o 40% da nota final. Esta porcentaxe poderá chegar ao 70% se a proba obxectiva é do 30%
20
Estudo de casos A4 A5 A12 B5 C1 C6 C7 Formaranse subgrupos de estudantes que terán que resolver casos prácticos. A resolución dos mesmos será presentada en clase polos membros do grupo. A data e horario para resolver os casos proporcionaranse con antelación.

Tal e como se indica no apartado de planificación, a actividade de aprendizaxe-servizo e o estudo de casos SON EXCLUINTES, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de maneira que a ponderación correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir, o 40% da nota final. Esta porcentaxe poderá chegar ao 70% se a proba obxectiva é do 30%
20
Proba obxectiva A2 A1 B6 B7 B8 B9 A porcentaxe da proba obxectiva é discrecional por parte do profesor, podendo establecerse nun intervalo entre o 30% e 60%. En caso de ser o 30%, a porcentaxe restante formará parte da avaliación continua.

No caso de que a proba obxectiva sexa tipo test, as preguntas mal contestadas penalizan. Esta proba establece un mínimo ou restrición para poder aprobar a materia. É dicir, independentemente da nota obtida no estudo de casos/ApS, se non se alcanza unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba obxectiva, a nota do estudo de casos/ApS non se computará a efectos da nota global da materia. En consecuencia, a cualificación do estudante basearase unicamente nos resultados da proba obxectiva (aplicada a ponderación correspondente). Este criterio mantense para a opción de exame de xullo.
60
 
Observacións avaliación

As metodoloxías propostas persiguen dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe.

APRENDIZAXE-SERVIZO/PROBA MIXTA (40%): Como se menciona no apartado de planificación, a actividade de "aprendizaxe-servizo"

e a actividade "estudo de casos" son excluintes, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, polo que a nota

correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir, o 40% da nota final. En relación co ApS, esta proba está supeditada á

dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para a realización do proxecto de aprendizaxe-servizo e non se ofrecerá a todo o alumnado.

No caso de non poder realizar a ApS, todos os alumnos realizarán os estudos de casos.

En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e

Empresa do 6 de xullo de 2011: 

Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación

inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación

co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro

ou do segundo cuadrimestre. Isto é, debese facer o examen e as practicas correspondentes no caso de que non as teña feitas.

no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase un estudo de caso

encamiñado a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. 

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a

tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de

comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico

de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de

avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as fechas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva,

para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

Concesión de Matrícula de Honra. Se podrá solicitar una proba alternativa por parte dos profesores para a concesión da matricula de

honra.

Implicacións do plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta das probas ou actividades

de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente,

invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

En todo caso e para todos os efectos, os aspectos relacionados coa "exención académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e

"fraude académica" rexeranse conforme á normativa académica vixente da UDC, https://www. udc.es/es/normative/academic/



 




Fontes de información
Bibliografía básica Munera Alemán y Rodríguez Escudero (2011). ESTRATEGIAS DE MARKETING. UN ENFOQUE BASADO EN EL PROCESO DE DIRECCION. MADRID, ESIC
KOTLER, P. et al., (2000). INTRODUCCION AL MARKETING. MADRID, PIRAMIDE

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Marketing/611G02015
Investigación de Mercados/611G02024
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I/611G02025
Distribución Comercial/611G02030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dirección Estratéxica e Política Empresarial II/611G02033

Materias que continúan o temario

Observacións

Valorase positivamente a participación en clase e nas titorías ou seminarios.

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia e, na medida do posible, se:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías